Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • CEMMA: 25 anos coidando dos mamíferos mariños galegos
    A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) cumpre 25 anos. O seu papel ao longo deste tempo foi fundamental para a conservación e recuperación dos mamíferos marñios varados nas costas galegas. Repasamos co seu presidente, Xosé Martínez Cedeira, os logros conseguidos e tamén as metas que quedan por acadar nesta difícil e necesaria tarefa.
    11 min
  • BETA + propón a investigación integral do territorio galego
    As tres universidades galegas, xunto co centro de investigacións agrarias de Mabegondo, veñen de crear unha agrupación estratéxica para a investigación do territorio galego chamada BETA +. A idea é dar resposta aos grandes retos de Galiza con respecto á transformación cara a bioeconomía, o aproveitamento dos recursos naturais, o medio rural, o emprego ou a relación dos galegos e galegas co territorio e o medio ambiente.
    11 min
  • As primeiras microrreservas do litoral galego están en Fisterra
    Fisterra é o primeiro concello do litoral galego que se lanza á creación de 5 microrreservas de flora para conservar, recuperar e poñer en valor tres especies de plantas ameazadas. Membros da Universidade de Compostela e da entidade ecoloxista ADEGA encargaranse de levar a cabo este proxecto aberto á participación da veciñanza local e de voluntariado.
    11 min
  • As mudanzas que están a sufrir os nosos mares por mor do Cambio Climático
    "Cambio climático no medio mariño español: impactos, vulnerabilidade e adaptación" é un estudo promovido polo Miniserio de Medio Ambiente que dá resume os impactos que están a sufrir os mares polo cambio climático. Este traballo vén a confirmar os peores pronósticos relativos á mudanza climática nos océanos. Neste espazo coñecemos co principal autor, Diego Kersting, as alteracións que o clima está a provocar nos mares galegos.
    10 min
  • ADEGA consegue forzar á Xunta a protexer a Cova Eirós como BIC
    ADEGA consegue, a través dos tribunais, forzar á Xunta a iniciar o expediente para declarar a Cova Eirós de Triacastela, como Ben de Interese Cultural (BIC). O pasado 10 de abril, a Xunta iniciaba os trámites formais para conquerir esa categoría de protección para o xacemento galego máis importante, probablemente do Paleolítico e único en Galiza con arte rupestre. ADEGA considera que esta resolución tivo lugar en vista de evitar unha sentenza condenatoria do Tribunal Superior de Xustiza á raíz dun recurso contencioso interposto polo colectivo ecoloxista.
    11 min
  • Estréase a primeira adega experimental da Universidade galega
    Nesta semana púxose a funcionar a primeira adega experimental de todas as universidades galegas no Campus Terra de Lugo. A Escola Politécnica Superior promove por primeira vez en Galiza un proxecto destas características para favorecer a investigación no sector vinícola galego, un sector que cada vez ten máis expectativas de futuro no noso territorio. Existen factores internos e tamén externos, como o cambio climático, que están a xerar cada vez máis demanda de materias académicas e universitarias relacionadas coas vides, a sidra, coa elaboración de licores a través da fermentación ou coa experimentación de novos mercados, como o ecolóxico. Este proxecto tamén analizará a calidade da madeira do noso carballo para a elaboración das cubas dos mellores caldos.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.