Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Os gandeiros de Ordes alegan contra as novas minas de Erimsa
    Unhas 200 explotacións agrogandeiras da comarca da Ordes séntense ameazadas polos novos proxectos mineiros que a empresa Erimsa prevé desenvolver na bisbarra. O Sindicato Labrego Galego advirte que están en xogo uns 400 postos de traballo directos e alerta do avanzado que está o proxecto "Xanceda" que afectaría a 781 Ha de terreo e a importantes granxas, incluso de carácter ecolóxico.
    11 min
  • Pola conservación de 56 ábores centenarias da Limia
    Poucos días despois do Día Mundial das Árbores constituíase en Xinzo a plataforma de Amigos e amigas das árbores da Limia. O detonante foi o anuncio dun proxecto de mellora da estrada OU531 ao seu paso pola localidade de Xinzo, polo cal se prevé a tala de 56 árbores centenarias. Abordamos este asunto neste espazo.
    11 min
  • O desmantelamento da Educación Ambiental en Galiza a estudo!
    O grupo de investigación de pedagoxía social e de educación ambiental da USC vén de publicar as conclusións extraídas dun estudo realizado entre 2007 e 2013 sobre a situación do sector laboral e social da Educación Ambiental en Galiza. Falamos coa presidenta de Sociedade Galega de Educación Ambiental e membro deste equipo de investigación, María Barba, deste estudo que confirma que o sector é un dos máis prexudicados pola crise e que está a pasar polo seu peor momento.
    9 min
  • O eucalipto en Galiza a debate (II)
    Na xornada sobre o eucalipto organizada o pasado mes de marzo pola Deputación de Lugo, ecoloxistas e sindicatos agrarios tamén instaron a frear a expansión do eucalipto en Galiza, non só por razóns ambientais, tamén económicas, culturais e de seguridade. Paralelamente, nas directrices que a sociedade trasladou á Xunta durante o proceso de revisión do Plan Forestal de Galiza, recoméndase a administración que promova formas alternativas de aproveitar o monte e que fomente a conservación do bosque autóctono. Neste espazo, recollemos algúns extractos desa xornada de reflexión.
    11 min
  • O eucalipto en Galiza a debate (I)
    Radio Cerna trasladas algúns dos argumentos expostos na Xornada sobre o eucalipto nas Terras do Miño organizadas a finais do pasado mes pola Deputación provincial de Lugo. A estas xornadas, que xeraron grande expectación, acudiron membros da Universiadade, do sector forestal, ecoloxistas, gandeiros, comunidades de montes, investigadores, etc. para reflexionar sobre a situación do eucalipto no país e as súas implicacións sociais, económicas e ambientais. Aquí mostramos unha primera parte.
    10 min
  • As claves da crise do sector leiteiro en Galiza
    Diego Gómez Méndez é autor do estudo "O sector lácteo en Galicia: dinámica recente e perspectivas nun mercado liberalizado". Esta investigación foi recentemente premiada co galardón "Jesús García Calvo" que concede o IDEGA xunto coa Fundación Feiraco. A través desta análise aproximámonos ás claves das causas da crise leiteira pola que atravesa Galiza e ás recomendación que o autor fai para fortalecer o sector.
    11 min
  • Comunix: oportunidade para a xuventude dos montes veciñais
    A cooperativa Trespés enceta este ano por primeira vez o proxecto Comunix, unha iniciativa enmarcada no programa europeo Erasmus +, que trata de achegar a xente nova aos montes veciñais en man común. O obxectivo principal deste proxecto é enfrontar o desvínculo que a día de hoxe a mocidade ten con este tipo de propiedade colectiva, única en Galiza e Portugal.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.