Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • CAMIÑO CIRCULAR, un camiño cara o emprendemento e o empoderamento, falo con Kim Llobet e Mar Blanco
    CAMIÑO CIRCULAR é unha cooperativa interdisciplinar de tres mulleres coñecedoras da contorna, onde crean camiños que xeren un impacto positivo a través da colaboración con tódolos axentes do territorio. Constrúen proxectos comprometidos e responsables que parten da innovación social e cultural como maneira de transformar o noso rural.
    Hoxe falamos con Mar Blanco Casais, unha das súas fundadoras.
    "Dun xeito creativo e de participación social diseñamos proxectos para dar resposta nestos camiños, que entendemos que hai moito que facer, para visibilizar e empoderar á muller que vive no rural".
    "A muller rural xoga un papel moi importante na nosa área de influencia e en xeral en toda Galicia, entre outras cousas porque representa máis da metade das persoas traballadoras".
    "Parece que é básico que para avanzar nunha sociedade igualitaria cobra vital importancia a independencia económica, por eso é importante ofrecer recursos para que as mulleres empoderadas poidan tomar a determinación de acceder a un posto de traballo digno".
    CAMIÑO CIRCULAR céntrase en 5 camiños para descubrir outros novos:
    CAMIÑO AMBIENTAL:
    ✔️ Paseos sonoros e temáticos no rural: aulas na natureza para coñecer lugares de interese patrimonial e natural; escoita da contorna para fomentar o coñecemento do ecosistema, da biodiversidade e dos seus recursos.
    ✔️ Divulgación de iniciativas sostibles contra o abandono do rural: xornadas informativas e formativas para coñecer proxectos sostibles xa desenvolvidos que sirvan de exemplo e modelo para o conxunto da sociedade.
    ✔️ Creación artística en espazos naturais: impulso de espazos de creación artística en ambientes naturais para atraer ao público e valorizar a paisaxe rural (murais creativos, reciclaxe de obxectos, xogos tradicionais, contacontos, teatro).
    ✔️ Obradoiros de concienciación ambiental: organización de talleres formativos e creativos abertos a tódolos públicos para potenciar actividades ambientalmente sostibles, impulsando a acción participativa e responsable.
    ✔️ Xornadas musicais polo coidado do medio ambiente: organización de concertos, obradoiros, charlas e aulas de música abertas para potenciar a conexión coa contorna e a sensibilidade ambiental.
    CAMIÑO ARTÍSTICO:
    ✔️ Clases de música no rural para tódolos públicos: clases individuais e colectivas de piano, iniciación musical e teoría musical, abertas para desfrutar e achegarnos á música sen barreiras de idade nin barreiras xeográficas ou socioeconómicas.
    ✔️ Obradoiros temáticos a través das artes: intercambio de experiencias interculturais e interxeracionais empregando as artes musicais, plásticas e visuais como medio de integración e sensibilización para loitar contra o despoboamento e abandono do rural.
    ✔️ Creación dunha rede de instrumentos gratuítos: impulso dun banco de instrumentos libre para que colectivos en risco de exclusión poidan acceder á música sen barreiras.
    ✔️ Construción de instrumentos con materiais reciclados: actividades de bricolaxe para fabricar “cotidiáfonos”, instrumentos musicais que nos permiten dar unha nova vida aos residuos cotiáns e facer máis accesible a música.
    CAMIÑO LOCAL:
    ✔️ Servizos orientados á produción local: posta en valor do patrimonio cultural e natural a través dunha rede de apoio e promoción aos produtores locais (agricultores, gandeiros, artesáns, artistas, músicos e outros colectivos emprendedores).
    ✔️ Recuperación e creación de rutas e lugares de interese: recuperación e dinamización dos camiños histórica e culturalmente ligados ao Camiño de Santiago na nosa contorna.
    ✔️ Dinamización de espazos públicos e negocios locais: impulso de actividades creativas e sostibles para visibilizar o pequeno comercio e avivar espazos de intercambio (praza de abastos, albergues, prazas públicas) partindo da cultura da economía circular.
