Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • As consecuencias no ambiente do escuro TTIP
    O Tratatado Transatlántico de Comercio e Investimento entre a UE e os Estados Unidos pode acarrear prexuízos irreversible para o noso medio ambiente. A lexislación europea de carácter ambiental e de seguridade alimentaria podería quedar sen efecto con enormes consecuencias para a protección ambiental e tamén para a nosa saúde. En Galiza, Amigos da Terra está a abandeirar esta loita contra o TTIP como parte das diversas plataformas sociais creadas en toda Europa para responder ás pretensións políticas que apoian este documento non público.
    11 min
  • Lugoterra: o portal do turismo natural de Lugo
    Lugoterra.com é o primeiro portal web para o turismo natural da provincia de Lugo. Foi elaborado pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo en 2013 co obxectivo de concentrar nun único escaparate toda a oferta turística da provincia destinada a aqueles visitantes que queren gozar da paisaxe diversa e do inmenso patrimonio natural e cultural dos seus catro xeodestinos.
    11 min
  • Experiencias sostíbeis no monte galego co porco celta
    Varias experiencias que se están a desenvolver no monte galego relacionadas co porco celta están a demostrar que son sustentables desde o punto de vista ambiental, social e económico. Neste espazo descubrimos en que consiste un método innovador de manexo de porco celta nos montes galegos promovido pola Asociación de criadores e produtores de porco celta, Asoporcel. Estas experiencias aparecen recollidas na publicación elaborada dentro da campaña "Cousa de Raíces" titulada "Experiencias sostíbeis no monte galego".
    11 min
  • Experiencias sostíbeis no monte veciñal: Montes de Carballo e Paraños
    Neste espazo e no do mércores abordaremos varias experiencias que se están a desenvolver no monte galego que son sostibles e que escapan do modelo produtivo convencional do monte como produtor de madeira de crecemento rápido. Son algunhas das iniciativas recollidas na publicación "Experiencias sotíbeis no monte galego" promovida por ADEGA e outras 50 entidades, dentro da campaña "Cousa de Raíces" a prol do bosque galego. Hoxe coñecemos as experiencias dos montes veciñais de Carballo (Friol) e de Paraños (Covelo)
    10 min
  • Que lle pasa ao solo galego cando pasa de agrario a forestal?
    A esta e a outras preguntas quixo dar resposta unha tese desenvolta no Instituto de investigacións Agrobiolóxicas e Galicia e defendida recentemente na USC. Se ben, o cambio de forestal a agrario e a súa incidencia no medio edáfico está máis estudado, esta investigación despexa algunhas dúbidas relativas ao impacto que sofre o solo de cultivo galego logo da súa transformación en terreo forestal, e nomeadamente con especies exóticas. Neste espazo falamos co autor desta tese, Félix Zorita.
    11 min
  • Cambio climático e enfermidades reumáticas
    O clima e o cambio climático inflúen nas doenzas das persoas. O INIBIC está a estudar como inflúe a mudanza climática nas enfermidades reumáticas. Segundo os expertos, segundo a doenza reumática que se teña, a influencia do quecemento global será positiva ou negativa. Escoitemos ao Dr. Francisco Blanco.
    11 min
  • Canto valen os bosques? O caso de Menorca
    Unha enxeñaría ambiental deseña un método de cálculo para establecer canto valen os bosques, tanto polo seu valor produtivo, como ambiental ou social. A través desta metodoloxía determinou que os bosques de Menorca valen cando menos 540 millóns de euros, o prezo que suporía suplir todos os beneficios e servizos que reporta. Entrevistamos a un dos autores deste estudo.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.