Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Galiza e a contaminación lumínica
    A ONU declarou 2015 como o Ano da Luz e das tecnoloxías relacionadas coa luz. Por iso a USC vén de realizar un curso sobre contaminación lumínica para formar a expertos na materia que deseñen baixo a óptica da sostibilidade os alumeados públicos. Salvador Bará, coordinador deste curso e profesor de física aplicada na Universidade compostelá, fala hoxe para Radio Cerna sobre a contaminación lumínica en Galiza.
    11 min
  • VIII limpeza simultánea de ríos galegos
    Este domingo, 27 de setembro, ADEGA e Proxecto Ríos de voluntariado de custodia fluvial, convídanos a unha nova edición da Limpeza simultánea de ríos galegos na que está previsto que participen máis de 40 colectivos e entidades voluntarias para a recollida de residuos que foran depositados nas marxes ou leitos dos nosos efluentes. Para coñecer máis sobre esta actividade, escoita este espazo...
    11 min
  • Masterterra: Por unha nova xeración de xestores do territorio
    A USC e o Laboratorio do Territorio convocan a VI edición de Masterterra, o máster de xestión sustentable da terra e do territorio. O obxectivo é formar a futuros profesionais da xestión do territorio baixo a perspectiva da sustentabilidade e a multidisciplinariedade. Neste espazo entrevistamos ao coordinador de Masterterra, o profesor David Miranda, quen nos explica cal vai ser o tipo de formación impartida. O vindeiro 2 de outubro remata o prazo para inscribirse!
    11 min
  • A pobreza enerxética en España
    Neste espazo de Radio CERNA coñecemos o informe "Pobreza enerxética en España" do ano 2014, elaborado polo Instituto Economics for Energy para determinar como está a afectar a pobreza enerxética no conxunto da sociedade española. Os prezos da enerxía, a situación da vivenda ou o desemprego son algunhas das causas que determinan que unha familia estea a sufrir a "pobreza enerxética". Tamén analizamos as súas causas.
    11 min
  • A toniña, cetáceo en perigo de extinción?
    O proxecto Phocoeval tratará de coñecer en profundidade o estado de conservación da toniña, unha especie de cetáceo que actualmente está catalogada como vulnerable. Pero investigadores da CEMMA consideran que a súa categoría de protección debería ser maior xa que cren que se atopa en perigo de extinción. Para poder comprobalo e instar ao Ministerio a que eleve o rango de protección da toniña, a CEMMA comezou a pasada semana unha investigación por mar e aire que está agora en pleno desenvolvemento.
    11 min
  • Tiburóns ou quenllas en Galiza
    Con Toño Maño, afeccionado ao mundo das quenllas e autor do blog "tiburonesengalicia.blogspot.com.es", achegámonos ao coñecemento básico destes animais mariños que tamén están presentes en Galiza. Saberemos se son perigosos e que características teñen os que se achegan ás costas galegas.
    10 min
  • Impacto ambiental dos novos saltos de Ferroatlántica no Xallas
    ADEGA leva á Fiscalía unha denuncia sobre os impactos ambientais que están a supoñer para a Devesa de Anllares e a súa contorna as obras dos tres novos saltos de Ferroatlántica no río Xallas. Once investigadores das tres universidades ratifican coa súa sinatura un informe no que se poñer de manifesto a agresión a especies ameazadas, vulnerables, en perigo de extinción e endemismos. ADEGA pide á Fiscalía que actúe para evitar que o dano sexa maior.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.