    ✔️ Promoción dunha alimentación sostible: creación de obradoiros e iniciativas para estimular un consumo de proximidade, saudable, sostible e de temporada (horta urbana, visita a produtores, menús saudables, receitas do mundo, cociña tradicional).
    ✔️ Organización de redes de intercambio local: creación dunha biblioteca de obxectos para o aproveitamento e préstamo de produtos (fogar, tecnoloxía, bricolaxe, ocio); obradoiros de reparación, redución e reutilización para diferentes públicos.
    CAMIÑO SOCIAL:
    ✔️ Xornadas semanais de dinamización sociocultural contra o despoboamento: impulso dunha aula aberta á veciñanza para o intercambio cultural, ambiental, social e artístico nos locais socioculturais do rural, construíndo alternativas contra o abandono rural.
    ✔️ Obradoiros temáticos interxeracionais e interculturais: organización de actividades formativas e creativas para aprender en circular, potenciando a integración e benestar social, a cooperación con outras entidades e o intercambio de experiencias vitais.
    ✔️ Rede comunitaria para o coidado de persoas maiores: creación dun programa de acompañamento para combater a soidade dos maiores, ofrecendo actividades formativas, contacto interxeracional e tecendo redes solidarias de voluntariado.
    ✔️ Actividades para visibilizar diferentes realidades sociais: iniciativas interdisciplinarias para tecer redes de apoio a colectivos desfavorecidos e dar voz a diferentes realidades sociais (despoboamento, migración, violencia de xénero, sexualidade, terceira idade, etc.).
    ✔️ Reciclaxe integradora e compartida: organización de xornadas inclusivas e solidarias para reducir, reutilizar e reciclar facendo bricolaxe (xoguetes, instrumentos, roupa, utensilios para o fogar, obxectos para decoración e festividades).
    O TEU CAMIÑO:
    ✔️ Creación de proxectos adaptados e particularizados: deseño, organización e posta en marcha de proxectos personalizados para potenciar valores ambientais, artísticos, sociais e locais nos diferentes eidos.
    ✔️ Deseño de actividades a medida: elaboración, apoio e asesoramento no desenvolvemento de actividades dinamizadoras e interdisciplinares adaptados ás particularidades de cada entidade. 
    Máis Información CAMIÑO CIRCULAR:
    ✔️Páxina Web: https://caminocircular.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/camino.circular
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/caminocircularcoop/
    ✔️Teléfono: +34687288566
    ✔️Correo: [email protected]
    Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703
    Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:
    ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/search/top?q=igualdade%20na%20rede
    ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadenarede
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/
    ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    22 min
  • SALTA DA CAMA xoves 10-02-2022 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Kim Llobet, Aso Igualdade é Mulleres de A Estrada . Falamos de igualdade con Mar Blanco Casais de Camiño Circular S. Coop. Galega
    Radionovela “Os Incurabeis” Cap 74. Radiofusión Galega
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 27 min
  • TRIBO, primeiro sinxelo do novo álbum de A BANDA DA LOBA, XABÓN LAGARTA. Falo con Xiana Lastra
    Para contrarrestar a inestabilidade e incerteza na que vivimos desde hai dous anos, A banda da Loba escolleu como primeiro sinxelo un tema divertido, entusiasta e emotivo, que ademais dálles pé a desvelar o camiño conceptual do seu novo disco. Falo con Xiana Lastra sobre este novo traballo e sobre o videoclip de lanzamento (ver vídeo ).
    : https://www.youtube.com/watch?v=egc89ECm3F0
    "O novo disco, "Xabón Lagarta" que sairá a finais de abril, tira do fío da vida das lavandeiras, e dos lavadoiros como espazo de confidencias de insumisión e liberdade".
    "Co vídeo queríamos transmitir que cada un ten a súa tribo, a súa manda. No videoclip sae unha pequena representación da nosa, que para nós é toda a xente que nós sigue, nos nosos concertos e nas redes, e que nós dan a súa enerxía".
    "A idea de sair con "TRIBO" como primeiro sinxelo foi porque nun momento como este fai falla algo de "buenrrollismo". Cremos que eso é o que fai "TRIBO", cando ves o vídeo arráncache un sorriso".
    A BANDA DA LOBA definen TRIBO da seguinte maneira:
    "TRIBO", manda, comunidade... a rede de coidados que nos sustenta no noso día a día. Esta canción é o primeiro adianto do disco "Xabón Lagarta", inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros. O pasado e o presente. As experiencias e as conquistas herdadas. O berro confiado porque antes outras berraron por nós. A busca do noso lugar nesta gran espiral que é a vida. Como? Apoiándonos na nosa manda!
    Aquí estou para ti.
    Aquí estás para min.
    Somos tribo, somos manda, bandoleiras do país!
    FICHA TÉCNICA:
    Letra e música: A banda da Loba
    Gravación e mastering: Arturo Vaquero (Abrigueiro Estudios)
    Vídeo: Seispés Producións Creativas
    A BANDA DA LOBA
    A banda da Loba é unha das formacións máis consolidadas do panorama musical galego actual. Coa poesía e a lingua por bandeira, ofrécennos composicións propias con letras tamén súas ou inspiradas nos poemarios de escritores/as clásicos/as e contemporáneos, nas que tratan temas importantes para elas coma a diversidade, a identidade, a memoria ou o feminismo.
    Está formada por Andrea Porto (baixo), Estela Rodríguez (violín), Inés Mirás (guitarra), Marcela Porto (percusión) e Xiana Lastra (voz). Música comprometida cun selo persoal e característico que fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical compatible con todo tipo de público.
    Discografía
    En decembro de 2017 saíu á rúa o seu primeiro traballo discográfico, “Bailando as rúas”, co que acadaron un gran éxito, dando máis de setenta concertos en ano e medio, dentro e fóra do noso territorio.
    Trala boa experiencia na primeira toma de contacto como banda, a finais de 2019 presentan “Fábrica de luz”, co que foron finalistas nos Premios MIN na categoría de mellor disco en lingua galega: Fábrica de luz é un traballo de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. A lingua e a terra, son as primeiras nais, fábricas de luz. As creadoras que nos precederon e as que nos acompañan nesta viaxe son tamén fábricas de luz. As nosas nais, as vosas nais, todas as nais son fábricas de luz. Son fogar, tempo e amor incondicional. Son poder, loita e memoria. Son todo o que nos permite ser hoxe tamén fábrica de luz.
    No 2021 estrean "Hasme oír", un EP dedicado a Xela Arias composto por catro cancións baseadas na obra da autora e que se titulan como os seus catro poemarios publicados: "Tigres coma cabalos", "Intempériome", "Denuncia do equilibrio" e "Darío a diario". O fío conductor que as une... interludios musicais con versos recitados da mesma autora.
    Malia os difíciles tempos para a música por mor da pandemia, A banda da Loba seguiu a ser unha das bandas que máis tocaron en Galicia nos dous últimos anos. Por esta razón, este ano presentan novo disco e novo espectáculo: "Xabón Lagarta".
    Premios
    Son gañadoras de importantes premios como o Aritmar Galiza e Portugal á mellor canción en lingua galega, que compartiron con Salvador Sobral como gañador á mellor canción en lingua portuguesa ou o Martín Códax da Música Galega na categoría de pop/indie no 2021. Fóra do ámbito estritamente musical Fademur e a Deputación da Coruña déronlles o premio polo Día Internacional da Muller Rural no ano 2019 e concedéuselles tamén o Premio San Martiño de Normalización Lingüística no 2020.
