Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Os cultivos enerxéticos e a biomasa: a nova ameaza do territorio galego
    O monte galego e, por extensión, o total do territorio galego enfróntase a unha nova ameaza ambiental e socioeconómica provocada pola aposta do goberno autonómico pola biomasa e os cultivos enerxéticos con especies exóticas de crecemento rápido, como o bambú, a acacia ou o eucalipto nitens. ADEGA alerta das consecuencias da liberalización do sector en Galiza e da inxente cantidade de superficie que as empresas da biomasa precisarán para poder planta e queimar en ciclos curtos.
    11 min
  • As toalliñas desbotables: un engano publicitario con gran impacto ambiental
    A OCU vén de denunciar o engano publicitario das toalliñas húmidas desbotables. Nin son desbotables nin biodegradables, segundo un estudo realizado por esta organización de consumidores. Os impactos que provoca o incremento no uso deste produto na rede de sumidoiros e nas augas en xeral están a producir graves danos no ambiente e tamén nas arcas públicas.
    11 min
  • Avances cara a abolición da tauromaquia e dos circos con animais en Galiza
    2016 foi un ano de avances en materia de protección animal. Existe un novo proxecto de lei do benestar animal, xa hai 20 concellos galegos contrarios á celebración de espectáculos taurinos e 59 concellos galegos que se declaran libres de cirscos con animais. Segundo datos do Ministerio de Cultura, as touradas en Galiza reducíronse á metade desde o ano pasado e a porcentaxe de público asistente só é do 0,3%. Os colectivos animalistas albiscan para 2017 a abolición total das touradas en territorio galego.
    11 min
  • Axuge: novo instrumento de defensa ambiental do Xurés
    Hai pouco máis dun ano nacía a Asociación medioambiental de xuresianos-geresianos AXUGE. Unha organización conformada fundamentalmente por persoas nacidas e veciñas da Serra do Xurés, declarada Parque Natural. Neste espazo, coñecemos cales son os seus obxectivos e as súas propostas de actividade neste emblemático lugar de Galiza.
    11 min
  • As mulleres de Os Hórreos: cultivo ecolóxico por convición
    As mulleres rurais de Os Hórreos, de Muros, comezan en 2007 un proxecto de recuperación de terras improdutirvas para o cultivo ecolóxico que hoxe acadan unhas 4 hectáreas. Os comezos non foron doados, pero hoxe son o modelo a seguir para moitas mulleres (e homes) do rural. Recentemente, foron galardoadas pola Deputación provincial da Coruña.
    11 min
  • V Limpeza simultánea de praias e lagoas litorais
    O vindeiro venres e sábado, ADEGA realizará unha limpeza simultánea de praias e lagoas litorais nas costas galegas para concienciar sobre a importancia de evitar que os nosos residuos cheguen ao mar. As consecuencias son catastróficas para a biodiversidade mariña pero tamén para nós, xa que os microplásticos chegan ao máis alto da cadea trófica. Esta actividade de voluntariado ambiental afectará a seis das lagoas litorais máis importantes de Galiza.
    11 min
  • O Castro da Atalaia e as consecuencias da súa desprotección
    ADEGA e Mariñapatrimonio culpan ao Servizo de Patrimonio de Lugo e ao Concello de Cervo da indemnización que a Xunta terá que pagar a cargo do erario público por non ter protexido o Castro da Atalaia a tempo. Malia que estes colectivos advertiron da necesidade de protexelo en 2005, a Xunta non actuou ata 2007, permitindo mentres tanto que unha construtora ocupase 1.600 m2 do xacemento para o levantamento dun edificio.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.