Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Amianto e sector naval: combinación perigosa na comarca do Ferrol
    A responsable da consulta mongráfica de asbestose no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, Carme Diego Roza, fala para Radio Cerna para explicar as conclusións da súa tese de investigación, a primeira que trata en todo o Estado a relación entre o amianto e o cancro de pulmón e pleura. En concreto, a súa análise céntrase na comarca de Ferrol e nos extraballadores dos estaleiros de Astano, os máis afectados polo contacto con este mineral. O número de mortes ou patoloxías derivadas do conctacto co amianto en Ferrolterra é difícil de calcular, pero o 70% dos antigos empregados de Astano poderían estar afectados.
    11 min
  • A rocambolesca batida de lobos en Friol
    A pasada fin de semana, o concello lugués de Friol viviu unha das batidas de lobo máis rocambolescas que se teñan dado en Galiza. Saldouse cun can morto, confundido cun lobo, e ameaza con ter unha segunda parte. Neste espazo de Radio Cerna, analizamos o acontecido coa entidade ecoloxista ADEGA e achegamos a valoración dos feitos do alcalde de Friol, Xosé Ánxel Santos Sánchez. O acontecido promoveu a campaña ecoloxista contra novas batidas de lobos en Friol: https://secure.avaaz.org/es/petition/Xunta_de_Galicia_Stop_a_nova_batida_de_lobo_en_Friol/?pv=3
    Programas relacionados: O lobo, autor ou vítima do conflicto?
    11 min
  • En Vigo tamén se pode andar en bicicleta
    O arquitecto vigués Alexandre Mouriño desenvolve unha proposta de rede ciclista para a cidade de Vigo, deseñando unha traza de máis de 50 quilómetros de vías ciclistas que evita pasar polas pendentes máis pronunciadas. Mouriño tamén crea unha ferramenta informática que permite medir a aptitude ciclista de calquera vía urbana en función de varios criterios, non só topográficos.
    10 min
  • As Directrices da Paisaxe Galega: protección territorial ou un timo propagandístico?
    Aparecen as primeiras reaccións ao documento borrador das Directrices da Paisaxe de Galiza, agora en exposición pública, ata o mes de marzo. Colectivos como O Petón do Lobo, Cova Crea, Arco Iris ou Amigos/as dos Bosques xa as cualificaron de paripé, timo ou instrumento desproteccionista, etc. Critican que non se poña límites ás minas a ceo aberto, aos parques eólicos, ás liñas eléctricas ou á eucaliptización nas novas áreas de especial protección paisaxística.
    10 min
  • Premios Osíxeno e Dioxina 2016
    ADEGA vén de outorgar os premios Osíxeno e Dioxina 2016 que recoñecen as mellores e peores actuacións ou actitudes ambientais durante ese ano. Tamén concede un premio Osíxeno de Honra ao expresidente de ADEGA e experto en contaminación atmosférica en Galiza, Ramón Varela Díaz.
    11 min
  • Lugo + biodinámico: urbanismo sostible, ENIL e madeira de calidade
    O proxecto Life "Lugo + biodinámico"pretende, de aquí a 2020, promover o urbanismo sostible, a recuperación de espazos naturais en zonas industriais, potenciar a biodiversidade vexetal propia, a castaña e a madeira de calidade. Este proxecto Life é unha das 27 propostas municipais seleccionadas pola UE para loitar contra a mudanza climática.
    11 min
  • Galiza, pioneira na instalación fotovoltaica de autoconsumo
    O imposto ao sol e o decreto do autoconsumo non está a frear o crecemento exponencial que nos últimos anos ten experimentado Galiza con respecto á instalación de paneis solares fotovoltaicos para a xeración de enerxía de autoconsumo. A galega EDF Solar é a empresa líder da instalación fotovoltaica para autoconsumo de todo o Estado. Con ela abordamos os efectos da anunciada posta en aplicación do imposto ao sol ou a peaxe obrigatoria para as instalacións eléctricas de autoconsumo.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.