    Máis Información de "A BANDA DA LOBA":
    ✔️Páxina Web: https://abandadaloba.gal/
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCZkJHlvbIRyXE0qSwMRgSzg
    ✔️Spotify: https://open.spotify.com/artist/0CDzdr8pmN623ifZ9oEuVH?si=A7hC-zAqSQOqATMHEqticA
    ✔️Itunes: https://music.apple.com/us/artist/a-banda-da-loba/1309585510
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/abandadaloba
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/abandadaloba/
    Máis Información SEISPÉS PRODUCCIÓNS CREATIVAS:
    ✔️Páxina Web: https://seispes.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/seispes
    ✔️Twitter: https://twitter.com/seispes
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/seispesproducionscreativas/?hl=en
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/user/SeipesProducions
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    17 min
  • RICAS E FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do corazón 09-02-2022
    En "Ricas e Famosas" fago un repaso ás portadas das revistas do corazón de máis tirada en España, dun xeito divertido.
    Portadas das revistas:
    ✔️Hola: https://www.hola.com/
    ✔️Semana: https://www.semana.es/
    ✔️Diez minutos: https://www.diezminutos.es/
    ✔️Pronto: https://www.pronto.es/
    ✔️Que Me Dices: https://www.quemedices.es/
    ✔️Lecturas: https://www.lecturas.com/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    6 min
  • SALTA DA CAMA mércores 09-02-2022 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Adicatoria de apoio a PONTE NAS... ONDAS!
    Día Internacional
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Radionovela “Os Incurabeis". Cap 73 Radiofusión Galega
    “RICASeFAMOSAS”, repasó con humor ás portadas das revistas do ❤️
    “TRIBO”, primeiro sinxelo do novo álbum de A banda da Loba , falo con Xiana Lastra Pernas
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 29 min
  • NENOS DA PANDEMIA, A QUE SE ENFRONTAN?, falamos con Verónica de Barros Psicología
    Os nenos/as da pandemia mostran un menor nivel de desenvolvemento nalgúns aspectos en comparación con outros nados antes da aparición da Covid-19. A psicóloga Verónica Barros de Barros Psicología explícanos a que se debe esta circunstancia.
    "Coa máscara é máis dificil identificar e recoñecer as emocións. Os nenos máis pequenos que aprenden por imitación non detectan ben as emocións".
    "En adolescentes atopase un aumento nos problemas emocionais como a ansiedade e a depresión, así como transtorno na alimentación e relacionados co deporte".
    "Os nenos aprenden de cousas cotiás como ir a mercar unha barra de pan cos pais e da interacción social con outras persoas".
    Nos nenos nados co inicio da pandemia está a detectarse un aumento dos problemas do neurodesarrollo como atrasos da linguaxe. Coa pandemia cambiou o modo de relacionarse e a interacción social diminueu, o neno pequeno aprende a non tocarse, manter a distancia e non achegarse ao resto e con iso as fontes de estimulación neurosensorial nos nenos quedan limitadas ao ambiente intrafamiliar.
    Fóra do ambiente intrafamiliar todas as persoas que interactúan co neno fano con máscara o que supón unha limitación no recoñecemento de expresións faciais e da linguaxe verbal que produce unha diminución da intensidade do son, especialmente dos agudos, con maior dificultade para a comprensión e imitación dos mesmos, indica a pediatra.
    As fortes restricións provocadas pola pandemia causaron unha diminución drástica de xogos tradicionais, en grupos, con outros nenos da súa idade o que conleva unha menor estimulación e unha diminución da aprendizaxe por imitación.
    ⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
    Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
    ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    18 min
  • SALTA DA CAMA martes 08-02-2022 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Verónica Barros de Barros Psicología danos consellos para coñecernos e entendernos mellor, a nós mesmos e ao noso entorno.
    Radionovela “Os Incurabeis” Cap 72. Radiofusión Galega
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 30 min
  • Lorena Penas de ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN fálanos de BRANDED CONTENT
    Branded content: o formato de publicidade que máis crece na rede Xa non é suficiente con que a publicidade en liña mostre un produto sen máis. Os internautas rexeitan as campañas intrusivas e repetitivas e agora piden que esta sexa informativa e que capte a nosa atención. Así o reflicte o estudo de IAB Spain sobre Branded Content 2021.
