Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Os retos da nova Lei sobre Cambio Climático no eido da Investigación
    O pasado 25 de maio, o Ministerio de Medio Ambiente convocou a debate os diferentes sectores da sociedade española para concretar os aspectos que debe de atender a futura Lei do Cambio Climático e Transición Enerxética. Neste foro de debate participou a USC en concreto na mesa de Academia e Investigación. A profesora en produción vexetal da USC, Rosa Mosquera, explica para Radio Cerna que conclusións se tiraron neste grupo de discusión.
    11 min
  • Razóns para opoñerse á nova Lei de protección dos animais de compañía
    En poucas semanas está previsto que se aprobe a nova Lei de Protección e Benestar dos Animais Domésticos proposta pola Xunta de Galiza. Porén, unhas 30 organizacións e protectoras de animais sen ánimo de lucro fan un chamado de urxencia para que se evite a aprobación da nova lei. Consideran que esta nova normativa só procura o lucro económico da problemática do abandono de cans e gatos, unha das principais formas de maltrato animal, e privar o labor que agora realizan sen ánimo de lucro centos de protectoras en todo o país. Alén disto, critican que este proxecto de lei supoña un retroceso na regulamentación dos dereitos dos animais abandonados e na súa protección.
    11 min
  • Día do Medio Ambiente: Achegar as persoas á Natureza
    Hoxe é O Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano 2017, a ONU dedica esta conmemoración a reivindicar o achegamento físico das persoas á Natureza, conectar o ser humano co Natureza... Así quere reverter o progresivo afastamento que se está a dar entre nós e a Natureza, perdendo empatía coa contorna e mesmo a nosa propia identidade. Neste espazo de Radio Cerna abordaremos esta cuestión con algúns dos colectivos e entidades galegas que promoven o contacto das persoas coa Natureza. Queres saber se estás conectado/a coa Natureza?
    11 min
  • Marcha contra celulosas e a eucaliptización en Pontevedra
    Colectivos e entidades ambientalistas de todo o país, encabezados por APDR, FEG, ADEGA e a plataforma "Cousa de Raíces" acudirán este sábado a Pontevedra para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. A xornada comezará cunha plantación simbólica de eucaliptos na Praza da Ferrería e acabará coa marcha cara ao Complexo de Lourizán desde as alamedas de Pontevedra a Marín. As reivindicacións versarán arredor do peche de Elnosa e do complexo industrial de ENCE e en contra da eucaliptización masiva do país. Explícanolo o presidente da Asociación para a Defensa da Ría, Antón Masa.
    11 min
  • Comando Ghichas contra os herbicidas nas estradas!
    O colectivo de mulleres do Valmiñor Comando Ghichas xa conseguiu nos útlimos anos que os concellos de Gondomar e Nigrán se declarasen libres de glifosato, o herbicida máis usado en Europa e considerado potencial carcinóxeno pra a saúde humana pola OMS. Agora, Comando Ghichas lanza de novo unha campaña antiherbicidas que destina especialmente cara á Xunta de Galicia.
    11 min
  • Mobilización contra do campo de tiro da Laracha
    O Comité na defensa das Rías altas convoca unha mobilización o vindeiro domingo na Laracha para demandar a paralización da construción dun campo de tiro olímpico e ao prazo en Vilar da Fraga, unha das fragas máis importantes do concello e dos arredores da Coruña. Denuncian ademais o impacto da munición de chumbo que se utilizaría no campo de tiro ao prazo sobre o río Anllóns e a súa desembocadura na ría de Corme e Laxe.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.