Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Resultados extraordinarios no "porta a porta" de San Sadurniño
    Recoller o lixo domiciliario "porta a porta" xa non é unha utopía. O concello de San Sadurniño está a demostrar, coa colaboración de ADEGA, que este modelo é o máis económico, social e ecolóxico sobre todo para aquelas zonas rurais de difícil acceso ou coa poboación moi dispersa. Tras dous anos de experiencia, o concello dá conta dos resultados, que sos máis satisfactorios do agardado, non só no plano ambiental, senón tamén no económico e social.
    11 min
  • Os espazos naturais protexidos na nova Lei de Patrimonio Natural
    A Xunta considera que a normativa galega relativa á conservación da Natureza e dos espazos naturais protexidos está obsoleta. Promove unha nova lei que, segundo Núñez Feijóo, prevalecerá sobre calquera outra norma urbanística ou de ordenación. Neste espazo, entrevistamos á directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, para coñecer máis a fondo os contidos e cambios da nova normativa.
    11 min
  • A loita polas fragas de Catasós continúa
    A compañía eléctrica Gas Natural Fenosa recorre a sentenza do xulgado de Pontevedra que pon en dúbida a declaración de impacto ambiental do proxecto da liña de alta tensión que Fenosa pretende pasar pola fraga de Casas Vellas de Lalín, e para o que habería que botar abaixo unhas 2.000 árbores autóctonas. O fallo dálle a razón ao concello de Lalín que denega a autorización municipal para o paso da liña eléctrica por este espazo natural. Neste espazo, expresan o seu posicionamento ante os últimos acontecementos tanto representantes do Concello como da plataforma Salvemos Catasós.
    11 min
  • Ramón Varela e os 40 anos de ecoloxismo de ADEGA
    Neste espazo facemos un repaso á historia dos primeiros anos do ecoloxismo galego da man de ADEGA e de Ramón Varela, expresidente do colectivo, doutor en bioloxía e experto en contaminación atmosférica. Varela recibiu o premio Osíxeno de Honra 2016 pola súa traxectoria a prol da defensa ambiental de Galiza. Con el, retrotraémonos aos fitos ambientais dos anos 80 e 90.
    11 min
  • As principais industrias do Estado responsables do Cambio climático
    O Observatorio da Sostibilidade analiza o rexistro nacional de emisións de 2015 (o último) para sinalar aquelas industrias que máis inciden na mudanza climática no conxutno do Estado, pero tamén por comunidades autónomas. Tan só 10 empresas en España son responsables do 70% das emisións contaminantes fixas e que favorecen o cambio climático. Endesa destaca nesta lista. Galiza ocupa o terceiro posto estatal das principais comunidades contaminantes polas súas centrais térmicas, fundamentalmente.
    11 min
  • Novo estudo confirma que os eucaliptais reducen a biodiversidade e secan ríos
    A Universidade de Vigo vén de publicar un estudo que ratifica os efectos negativos das plantacións de eucaliptos na biodiversidade dos ecosistemas fluviais, nomeadamente na diversidade de macroinvertebrados e na disposición de recursos hídricos. Os regos ou regatos son os ecosistemas fluviais máis castigados polas plantacións masivas de eucaliptos e poden chegar a secar se non se establece unha franxa mínima de bosque de ribeira. O director desta investigación, Adolfo Cordero Rivera, explica neste espazos como se chega a estas conclusións.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.