RADIO NOVA

RADIO NOVA

By RADIO NOVANews
Download on the App Store

RADIO NOVA episodes

  • Entrevista a Rafael Quintía, da Asociación Antropolóxica Galega, sobre os petroglifos
    Entrevistamos a Rafael Quintía, presidente da Asociación Antropolóxica Galega, sobre o posible significado dos petróglifos, da importancia da área arqueolóxica de Tourón e das similitudes culturais do noroeste de Europa onde máis se extenderon estas manifestacións do arte rupestre e tamén da aparición de grabados pétreos noutro lado do Atlántico, na Iberoamérica precolombina.
    13 min
  • Entrevista a Lois Pérez Leira sobre Cuba, Fidel Castro e os galegos
    Entrevistamos a Lois Pérez Leira, historiador e escritor, sobre a figura de Fidel Castro, Cuba e a presencia dos galegos na Revolución cubana. Pérez Leira avogou por estreitar os lazos entre a colectividade galega e a nosa Comunidade Autónoma e falou da importancia que tiveron os galegos no movemento revolucionario cubano e na posterior construción do socialismo en Cuba.
    18 min
  • FRAN RODRIGUEZ CASAL, CAPITÁN DO PONTECALDELAS XUVENIL
    Fran Rodríguez Casal, capitán do Pontecaldelas Xuvenil foi entrevistado por Alberto Rodríguez no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN e comentou a boa marcha do seu equipo e a boa sintonía existente entre os xogadores, o adestrador e o primeiro equipo onde, cando é preciso, estes xogadores prestan os seus servizos.
    15 min
  • SERGIO PÉREZ CELADAS, FICHAXE DA LAMA, S.D.
    Alberto Rodríguez entrevistou no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a Sergio Pérez Celadas, a última incorporación do A Lama, S.D. que axudou a darlle maior verticalidade e confianza ao equipo na súa recuperación de resultados.
    12 min
  • ENTREVISTA JESUS MUÑOZ, DELEGADO PIENSOS ARION EN GALICIA
    Jesús Muñoz, Suso, veterinario e delegado en Galicia de Piensos Arioón, e o director do programa CAZA E NATUREZA en RADIO NOVA, Francisco Couselo, analizaron o fenómeno da parasitose e das complicacións que poden sufrir os cans si non son tratados axeitadamente dos problemas derivados da presenza de parásitos.
    12 min
  • ENTREVISTA ÁLVARO LAGO, TENENTE DO SEPRONA, DA COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA
    Álvaro Lago, tenente do Seprona, da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, atendeu amablemente aos micrófonos de RADIO NOVA e foi entrevistado por Francisco Couselo no programa CAZA E NATUREZA. Trataron o problema do furtivismo e a necesidade dunha maior colaboración cidadá e dos cazadores para acabar con este problema que ameaza seriamente a práctica do deporte cinexético. Couselo agradeceu ao tenente o labor das forzas da orde na persecución dos delictos e avogou pola colaboración entre cazadores e gardas civís para garantir o futuro deste deporte.
    17 min
  • ENTREVISTA A ALVARO COSTAL E VENERANDO SAMPIL "NANDO"
    Francisco Couselo entrevistou no programa CAZA E NATUREZA, de RADIO NOVA, a Álvaro Costal, veterano cazador de Pigarzos-Xesta (A Lama) e á xoven promesa Venerando Sampil "Nando" que leva tan só ano e medio cazando. Con eles foron analizando o pasado, o presente e o futuro do Tecor de Xesta ao tempo que Álvaro Costal repasou a súa traxectoria como cazador, cando se tiña que facer el mesmo os cartuchos, ata consellos para os máis novos que se achegan ao monte a practicar este deporte do que confesa estar namorado.
    32 min
  • ANGÉLICA DOMÍNGUEZ MUIÑOS, PRESIDENTA FESTAS DE ANTAS
    Falamos con Angélica Domínguez Muíños, presidenta da Comisión de Festas de Antas (A Lama) que recuperan a celebración das Festas de Santa Bárbara que terán lugar o vindeiro fin de semana (3 e 4 de decembro). O día grande será o sábado 3 coa actuación das orquestras Olympus e Unión y Fuerza. A Comisión porá unha gran carpa que cubrirá todo o recinto de festas e tamén un bar que tentará recadar fondos para financiar estas festas que recupera a mocidade de Antas.
    7 min

About RADIO NOVA

From the publisher's feed

A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM