RADIO NOVA

RADIO NOVA

By RADIO NOVANews
Download on the App Store

RADIO NOVA episodes

  • ANGEL RODRIGUEZ LALE, OS CORIBANTES
    Entrevistamos a Ángel Rodríguez Lale, responsable da Banda de Gaitas e Baile Os Coribantes, un dos organizadores do Concerto Kilo Solidario celebrado este sábado no pavillón de deportes de Ponte Caldelas e ao que asistiron máis de 500 persoas. Os alimentos recadados durante a actuación e nos supermercados Froiz e Día, uns 3.500 quilos, serán entregados a Cáritas Interparroquial para a súa convinte distribución entre as familias da comarca que os precisen.
    13 min
  • PEDRO RODRIGUEZ, PRESIDENTE DA S.C.D. PONTECALDELAS++
    Alberto Rodríguez comentou con Pedro Rodríguez, presidente da S.C.D. Pontecaldelas o partido que disputou o Celta fronte ao Lieja, en Balaídos que rematou con empate 1.1. Analizaron as posibilidades do equipo celeste para seguir na Europa League despois deste resultado onde xa non depende de si mesmo para seguir na competición.
    10 min
  • ENTREVISTA A GALIZA AGUETE, RESPONSABLE DO CIM DA LAMA, FORNELOS E CERDEDO-COTOBADE
    Ana Iglesias entrevistou no programa EN FEMININO a Galiza Aguete, responsable do Centro de Información á Muller (CIM) da Lama, Fornelos de Montes e Cerdedo-Cotobade, quen analizou o problema da violencia de xénero desde a visión dunha persoa que traballa diariamente con este fenómeno e que asesora ás mulleres sobre cales deben ser os pasos a seguir para superar esta situación. Tamén falou dos medios que a administración pon a disposición das mulleres vítimas da violencia.
    16 min
  • ENREDAD@S EN RADIO NOVA
    Participación de Milagros Domínguez, Mary López e Elvira Crespo na presentación e desenrolo da sección ENREDAD@S do programa EN FEMININO, que se emitirá tódolos venres de 12 a 13 horas en RADIO NOVA. Neste apartado recóllense opinións, suxestións e ideas aportadas polo público xeral expresadas a través das redes socias que son comentadas nunha tertulia polas tres conductoras do programa. Nesta ocasión versou sobre o 25 DE NOVEMBRO.
    17 min
  • ENTREVISTA CON MARIA, VITIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO
    Milagros Domínguez, Mary López e Elvira Crespo entrevistan no programa inaugural de EN FEMININO en RADIO NOVA a unha muller vítima da violencia de xénero que nos comenta a súa experiencia e sufrimento e expresa as súas opinións para mellorar non só a situación das mulleres agredidas senón que tamén arroxa luz sobre un futuro esperanzador. É unha historia humana e de superación valente que fala da necesidade de erguer a voz, rachar co calvario e denunciar sen medo.
    22 min
  • EN FEMININO PROGRAMA COMPLETO DE RADIO NOVA
    RADIO NOVA amplía a súa oferta informativa e divulgativa coa incorporación do programa semanal EN FEMININO, coordinado por Milagros Domínguez, Mary López e Elvira Crespo e que tódolos luns entre as 12 e as 13 horas abrirán unha xanela ao mundo da muller, lexislación, dereitos, experiencias vitais, tertulias, debates, etc.
    1 hr
  • LECTURA MANIFESTO CONTRA VIOLENCIA, JORGE CUBELA
    Lectura do Manifesto contra a violencia de xénero feito polo presidente da xestora do Concello Cerdedo-Cotobade e entrevista posterior sobre este problema que puxo punto e final ao programa especial emitido en directo desde as 10:30 ata as 14 horas por RADIO NOVA por mor do 25 de Novembro.
    7 min
  • RAQUEL TOURIÑO COA AXENDA CERDEDO-COTOBADE
    Raquel Touriño achegounos a axenda de actividades que terán lugar esta fin de semana no concello de Cerdedo-Cotobade na que destacan varias actividades promovidas polo Concello como unha xornada de defensa persoal para mulleres e unha conferencia sobre violencia de xénero. Tamén haberá actividades de La Semilla e o domingo a Comisión de Festas de Valongo celebra un cocido para recadar fondos para as festas do vindeiro verán.
    10 min
  • ENTREVISTA YOLANDA LOIS RODRÍGUEZ, BLACK FRIDAY
    Falamos con Yolanda Lois Rodríguez, propietaria de Zapatería Yoly de Ponte Caldelas e socia de COEMPO que participa, xunto a outros oito establecementos desta asociación de comerciantes e empresarios no BLACK FRIDAY con ofertas que chegan ata o 50% de desconto.
    6 min

About RADIO NOVA

From the publisher's feed

A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM