Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Phenologit: aplicando as TIC ao estudo da fenoloxía
    O CESGA ou Centro de Supercomputación de Galicia é o primeiro en toda Europa en deseñar ferramentas e aplicacións móbiles para o estudo da fenoloxía en aulas de primaria e secundaria. Neste proxecto de Erasmus Plus participan catro países e 16 escolas do continente europeo. O proxecto Phenologit podería marcar un antes e un despois no estudo da fenoloxía en Europa.
    11 min
  • Pobreza, cambio climático e as políticas de mitigación
    "Contra viento y marea" é como se chama o informe da ONG Oxfam Intermón que dirixe ao goberno español para que cumpra os seus compromisos de investimento para a mitigación dos efectos do cambio climático nos países máis pobres. Facendo cálculos e tendo en conta prazos, a ONG conclúe que o goberno español non ten vontade de facer fronte ás súas responsabilidades perante os países máis desfavorecidos polas consecuencias do quecemento global.
    11 min
  • Unha sentenza perigosa para a protección da traza histórica dos Camiños a Santiago
    O Foro do Camiño Primitivo vén de denunciar publicamente os efectos que terá para o futuro da protección dos Camiños a Santiago unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que denega un recurso presentado por esta plataforma contra a delimitación oficial da vía xacobea primitiva. A sentenza resolve que existe un baleiro legal sobre baixo que criterios deben delimitarse os trazados dos camiños de peregrinaxe a Santiago e descataloga como criterio principal a seguir a autenticidade e historicidade dos Camiños. Este espazo acolle a valoración que fai o Foro do Camiño deste fallo doTSXG.
    10 min
  • Lousame, un vertedoiro ou un centro de xestión ambiental?
    Logo dos proxectos de vertedoiro de Trazo e Ordes, chega o proxecto do "Centro de xestión ambiental" de Lousame, o terceiro vertedoiro máis grande en dimensión de Galiza e que estaría colocado a carón da planta de compostaxe do Barbanza. ADEGA alegou contra a autorización ambiental deste proxecto por considerar que o agocha un gran macrovertedoiro no que o 80% dos refugallos non recibirían ningunha clase de tratamento e irían a vertido directo.
    11 min
  • Accións urxentes despois dos incendios forestais
    Desde hai 3 anos, a Xunta determina como actuar nos terreos queimados unha vez apagado o lume coa axuda da Guía de Accións Urxentes despois dos incendios forestais. Un eido no que Galiza se está a converter en referente, tras o revulsivo que a vaga de lumes de 2006 xerou na investigación relativa á prevención da erosión do solo en terras queimadas, sobre todo, en ladeira e preto dos ríos. Dos contidos destaguía, elaborada polo Centro de investigación forestal de Lourizán, as universidades de Vigo e Santiago e o Instituto de Investigacións agrobiolóxicas de Galicia, fálanos a investigadora no Centro de Lourizán, Cristina Fernández. Segundo esta guía, o acolchado ou o "mulching" con palla da terra queimada é a alternativa máis eficiente e resultante na recuperación dos solos, como acción inmediata tras o incendio.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.