Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Boletín informativo ambiental 27/09/19
    Hoxe terá lugar a gran mobilización polo Clima convocada polo movemento xuvenil internacional Fridays for Future. Milleiros de persoas sairán á rúa no día de hoxe para reclamar un futuro para as novas xeracións. Aquí en Galiza, responde ao chamado o Movemento Galego polo Clima que xa apoian máis de 70 entidades de todo o país. Se queres saber máis deste evento e dos demais acontecementos relevantes da semana que teñen que ver co medio ambiente e a ecoloxía de Galiza, escoita este espazo.
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 06/09/19
    Saúdos! Desde ADEGA recuperamos a difusión de contidos da actualidade ambiental galega en Radio Cerna. Como novidade nesta nova etapa, podes consultar todas as noticias do eido ambiental aparecidas nos diarios de Galiza na páxina web de Radio Cerna (http://adega.gal/radiocerna). Atopará a clasificación das novas no apartado "Dosier ambiental". Consúltao e entérate ao día do que acontece co noso territorio.
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 19/07/19
    Descobre con Radio Cerna e ADEGA cales son os feitos máis destacados da actualidade ambiental galega da semana. Con este espazo despedímonos ata a vindeira tempada de contidos. Que teñas un feliz verán! Radio Cerna volve en setembro!
    11 min
  • Boletión informativo ambiental 21/06/19
    A paralización das obras do Iribio, a autorización mineira de Erimsa en Mesía, a marcha contra as celulosas ou a nova lei do patrimonio natural..., temas da actualidade ambiental galega dos que te informará neste espazo Radio Cerna.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.