RADIO NOVA

RADIO NOVA

By RADIO NOVANews
Download on the App Store

RADIO NOVA episodes

  • BEATRIZ GARCIA LUQUE, COORDINADORA VOLUNTARIADO CRUZ VERMELLA PONTEVEDRA
    No Día Internacional do Voluntariado entrevistamos a Beatriz García Luque, coordinadora de Voluntariado en Cruz Vermella de Pontevedra quen nos falou sobre os distintos programas que está desenvolvendo esta ONG con xóvenes, maiores, inmigrantes, persoas sen fogar, etc. Calquera persoa maior de 16 anos pode ser voluntario só ten que se poñer en contacto con Cruz Vermella Pontevedra e pasar unha entrevista persoal para coñece-las súas aptitudes e disponibilidades.
    8 min
  • Entrevista a Paz Louzao no programa En Feminino
    Milagros Domínguez e Mary López entrevistaron a Paz Louzao no programa EN FEMININO, unha muller que leva desde moi nova apostando por causas solidarias e que dinamiza un grupo de moteiros que apostan por causas xustas para colaborar coas persoas máis desfavorecidas.
    19 min
  • En Feminino Pioneiras: Rosa Parks
    Mary López glosou a figura de Rosa Parks, na sección PIONEIRAS, do programa EN FEMININO. Falou da importancia que tivo o seu xesto no seu día de rebelarse contra unha situación inxusta como era a política da segregación entre brancos e negros, o apartheid, que sufrían as minorías afroamericanas nos Estados Unidos.
    5 min
  • Alberto Rodríguez en MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN
    Alberto Rodríguez, que esta tarde non pode presentar o programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVEN comentou o calendario de competicións para esta fin de semana na que participarán os principais equipos de fútbol das distintas categorías. Alberto Rodríguez volverá a estar en directo o vindeiro domingo, a partir das 16:30 horas, na retransmisión en directo desde o campo municipal de Racelo, na Lama, do CARRUSEL DE MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN.
    14 min
  • Entrevista a María Canda, sobre a casa niño na Lama
    María Canda Falcón, responsable da Casa Niño da Lama, explicounos o funcionamento deste novo servizo para as familias do municipio e que beneficará a nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos que poderán dispoñer deste servizo de luns a venres en horario de 7:30 a 15:30 horas, non sendo obrigado que estean nin todo o tempo. Tamén poderán recollerse aos cativos antes das 15:30 horas. O prazo para inscribirse remata o vindeiro luns e hai un total de 5 prazas.
    10 min
  • Entrevista a Cristina Quinteiro voceira da plataforma PO-234 02/12/2016
    Falamos con Cristina Quinteiro voceira da plataforma veciñal de Afectados pola estrada PO-234 quen valorou os últimos acontecementos en torno a esta polémica despois de que mantivera unha xuntanza a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, co alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e o presidente da xestora do Concello Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.
    8 min
  • Entrevista a Patricia Amoedo, sobre comida para recaudación de fondos "Vacacións en paz"
    Mantivemos unha conversa con Patricia Amoedo, pertencente a unha das familias de Fornelos de Montes que acollen en xullo e agosto aos nenos saharauis do programa Vacacións en Paz, que está a organizar un xantar que terá lugar o sábado 10 de decembro en "Casa Chalán", nas Estacas (Fornelos) para recadar fondos para ese programa que cada ano trae a Galicia a 200 nenos e nenas que residen nos campamentos de refuxiados de Tinduf (Arxelia). Falamos sobre a situación destes rapaces e de como funciona este programa de solidariedade internacional cos nenos do pobo saharaui.
    19 min

About RADIO NOVA

From the publisher's feed

A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM