Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • ATENCIÓN AO CLIENTE EN REDES SOCIAIS, Lorena Penas de Actualizados comunicación explícanos como .
    A atención ao cliente en redes sociais é un dos aspectos
    fundamentais da presenza en liña de calquera empresa. Lorena Penas da empresa Actualizados Comunicación explícanos como facelo de xeito efectivo.
    "É imposible gustarlle a todo o mundo e sempre vai a haber críticas, temos que saber como actuar ante elas".
    "No comercio local é moi raro que teñamos unha cantidade enorme de críticas, aínda así hai que ter un conta que os comentarios nas redes sociais poden dañar a nosa imaxe".
    "Ollo co xeito de escribir porque pode parecer que estamos sendo maleducados e eso non pode ser".
    Dentro dunha estratexia de tipo omnichannel, na que o cliente non debe percibir diferenzas independentemente da canle que utilice, a atención ao cliente en redes sociais debe estar especialmente coidada, xa que a diferenza de calquera outro canle, realízase, polo menos en parte, en público.
    Por tanto, os usuarios van estar moi pendentes de como e de que maneira a empresa resolve as queixas ou reclamacións doutros usuarios. Porque, non nós enganemos, o 99% dos contactos que se reciben por este medio son queixas e reclamacións.
    O QUE SE DEBE FACER
    1️⃣ Dimensionar ben os recursos
    Atender correctamente ao cliente implica que se debe contar con recursos adecuados á cantidade de reclamacións que nos chegan por cada canle.
    A atención ao cliente en redes sociais é unha devasa que pode evitar un incendio de imprevisibles consecuencias para a reputación da marca.
    2️⃣ Ter coidado co que contestamos
    Manexar a un cliente encabuxado é complexo e necesítase ter formación específica neste apartado, xa que as consecuencias dun mal manexo nas redes sociais son moito peores que na atención telefónica ou persoal.
    Unha reclamación non resolta significa un cliente que nos vai a poñer a caer dun burro, o cal pode arruinar toda unha estratexia de reputación en liña.
    Por tanto, as persoas que xestionen este tema deben ser capaces de resolver as reclamacións e ter liña directa coas persoas con capacidade de decisión.
    3️⃣ Definir un protocolo flexible
    Mentres que a atención telefónica ao cliente réxese por protocolos bastante encorsetados e o grao de liberdade de acción do axente de quenda é mínimo, nas redes sociais non pode suceder o mesmo. Non podemos ter respostas enlatadas para copiar e pegar. Pero si debemos ter respostas para os casos máis habituais. Os protocolos deben ter un grao de flexibilidade na resposta, pero sobre todo deben ser resolutivos. Como mínimo, un protocolo básico ten estas fases: Escoitar ao cliente>Pedir desculpas>ofrecer alternativas>resolver>verificar a conformidade coa solución.
    Sempre debemos pedir ao cliente que nos dea os seus datos por privado e seguir a conversación fóra dos focos, pero iso non significa que non debamos facer pública a solución se o propio cliente non o fai (sen mencionarlle, iso si).
    4️⃣ Usar as palabras máxicas
    E esas palabras máxicas son: síntoo (ou o sentimos) ou calquera outra fórmula pública de desculpa. Tanto se o cliente ten razón coma se non, o primeiro que temos que facer é lamentar que estea enfadado e ofrecerlle toda a nosa dispoñibilidade para resolver a súa incidencia (non uses «problema»).
    Ningunha empresa quere ter clientes enfadados, polo que corresponde lamentar que un o estea. E iso debe facerse sempre publicamente. A finalidade desta desculpa preliminar é acougar ao cliente. É moi difícil razoar cando a outra parte está tan enfadada que nin che escoita. Por tanto, pedir que nos conte o seu caso e pedirlle desculpas deben ser sempre o primeiro, sen interromper nin poñer en dúbida o que nos diga, pero facendo preguntas que demostren interese no que nos conta.
    5️⃣ Adiantarse aos problemas: o plan de crise
    Cantas veces vimos webs de eCommerce que #ante unha caída non din esta boca é miña e esperan ao aluvión de reclamacións? Ante un fallo de servizo, sexa ou non culpa nosa, hai que poñerse en modo crise: facelo público, pedir desculpas e informar, se se pode, das causas da situación, as medidas que se están tomando en cada momento e as solucións conforme se producen.
    En tempo real, que para iso están as redes sociais. Hai que ter un plan de comunicación de crise para o caso de que todo vaia rematadamente mal.
    O QUE NON SE DEBE FACER
    6️⃣ Non poñerse nervioso ante unha crise de reputación, cando as cousas vanse das mans, entre os directivos das empresas rende o nerviosismo.
    Moitos, conscientes da súa responsabilidade e do que se xogan, cometen o erro de poñerse eles mesmos a responder nas redes sociais ao berro de «aparta rapaz, que eu me encargo. Van decatar». E léana parda. Hai moitos casos nos que un directivo pasado de voltas cargouse a atención ao cliente en redes sociais.
    Para evitalo hai que seguir unha regra de ouro: calquera persoa que se comunique directamente cun cliente, sexa polo medio que sexa, debe estar adestrada para iso. Obviamente, #ante unha crise os directivos teñen moito que dicir, pero deben facelo a través do filtro dunha persoa adestrada, que lles impedirá cometer desaguisados.
    Se teñen os seus propios perfís en redes sociais, o silencio ou continuar coma se nada non son unha opción, pero dicir alí o que lles dea a gana tampouco o é. Os seus perfís nese momento van ser considerados como representantes da empresa para todos os efectos, e como tales deben actuar.
    7️⃣ Non quites importancia a unha reclamación
    En moitos casos a orixe dun troll está nunha atención ao cliente en redes sociais mal xestionada. Todas as reclamacións son importantes e todas deben ser, na medida do posible, resoltas. Polo menos, atendidas. E se non se poden resolver, explicadas.
    Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    Máis Información e outras entrevisas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    14 min
  • SALTA DA CAMA luns 31-01-2022 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Lorena Penas de Actualizados Comunicación danos consellos para xestionar ben as nosas redes sociais.
    Resulo do paso de TANXUGUEIRAS polo Benifestivalen
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 24 min
  • XENERAIS DA BANDEIRA xa prepara o entroido, falamos co presidente da asociación, Alberto López.
    Falo co novo presidente da Asociación Xenerais do Entroido da Bandeira.
    Despois de 3 anos dunha xestora, Alberto López Pérez ocupará a presidencia, cun equipo composto por Alberto García Fernández como vicepresidente, Diego Cangas Costa será o tesoureiro. Mariña López Rodríguez ocupará a secretaría, e como vogais Mara Rei Codesido, Adrián Villar Calviño, Diego Rodríguez Bahamonde e Lucrecia Balaguer Blanco.
    "Intentamos buscar que haxa movemento no pobo e que non se perda a tradición, por eso nós puxemos á fronte da asociación".
    "Gústanos moito o entroido, non só a festa senón os eventos que hai durante todo o día, tanto os desfiles como o alto dos xenerais".
    "O director do CEIP Ramón de Valenzuela, José Casal, é unha persoa moi importante para a Bandeira e para o entroido, porque creou moitos xenerais. Dou a coñecer o entroido, tanto a nenos e nenas como ás persoas do pobo".
    "Levamos varios anos facendo o desfile dos cabezudos, temos que agradecer a Cristina Collazo a súa axuda. Este ano tamén queremos recuperar o día da "vellada" en colaboración cos bares da zona".
    A primeira documentación que se ten sobre o entroido dos Xenerais da Ulla corresponde ós anos 70 do século XIX. Alfredo Vicenti, ilustre político santiagués, publica a partir de abril de 1875 no xornal El Heraldo Gallego unha serie de artigos titulados “En las orillas del Ulla”. Un deses artigos titúlase “La máscara” e nel narra a formación dunha comparsa de entroido na parroquia de Oca, concello da Estrada. Posteriormente foron moitos os autores que escribiron artigos ou pequenas notas para difundiren esta tradición carnavalesca, entre outros, Bouza Brey, Manuel García Barros, Neira Vilas, González Reboredo, Mariño Ferro, Arca Caldas, Federico Cocho, etc.
    O entroido dos Xenerais é privativo da comarca natural da Ulla, en concreto dos concellos de Boqueixón (parroquias de Lestedo e Sergude), A Estrada (Cora, Couso, Paradela, Santa Cristina de Vea e Santeles), Santiago de Compostela (Aríns, Marrozos, O Eixo), Silleda (A Bandeira, Dornelas, Lamela), Teo (Bamonde, Cacheiras, Lucí, Oza, Rarís, Recesende, Reis, Vilariño, Teo), Touro (Bama, Fao, San Xoán de Touro), Vedra (Illobre, San Xián de Sales, Trobe, Vedra e Vilanova), Vila de Cruces (Merza, Piloño, Salgueiros). Tamén se celebra na parroquia padronesa de Carcacía. Antigamente había así mesmo xenerais da ulla noutras parroquias onde hoxe se perdeu a tradición, como San Mamede de Ribadulla e San Miguel de Sarandón en Vedra, Gres e Brandariz en Vila de Cruces e Ledesma en Boqueixón, entre outras. En ningún outro lugar de Galicia, nin que se saiba de España nin de Europa Occidental, hai nada semellante.
    Máis Información XENERAIS DA BANDEIRA:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/xeneraisdabandeira
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/xeneraisdabandeira_/
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/user/XeneraisdaBandeira
    Máis Información XENERAIS DA ULLA:
    ✔️Páxina Web: https://xeneraisdaulla.gal/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/xeneraisdaulla.entroido
    ✔️Twitter: https://twitter.com/xeneraisdaulla
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/xeneraisdaulla/
    Youtube:
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    14 min
  • SALTA DA CAMA venres 28-01-2022 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Radionovela “Os Incurabeis” Cap 66. Radiofusión Galega
    Escoitamos Averno, o novo sinxelo de Tanxugueiras e Rayden.
    Alberto López, presidente da asociación Xenerais da Bandeira , que serán os encargados de organizar o entroido 2022.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 31 min
  • TANXUGUEIRAS preparadas para o BENIDORM FEST, a previa da semifinal co eurofán José Manuel Bouzas.
    TANXUGUEIRAS estréanse hoxe no Benidorm Fest . Falamos co noso experto eurovisivo, o eurofán José Manuel Bouzas.
    "Hoxe Galicia e España enteira temos que aupar a Tanxugueiras, porque o merecen. Por calidade, por innovación, por creativide... Tanxugueiras a mellor opción das que están en concurso".
    "Onte filtrábase un minuto do ensaio, teñen unha posta en escena moi bonita, hai guerreiros celtas, hai imaxes de Galicia, carros de toxo. Algo totalmente diferente. RTVE sabe que Tanxugueiras arrasa en Europa".
    "Eurovisión é o evento musical europeo por escelencia e mobiliza a máis de 200 millóns de persoas. Tanxugueiras aporta cohesión, innovación, unha mensaxe de unidade, fixéronlle ver ao mundo que un pobo é máis rico canta máis riqueza cultural teña detrás...".
    As votacións serán durante os 15-20min posteriores á interpretacion da canción (o mércores 26 ás 22:40 a semifinal, e o sábado 29 ás 22:05, a final - ambas serán emitidas pola 1 de RTVE).
    A votación será por SMS ou chamando a un número de teléfono. As instruccións serán dadas polos propios presentadores durante as galas dos días mércores 26/01e sábado 29/01.
    Pódese votar en ambas votacións. Non hai ningún problema en facelo.
