RADIO NOVA

RADIO NOVA

By RADIO NOVANews
Download on the App Store

RADIO NOVA episodes

  • JORGE CUBELA SOBRE A REUNION COA CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS POLA PO-234
    O presidente da xestora do Concello Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, valorou moi positivamente a xuntanza realizada entre a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, o delegado da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, e o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, sobre a mellora da PO-234. Cubela propuxo que os arranxos comezaran por Laxoso si o Concello de Ponte Caldelas conseguía ceder os terreos necesario, como xa fixo o de Cotobade, antes de 45 días.
    9 min
  • ENTREVISTA EVA GIL RODRIGUEZ, XORNADAS COOPERATIVISMO FEMININO EN FORNELOS DE MONTES
    Conversamos con Eva Gil Rodríguez, responsable do programa Inserta da Deputación de Pontevedra no Concello de Fornelos de Montes, que organiza para os días 14 e 15 de decembro unhas xornadas de cooperativismo que terán lugar no Multiusos de Fornelos. Falou da importancia do cooperativismo para atopar unha saída laboral ás mulleres no entorno do rural e das subvencions coas que conta.
    8 min
  • FUENCIS CEREZO MUÑOZ, INTEGRANTE GRUPO TEATRO ASOCIACION MULLERES RURAIS O VERDUGO
    Falamos con Fuencis Cerezo Muñoz, integrante do grupo de teatro da Asociación de Mulleres Rurais do Verdugo, de Ponte Caldelas, sobre o estreo da obra cómica "O Anel Máxico", de Carlo Goldoni, con guion adaptado por Cándido Pazó e que será estreada este sábado 3 de decembro na Casa do Pobo de Cuñas (Ponte Caldelas). O reparto está composto básicamente por mulleres que levan preprando esta obra desde o mes de febreiro con ensaios semanais.
    11 min
  • ENTREVISTA DOCTOR MANUEL CARRERA, DIA INTERNACIONAL SIDA
    No Día Internacional de loita contra a SIDA entrevistamos ao doctor Manuel Carrera, de Ponte Caldelas, quen nos falou desta enfermidade que lonxe de curarse cronifícase naquelas persoas que a padecen aínda que a eficacia dos retrovirais permiten que o afectado poda ter unha vida normal. Carrera alertou sobre a necesidade de tomar medidas de prevención durante as relacións sexuais e avogou polo emprego de material de único uso á hora de colocarse un piercing ou facerse unha tatuaxe.
    11 min
  • CARLOS MANGUISI "MANGUI" CANCERBEIRO DO COTOBADE
    Alberto Rodríguez entrevistou a Carlos Manguisi "Mangui", porteiro do Cotobade, que se atopa lesionado por mor da rotura do radio durante un quecemento previso a un partido. Mangui analizou foi homenaxeado polos seus compañeiros e a xunta directiva do Cotobade no pasado partido nas Extremas onde lle brindaron os dous goles e a victoria do seu equipo.
    13 min
  • ENTREVISTA CHELO PEREIRA, PROBLEMA COA MUTUA DA FEDERACION
    Chelo Pereira, nai dun xogador xuvenil do Pontecaldelas, denunciou en MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN, que lle cobraran 120 euros por unha consulta do traumatólogo despois de acudir ao Hospital Domìnguez co seu fillo por mor dunha lesión nun xeonllo mentras facía practica deportiva. Alberto Rodríguez comprometeuse a facer seguemento do tema e preguntar á Federación Galega si esta é unha práctica axeitada ou non.
    10 min
  • PÉSAME IRIA RIAL
    Alberto Rodríguez comezou o programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN solidarizándose coa xogadora do Pontecaldelas Feminino Iria Rial a quen lle morreu o seu pai vítima dun accidente de tractor en Gondomar. Rodríguez achegou o sentimento de pésame de RADIO NOVA e de tódala familia que compón o Pontecaldelas.
    5 min

About RADIO NOVA

From the publisher's feed

A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM