Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • A Confederación Hidrográfica Miño-Sil, denunciada ante a UE
    A Sociedade Galega de Historia Natural denuncia ao organismo da bacía Miño-Sil ante a Unión Europea por non facer cumprir cos caudais ecolóxico do río Limia, na súa cabeceira, e por incumprimento do plan hidrolóxico. O colectivo ecoloxista explica neste espazo cales son as razóns desta denuncia e porqué o estado ecolóxico do río Limia, na súa cabeceira, é crítico.
    11 min
  • Plan da Xunta para promocionar os espazos naturais galegos
    Nos vindeiros catro anos, a Xunta vai desenvolver o primeiro Plan galega de promoción e posta en valor dos espazos naturais de Galiza. Este plan establece 16 espazos imán que funcionarán de enclaves reclamo para coñecer as súas áreas de influencia. Falamos desta iniciativa e das primeiras reaccións á proposta da Xunta coa Directora Xeral de Patrimonio Natural da Consellaría de Medio Ambiente, Ana María Díaz López.
    11 min
  • A industria galega, pese a non medrar, contamina cada vez máis
    Malia que a industria galega só representa o 5% da industria máis contaminante de todo o Estado español, as súas emisións contaminantes colocan a Galiza no segundo posto de comunidades que máis emisións de gases efecto invernadoiro produce á atmosfera e no cuarto posto en todo o Estado de vertidos contaminantes á auga. Por riba, nos últimos anos as principais industrias galegas aumentaron considerablemente as súas emisións, sen que ningunha administración lles estea a poñer límites. O experto en contaminación atmoférica, Ramón Varela, considera que xa é tempo de establecer medidas, prazos e investimento para frear a contaminación das grandes industrias galegas.
    11 min
  • Pontevedra: Premio Soft Mobility ou de Mobilidade Amable
    Pontevedra vén de recibir un premio máis ao seu modelo de cidade. Trátase do premio Soft Mobility ou de Mobilidade Amable outorgado pola cidade chinesa de Shenzhen dentro do cumio euro-asiático de cidades verdes ou intelixentes. Entrevistamos ao alcalde de Pontevedra, Fernández Lores, para coñecer en que criterios de mobilidade se sostén o exitoso modelo urbano da cidade do Lérez.
    11 min
  • Por unha faixa de protección contra os lumes para os petróglifos
    O colectivo compostelán A Rula pide ás admiinistracións que subministren maior amparo á arte rupestre de Galiza a través da lexislación, obrigando a establecer unha faixa de protección ao redor dos petróglifos. A intensificación da industria forestal dos últimos tempos e a incidencia dos lumesnos montes galegos están a situar este tipo de patrimonio no peor dos seus momentos. As previsións de extensión do eucalipto nitens agudiza a urxencia da toma de medidas. Por outro lado, as contas da Rula desmonta a tese, ás veces trasladada á opinión pública polas administracións públicas, de que é imposible protexer todo o patrimonio cultural que temos no monte galego.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.