    Lorena Penas da empresa Actualizados Comunicación explícanos como facelo de xeito efectivo.
    "Xa non é suficiente coa publicidade convencional, na rede hai moitisima competencia e temos que dar un pasiño máis alá, sendo creativos".
    "O Branded Content fai referencia a unha publiciadade menos invasiva, repetitiva e molesta".
    "O 65% dos profesionais do sector cren que crecerá máis en comparación con outros tipos de publicidade
    en liña".
    O termo branded content fai referencia a unha estratexia de inbound márketing ou márketing de contidos e dá resposta a esta demanda crecente da poboación dunha publicidade menos invasiva, repetitiva e molesta. A través desta, búscase xerar contido de calidade relacionado co noso negocio. Pero non calquera contido, senón aquel que conecte a audiencia coa marca, co que se mostre quen somos e que tamén lle dea resposta ás necesidades dos usuarios.
    Algunhas das súas características
    1️⃣ Céntrase na filosofía corporativa. Ao contrario da publicidade convencional, o branded content non trata de vender directamente produtos e servizos, senón que prioriza ensinar os valores que caracterizan a marca.
    2️⃣ Apela ás emocións. Unha das maneiras máis populares para conectar coa audiencia seguen sendo as emocións. Ao final, ofrecer un argumento emotivo co que sintamos representados ou empaticemos pode ser moito máis efectivo que dar un argumento racional.
    3️⃣ Storytelling. E, das emocións, chégase ao relato. O branded content, a medida que mostra os valores corporativos, nárranos unha historia entrañable.
    4️⃣ Valor engadido. A pesar de ser publicidade, non é percibido como intrusivo, senón que chega a achegar valor engadido á experiencia do usuario.
    5️⃣ Múltiples formatos. Pode presentarse en diferentes formatos e soportes: vídeos en Youtube, un pódcast, diferentes creatividades, etc.
    Deste xeito, pódese conseguir unha maior notoriedade e afinidade. Ademais, é considerado como un formato máis orixinal, creativo e divertido que un anuncio tradicional no que se nos ensina un servizo ou produto dunha firma. Pero, que tipo de vantaxes achéganos?
    Os beneficios do Branded Content
    Profesionais do sector recomendan o branded content para fortalecer a marca fronte a outras tipoloxías de publicidade xa que:
    O seu nivel de aceptación. Non só consegue captar a nosa atención por ser unha forma máis amena e inspiradora de publicidade, senón que as súas
    características fan que o nivel de aceptación entre o público sexa maior fronte a outros tipos de publicidade.
    Un alcance superior. O seu aire innovador, orixinalidade e inspiración fan que se considere diferente, o que fomenta o interese e compromiso polo contido xerado. As visualizacións e as accións que incrementan a notoriedade, como comentar o anuncio con outra persoa ou compartilo a través de redes sociais, son maiores.
    Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    Máis Información e outras entrevisas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    13 min
  • SALTA DA CAMA luns 07-02-2022 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Lorena Penas de Actualizados Comunicación danos consellos para xestionar ben as nosas redes sociais.
    Radionovela “Os Incurabeis” Cap 71. Radiofusión Galega
    Celebramos o DÍA DOS MEDIOS EN GALEGO, un 7 de febreiro de 1876 publicábase “O Tío Marcos D’ A Portela”, primeira publicación xornalística publicada íntegramente en galego Asociación de Medios en Galego
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 24 min
  • Henrique Sanfiz, presidente da Asociación de Medios en Galego. GALA DOS MEDIOS EN GALEGO 2022.
    Henrique SanFiz, presidente da Asociación de Medios en Galego (AMEGA), fálanos do DÍA DOS MEDIOS EN GALEGO 2022.
    "Queremos "BOTAR A LINGUA A PACER", para que colla nutrientes e vitaminas, porque o galego precisa vitaminas".
