Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • A fórmula bottom-up, clave na xestión das reservas mariñas galegas
    A fórmula do éxito de xestión das reservas mariñas de Lira e Cedeira hai que buscala nos primeiros momentos da súa creación. O antropólogo Duarte Fernández Vidal estuda os factores que foron claves na constitución destas reservas e que permitiron mudar o sistema tradicional de toma de decisións, máis xerárquico, menos participativo e onde a comunidade local se vía desprazada. Falamos co investigador para coñecer en que consiste o bottom-up e cal é a chave do éxito das reservas mariñas galegas.
    10 min
  • Froxán e Santiago de Covelo, montes recoñecidos pola ONU como sostibles
    Os montes veciñais en man común de Froxán (Lousame) e Santiago de Covelo veñen de ser admitidos polas Nacións Unidas como membros do rexistro ICCA. Este rexistro recoñece aqueles lugares ou territorios que foran xestionados ou recuperados de forma sostible e democrática por parte de pobos indíxenas ou comunidades locais. Estas dúas experiencias galegas son as primeiras en conseguir este distintivo no Estado español, e as terceiras en Europa. Falamos cos seus protagonistas.
    11 min
  • A actual xestión da uña de gato favorece a súa expansión
    A actual xestión da planta invasora máis abundante da nosa costa, a uña de gato ou "Carpobrotus edulis", favorece a súa expansión. Isto é o que conclúe un estudo realizado pola Universidades de Compostela e de Vigo que propón un cambio nas formas de xestión desta planta exótica invasora tan presente nos ecosistemas dunares e costeiros de Galiza. O investigador principal deste traballo, Luis González, explica cal sería a mellor forma de enfocar o problema.
    10 min
  • Menos trámites e participación pública: máis minería, eucaliptos e eólicos
    A redución de prazos e requirimentos administrativos e regular a predominancia do desenvolvemento de parques eólicos, minas, plantacións e cortas, proxectos enerxéticos sobre outros usos do territorio é a intención real da proposición de lei de fomento de iniciativas empresarias impulsada polo PP no Parlamento, segundo a Alianza Rural Galega. Esta Alianza composta por ADEGA, CIG, FRUGA e a ORGACCMM asegura que a nova normativa en tramitación parlamentaria, pon en risco moitas cautelas ambientais que ata agora se aplicaban e mingua o dereito dos cidadáns a decidir e algar contra este tipo de iniciativas.
    11 min
  • Mirada histórica aos lumes forestais en Galiza e no resto da Península
    Un estudo do Centro de Investigación Forestal CIFOR-INIA do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade vén de publicar unha monografía sobre incendios forestais na España peninsular desde 1974 a 2010. Esta mirada histórica dos incendios na Península permítenos extraer datos relativos tamén ao número de incendios, hectáreas queimadas, índice de reincidencia ou territorios máis afectados na Península e, en particular, en Galiza, onde arderon 1,6 millóns de hectáreas, e só 50.000 Ha en Ourense. Este estudo tamén demostra que as especies arbóreas que máis arden son os piñeiros e os eucaliptos. Falamos co seu autor, Antonio Vázquez de la Cueva.
    11 min
  • Baterías para o autoconsumo enerxético no fogar
    Pódese almacenar a enerxía renovable? As baterías de autoconsumo son unha solución eficiente? Só Tesla vende este tipo de baterías? Son asequibles para calquera fogar? Con que trabas se atopan estas baterías de litio en España? Nete espazo de Radio Cerna trataremos de resolver estas dúbidas e algunhas máis cun experto en autoconsumo e baterías de acumulación de enerxía renovable.
    11 min
  • A matogueira pode frear o avance das acacias ou mimosas
    O mato frea a acacia ou mimosa. É a conclusión á que chega un estudo da Universidade de Vigo sobre o comportamento da acacia amarela ou mimosa en solos galegos, nomeadamente de piñeirais e matogueiras, en zonas non urbanas ou consideradas "non perturbadas" pola actividade humana. A mimosa é unha das especies exóticas invasoras máis perigosas que habitan no noso territorio.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.