Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • O primeiro xeoparque galego: O Courel!
    A Serra do Courel xa é un dos 140 xeoparques que hai en todo o mundo. O GDR Ribeira Sacra-Courel impulsou esta iniciativa co gallo de dar a coñecer mundialmente o valor xeolóxico da montaña courelá, crear un novo recurso turístico e unha nova oportunidade de desenvolvemento socioeconómico para a poboación local.
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 26/04/19
    Recuperamos a emisión de Radio Cerna logo dunha semana de pausa. Hoxe volvemos a abordar a actualidade ambiental galega, e a partir de agora todos os venres. Tamén na túa emisora local! Escoita Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 12/04/19
    Escoita o programa de radio no que facemos repaso da actualidade ambiental e ecoloxista de Galiza.
    Desde hoxe ata o vindeiro 26 de abril non emitiremos espazos con contidos actualizados debido á reestruturación da nosa programación. Agardámoste daquela!
    11 min
  • Adela Figueroa Panisse, premio Osíxeno de Honra de ADEGA
    A catedrática en bioloxía, escritora e expresidenta de ADEGA, Adela Figueroa Panisse, vén de recibir o premio Osíxeno de Honra que outorga a asociación ecoloxista ADEGA a persoas cunha comprometida traxectoria vital co medio ambiente galego. Hoxe falamos coa galardoada, coa que repasaremos algúns dos fitos da súa vivencia no ecoloxismo galego.
    10 min
  • ADEGA outorga os premios osíxeno e dioxina de 2018
    Os premios de ADEGA ás mellores e peores actitudes ambientais do ano 2018 foron entregados o pasado 31 de marzo en Bueu no marco da 43 Asemblea Xeral do colectivo ecoloxista galego. Os galardóns osíxeno recaeron en movementos ecoloxistas que defenden os ríos e os montes. Os dioxina foron parar a persoas e colectivos que priman os intereses da industria mineira sobre os sociais e ambientais. Se queres saber cales foron os premiados, preme e escoita.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.