Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Lumes e cambio climático, unha relación cada vez más explosiva
    A relación "lumes e cambio climático" promete ser cada vez máis explosiva, e non só en termos metafóricos. Un estudo do CSIC realiza simulacións de modelos climáticos aplicadas ás áreas queimadas con maior frecuencia para establecer os posibles escenarios de futuro. Para Galiza e Portugal a simbiose entre estes dous factores é preocupante, xa que se prevé, nun escenario moderado, que as áreas queimadas polos lumes forestais se tripliquen de aquí a 2075.
    11 min
  • Que son os lumes de copa?: A súa afección en piñeirais
    Os lumes de copa cada vez van ser máis frecuentes e intensos en Galiza. Un estudo do Centro de Investigación Forestal de Lourizán pon o foco no estudo dos lumes de copa relacionados con masas de piñeirais en Galiza e determina cales son as zonas con maior potencial do noso territorio para sufrir este tipo de fenómenos. Repasamos as conclusións deste estudo co seu autor, Chema Fernández.
    10 min
  • Víboras en Galiza: poucas e esquivas
    Nas últimas semanas, veñen sendo habituais nalgúns medios de comunicación informacións sobre trabaduras en Galiza de supostas víboras que acaban en ingresos hospitalarios. Mais, lonxe das apariencias, as mordeduras de víbora en Galiza adoitan ser casos moi excepcionais. O experto en hérpetos viperídeos, Fernando Martínez Freiría, móstranos a realidade das víboras no noso territorio e os riscos potenciais asociados á súa presenza.
    11 min
  • Patrimonio Industrial Galego: compatible coa preservación ambiental?
    O Patrimonio Industrial Galego forma parte tamén do noso Patrimonio Cultural. A vindeira semana, expertos neste ámbito de Galiza e doutras partes do Estado, reuniranse no concello de As Pontes para debater sobre algúns aspectos sensibles e abertos ao choque de pareceres neste ámbito, como a propia definición do que é Patrimonio Industrial ou o impacto ambiental destes bens patrimoniais versus a súa preservación. Pode haber unha integración amable do Patrimonio industrial no territorio? Pode ser a actual grande industria patrimonio nun futuro? A Asociación Buxa desvélanos que temas someterá a reflexión o VII Congreso do Comité Internacional para a conservación e defensa do patrimonio industrial (TICCIH), do 5 ao 7 de xullo, nas Pontes.
    11 min
  • O mexillón de río, á procura do relevo xeneracional
    Hai 30 anos, Galiza era o mellor lugar do sur de Europa para atopar mexillón de río. Tras varias décadas, ese privilexio estámolo perdendo. A plataforma "Lugo de Cara ao Miño" organizou unhas xornadas de divulgación, entre outras, da especie Margaritifera margaritifera, a máis esquisita dos mexillóns de río. A investigadora principal do proxecto MarMaCul e profesora de zooloxía na USC, Paz Ondina, achéganos algunhas das singularidades da especie e dá conta dos resultados acadados no cultivo ex situ desta especie en perigo de extinción.
    11 min
  • A traxedia incendiaria en Portugal vista desde Galiza
    Galiza olla cara a traxedia humana e ambiental de Portugal con preocupación. Sectores sociais, ecoloxistas, científicos e políticos lanzan unha pregunta ao aire: podería pasar en Galiza unha traxedia similar? A outra cuestión que paira sobre a catástrofe é se se podería ter evitado...
    11 min
  • As ninfas dos ríos: o nenúfar amarelo do río Miño
    O Museo provincial de Lugo acolleu hai poucos días unha xornada divulgativa sobre o nenúfar e o mexillón do río Miño, organizada pola plataforma "Lugo de Cara ao Miño". O botánico e director do IBADER, Pablo Ramil, foi o encargado de exaltar a singularidade dos nenúfares ou ninfas de río, en concreto o Nymphoides peltata, ou nenúfar amarelo, presente nas beiras do río Miño ao seu paso por Lugo. Os nenúfares dos ecosistemas fluviais están en serio perigo.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.