Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Unha sentenza prohíbe plantar eucalipto niptens en espazos públicos
    Unha sentenza da Audiencia Nacional prohíbe a plantación de eucalipto niptens en espazos públicos. O fallo derivou dun recurso da filial asturiana de Ence, Ceasa, contra o rexeitamento administrativo dun proxecto que pretendía a plantación de 4 millóns de plantas de eucalipto niptens en territorio de dominio público marítimo-terrestre. A raíz desta sentenza, a Alianza rural galega, conformada por ADEGA, FRUGA, CIG e ORGACCMM piden á Xunta que prohíba a plantación desta especie en espazos públicos, espazos protexidos e espazos sensible ambientalmente.
    11 min
  • A loita contra a avespa asiática non avanza
    "A loita contra a avespa asiática non avanza", así é como o manifestan os apicultores que reclaman a atención da Xunta para mellorar o protocolo de control e promover un equipo de investigación que deseñe medidas efectivas contra a propagación desta praga. Xesús Asorey, secretario de AGA, explícanos como está a evoluír a loita contra a avespa invasora e as demandas dos apicultores galegos ao respecto.
    11 min
  • A avespa autóctona, prexudicada pola loita contra a avespa asiática
    ADEGA chama a atención sobre os danos colaterais que está a sufrir a avespa común e europea (crabro) por mor da loita contra a invasión da avespa asiática. O colectivo denuncia que moitas accións de eliminación de niños están a actuar contra niños de avespa autóctona ante o descoñecemento polo persoal executor das diferenzas coa avespa velutina. Demanda que se informe á cidadanía e a todo os axentes implicados na eliminación de niños para que a identificación da avespa invasora sexa correcta.
    11 min
  • Actúa contra o uso do glifosato!
    A plataforma fumigacionsnon.org e Rural contemporánea lanzan a campaña #libresdeglifosato para que a cidadanía presente mocións nos seus concellos para a prohibición do uso do glifosato na fumigación de espazos públicos. Neste espazo de Radio Cerna coñecemos a campaña e as ferramentas que nos ofrece para facer cumprir o noso dereito a non ser fumigados con este tipo de químico tóxico, que se aplica indiscriminadamente en espazos públicos, pese a ser recentemente declarado como "potencial carcinóxeno" pola Organización Mundial da Saúde.
    11 min
  • Avaliando o estado de conservación da píllara das dunas
    Este venres, ADEGA coa colaboración da Consellaría de Medio Ambiente, dará a coñecer a situación ou estado de conservación da píllara das dunas. Convoca a toda a cidadanía a asistir a unha xornada de divulgación sobre esta ave protexida que terá lugar no Centro de Visitantes do PN das Illas Atlánticas. Expertos e coñecedores da píllara estarán presentes para reflexionar e propoñer actuacións de mellora do0 estado de conservación desta ave emblemática dos areais galegos.
    11 min
  • Camiño do Sol: mobilización dos estafados no investimento en enerxía fotovoltaica
    "Camiño do Sol" é como se chamou á marcha de persoas investidoras en enerxía fotovoltaica que chegou hai poucos días a Santiago para reivindicar un novo modelo enerxético que prime ás enerxías renovables e que non endebede aos seus investidores. Os protagonistas desta mobilización séntense estafados polo Estado que, nun principio animou á sociedade a investir en enerxía fotovoltaica, pero que nos últimos anos aprobou reformas lexislativas que están a converter en insostibles estes proxectos. En Galiza hai 2.500 familias afectadas.
    11 min
  • Spallanzani e morcegos en Galiza
    O biólogo galego Roberto Hermiga publica un libro de curiosidades sobre morcegos que amosa o lado máis divertido e enigmático destes animais nocturnos, ademais de achegarnos á figura do científico Lazzaro Spallanzani. Neste espazo de Cerna falamos desta publicación e tamén abordamos a siutación dos morcegos en Galiza.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.