    "No mundo do galego pódese decir que a botella está medio chea ou medio baleira. É unha evidencia de que o idioma galego perde falantes cada día, pero tamén hai factores positivos como a existencia de 140 medios en galegos e a utlización do galego nas redes sociais".
    "O galego tamén da para comer, debemos seguir na defensa da nosa lingua utilizando novos metodos, novas ferramentas, novas tecnoloxías e novos enfoques. Como fixeron, por exemplo, tanxugueiras. Reforzando a nosa identidade e chegando a mundos aos que non se contaba chegar".
    A Asociación de Medios en Galego celebrará o Día dos Medios en Galego co roteiro ‘Compostela e a lingua’, que se desenvolverá en Santiago o próximo sábado 5 de febreiro e contará, entre outros, coa participación da poeta Rosalía Fernández Rial e a compañía de teatro Os Quinquilláns.
    Baixo o lema ‘Bota a lingua a pacer’, iranse realizando paradas en lugares simbólicos na loita polo mantemento do idioma. O percorrido estará acompañado polo cuarteto da Asociación Cultural Panaraiada.
    ️O roteiro arrincará ás 11:30 horas diante do Salón Teatro, na Rúa Nova nº34. Alí Os Quinquilláns representarán unha pequena escena dunha das obras de Roberto Vidal Bolaño, conmemorando así o vinte aniversario so seu pasamento.
    Despois, o roteiro continuará na Praza da Universidade, no antigo Restaurante El Asesino, onde o filósofo Antón Baamonde nos descubrirá a importancia dos faladoiros que había nos locais de hostalería composteláns en tempos de crise.
    O escritor Bieito Iglesias será o encargado de vincular a relación entre a Universidade de Santiago de Compostela co galego, noutra parada que se realizará na Facultade de Xeografía e Historia.
    Haberá tamén unha visita no Colexio de Santo Agostiño, onde a profesora Anxos García Fonte debullará a relación de Rosalía de Castro coa cidade.
    Xa na praza de Cervantes, na Zona C, volverán actuar Os Quinquilláns, representando a peza ‘LanguagePlanning’, baseada nun dos relatos de ‘Madein Galiza’ de SéchuSende.
    Para finalizar o acto, a carballesa Rosalía Fernández Rialfará un espectáculo poético-musical.
    Inscricións
    Para participar no roteiro ‘Compostela e a lingua’, no que colaboran a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, será necesario inscribirsea través do correo electrónico [email protected]
    DÍA DOS MEDIOS EN GALEGO
    O Día dos Medios en Galego celébrase cada 7 de febreiro, trala súa declaración institucional no Parlamento de Galicia no ano 2018, co gallo da saída da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, en 1876.
    ✔️En 2018 celebrouse en Barallobre (Fene), nun acto no que interviron 25 persoas relacionadas coa nosa cultura e cos medios.
    ✔️En 2019 a gala tivo lugar en Pontevedra, e contou coa presencia de Touriñán e Ugia Pedreira.
    ✔️En 2020 o acto cultural celebrouse no Casino1889 de Carballo, coa dirección de Avelino González e a regueifeiraLupeBlanco, e a actuación da banda Terbutalina.
    ✔️En 2021 tocou facelo vía streaming, cun formato #LateNight presentado por Federico Pérez que tivo que ser adiado polas restricións sanitarias e que se emitiu o 20 de marzo polas canles de Youtube e Facebook da AMEGA, as radios municipais e Nós Televisión. Neste 2022 o evento celébrase por primeira vez na capital galega.
    Con esta data festéxase o labor que realizan as as máis de 30 cabeceiras que forman a AMEGA e os máis de 140 medios que fan comunicación actualmente na nosa lingua.
    Máis Información dos MEDIOS EN GALEGO:
    ✔️Páxina Web: https://mediosengalego.gal/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/mediosengalego
    ✔️Twitter: https://twitter.com/mediosengalego
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCKytKQZN_OxpSxNbHuSx5BQ
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/amegaoficial
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    13 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!