    As TANXUGUEIRAS son xa gañadoras por levar a cultura galega moi lonxe, imos loitar ata a última votación. Que non decaia o ánimo!!!!
    https://twitter.com/estefaniajett
    PRESENTACIÓN RTVE: https://www.rtve.es/play/videos/directo/canales-lineales/los-artistas-del-benidorm-fest-presentan-sus-canciones/3946/
    Entrevistas TANXUGUEIRAS: https://www.ivoox.com/tanxugueiras-salta-da-cama_sb.html?sb=tanxugueiras+salta+da+cama
    ESCOITAR TANXUGUEIRAS:
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=Hcd6CicBCUI
    ✔️Spotify: https://open.spotify.com/album/6Fmp4ZQ8Hr2p0faczXbfij?fbclid=IwAR3-a9jTn2qx0TAYNCQjuK8UDR6O_g-Ssr1FeQxTgQZzb6sevp09xm9M2uU
    ✔️Apple Music: https://music.apple.com/es/album/figa-single/1570573548?fbclid=IwAR23UgtrL1I_Vc4jzN5zwwhlzKK1TSAt0_ePGbAhUbv54a-Aq7fKq2MVTgA
    ✔️Amazon: https://music.amazon.es/albums/B096KD62Y7
    Programa "MIRA UNHA COUSIÑA": https://www.youtube.com/playlist?list=PLPluVUyg6SR0ALBTFKrlHU7fbAcwVSs-t
    Máis Información TANXUGUEIRAS:
    ✔️Páxina Web: https://tanxugueiras.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/Tanxugueiras
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/tanxugueiras/
    ✔️Twitter: https://twitter.com/Tanxugueiras
    Contratación PLAY PLAN:
    ✔️Correo: [email protected]
    ✔️Teléfono: [+34] 986 903 509
    ✔️Páxina Web: https://playplan.es/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PlayPlan.Cultural
    ✔️Twitter: https://twitter.com/PlayPlan_
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/playplan_/
    ✔️Spotify:
    https://open.spotify.com/playlist/6r7zywrhp2VjNoknKTC0JX?utm_source=embed_v2&;;;;go=1&play=1&nd=1
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    13 min
  • RICAS E FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do corazón 26-01-2022
    En "Ricas e Famosas" fago un repaso ás portadas das revistas do corazón de máis tirada en España, dun xeito divertido.
    Portadas das revistas:
    ✔️Hola: https://www.hola.com/
    ✔️Semana: https://www.semana.es/
    ✔️Diez minutos: https://www.diezminutos.es/
    ✔️Pronto: https://www.pronto.es/
    ✔️Que Me Dices: https://www.quemedices.es/
    ✔️Lecturas: https://www.lecturas.com/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    8 min
  • SALTA DA CAMA mércores 26-01-2022 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Radionovela “Os Incurabeis” Cap 65. Radiofusión Galega
    “RICASeFAMOSAS”, repasó con humor ás portadas das revistas do ❤️
    TANXUGUEIRAS estréase hoxe no Benidorm Fest, no seu camiño cara Eurovision Song Contest.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 25 min
  • FASES DAS RELACIÓNS DE PARELLA, explicadas pola psicóloga Verónica Barros de BARROS PSICOLOGÍA
    Así como as persoas cambiamos, aprendemos, crecemos e maduramos, tamén ocorre coas relacións de parella, e identificalo axudaranos a gozar plenamente da relación coa persoa elixida para compartir a nosa vida.
    Verónica Barros de Barros Psicología explícanos as diferentes etapas das relacións de parella.
    "Hai diferentes conceptos de parella, as fases das que falamos refírense a o amor clásico que no ámbito xeral temos todos idealizado, ao amor romántico".
    "Na primeira fase vemos todo como se tivéramos un filtro de Instragram. Hai unha frase que dí, non te cases namorado/a. Está frase refírese á primeira fase”.
    "As parellas van evolucionando ata a ruptura ao o reencontro, pasando polas fases de namoramento, coñecemento, convivencia, autoafirmación, crecemento e adaptación".
    As relacións de parella crecen, evolucionan e cambian, en función dunhas etapas ben diferenciadas e definidas. Isto explica por que non sentimos o mesmo cando pasaron uns anos de relación que cando nos coñecemos. Coñecer estas etapas das relacións de parella achéganos seguridade e tranquilidade na forma de enfocar as diferenzas, así como para resolver os conflitos ou sentimentos atopados.
    AS 6 ETAPAS DAS RELACIÓNS DE PARELLAS
    1️⃣ Namoramento
    O namoramento é unha das etapas das relacións de parella chea de emocións intensas, “bolboretas no estómago” e fortes desexos de permanecer xunto á persoa namorada. O desexo e a paixón, con ou sen actividade sexual, convértense nos ingredientes principais desta etapa, que fan aflorar unha intensa fantasía e creatividade, coa que sorprender á outra persoa.
    No namoramento toda a atención está posta nos aspectos comúns que comparten os namorados. Por tanto, o entendemento e a comprensión están presentes nos seus encontros, sen percibir apenas os aspectos que os diferencian como persoas distintas.
    Debido á maxia do momento, e dos encontros desexados, téndense a evitar as discusións e os conflitos. Por tanto, o comezo nas relacións de parella, é cunha etapa especial e apaixonante, de descubrimento do outro, o cal quereriamos que non se acabase nunca.
    2️⃣ Coñecemento
    Nesta segunda das etapas das relacións de parella, o namoramento dá paso ao coñecemento máis profundo e íntimo da outra persoa. E necesariamente, ao descubrimento das diferenzas e peculiaridades de ambos…
    Cada persoa, única e singular, empeza a mostrarse como é realmente, na súa totalidade e autonomía. Cada persoa empeza a compartir as súas experiencias e vivencias persoais. Xa non hai tanta idealización, senón que o encontro comeza a ser máis real.
    3️⃣ Convivencia
    A parella establécese como tal, tras un período de coñecemento de ambos, onde a atención principalmente estivo na proxección dunha vida en común e en proxectos. Decídese a compartir unha vida, desde a convivencia e o fogar elixido por ambos.
    A actividade sexual descende, debido á rutina, as responsabilidades e as cargas. O amor da parella exprésase de forma máis afectiva, respectuosa e en forma de apoio e entendemento por unha vida en común. Poden xurdir diferenzas na forma de resolver os conflitos e será necesaria a procura de acordos e negociacións.
    4️⃣ Autoafirmación
    Tras un tempo de convivencia, de desexar compartir todo, xorden as necesidades individuais, e a defensa das mesmas. É o momento de exporse facer actividades por separado, respectando o vínculo e compromiso establecido na parella. Nesta etapa poden xurdir conflitos debido a crises persoais non resoltas.
    É como un reencontro cun mesmo tras estar unha tempada centrados no outro e na relación de parella. Ao xurdir de novo as necesidades individuais, cada un dos membros da parella, decide centrarse en si mesmo, polo menos durante algúns momentos.
    5️⃣ Crecemento
    Chegados ata aquí, a parella decide profundar na súa relación, que se torna máis madura e estable. É o momento de tomar decisións como a de levar a cabo proxectos en común como ter familia.
    É unha etapa onde aparece de novo a ilusión, a emoción e o entusiasmo por compartir o que ambos decidiron crear. Por seguir construíndo entre os dous o seu futuro e proxecto de vida xuntos.
    6️⃣ Adaptación
    A vida segue, e danse os cambios, se a parella adáptase a estes, consolídase e madura. É un momento para a parella de consolidación ou ruptura, xa que se cuestionan a escala de valores persoais e a compartida. Xorden novos intereses debido aos cambios, como a independencia dos fillos, a xubilación, enfermidades, etc..
    Pode ser unha das etapas de relacións de parella de re-encontro, xa que as esixencias, responsabilidades e cargas da vida son menores, e podemos volver centrarnos na parella, para compartir novos proxectos, como foi no principio da relación.
    ⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
    Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
    ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    19 min
  • SALTA DA CAMA martes 25-01-2022 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Verónica Barros de Barros Psicología danos consellos para coñecernos e entendernos mellor.
    Radionovela “Os Incurabeis” Cap 64. Radiofusión Galega
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 24 min
  • En que consiste o traballo dun COMMUNITU MANAGER?, Lorena Penas, de ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN, explícanolo.
    No Día Internacional do Community Manager contamos con Lorena Penas, xerente de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica a axudar ás empresas a xestionar as súas redes sociais. Publicidade, blogs, redes sociais, e-comerce, e unha moitos máis servizos dirixidos ao mundo dixital.
    "O día do Community Manager ten máis de 24 horas. Atender á comunidade dixital, moitas veces excede o horario laboral".
    "A organización é un factor clave para o cumprimento da estratexia e o logro dos obxectivos".
    "Escribir un artigo para a nosa páxina ou para un post, non se fai en 5 minutos. É moi importante a redacción para obter visibilidade".
    Que fai o Community Manager?
    ✔️️️️ ️️Crea e xestiona contidos. Este é o pan de cada día.
    ✔️️️️Comunícase constantemente coa comunidade: Responde a usuarios e crea
    audiencias.
    ✔️️️️ Humaniza a marca e xera valor agregado para fortalecer o compromiso.
    ✔️️️️ Analiza e monitorea o rendemento da estratexia para Social Media
    ✔️️️️Planifica accións de márketing dixital
    Como é o dia do Community Manager?
    1️⃣ Revisar as interaccións.
    Un bo Community Manager inicia o día revisando as interaccións que obtivo en redes sociais. Isto inclúe mencións, comentarios, publicacións e novos seguidores.
    Este momento é propicio para responder os usuarios.
    2️⃣ Crear contido.
    O día do Community Manager está dedicado en case 50% á produción de contido.
    Ben sexa recibindo fotografías, gráficas, vídeos ou podcast; creando historias para instagram ou rexistrando con cámara en man todo o que ocorre na empresa para conseguir material novo, que humanice á marca e agrade aos seguidores.
    En ocasións, o CM tamén redacta artigos no blogue, para atraer tráfico ao sitio web desde as redes sociais.
    3️⃣Tuitear e retuitear.
    Twitter é a rede social con máis movemento de todas. O Community Manager que manexe contas nesta plataforma, debe tuitear polo menos tres veces ao día. Sen contar os retuits. De acordo á natureza da conta, varía o tempo que o CM debe dedicar a Twitter. Por exemplo, se a empresa está vinculada con noticias ou situacións do día, é necesario estar pendente a cada momento.
    4️⃣ Postear en facebook.
    O seguinte no día do Community Manager é postear en Facebook. De acordo ao tipo de empresa, o número de publicacións ao día pode variar.
    Facebook é unha rede social que funciona para empresas só se hai investimento. O seu algoritmo está configurado para dar maior visualización aos contidos pagos.
    De modo que algunhas empresas distribúen o seu orzamento en dous ou tres publicacións semanais.
    Pero hai outras que teñen unha comunidade importante en Facebook e por tanto, soben contido todos os días. Aínda que pauteen só un ou dous post por mes.
    5️⃣ Xerar contido para outros compoñentes da estratexia.
    E por outros compoñentes referímonos a outras redes sociais de importancia, como Instagram, Linkedin, Pinterest, Youtube, Tik Tok.
    6️⃣ Avaliar indicadores.
    A única forma de medir o rendemento da estratexia de Social Media, é medir constantemente os KPI’ s de cada plataforma. Deste xeito, o Community Manager realiza os seus balances diarios, reportes semanais e informes mensuais sobre o crecemento das contas.
    7️⃣ Atender conversacións.
    A redes sociais convertéronse en comunidades que conectan marcas con clientes.
    Esta proximidade xera espazos para o diálogo. De feito, o crecemento dunha marca, hoxe en día, depende en gran medida da empatía que teña cos seus seguidores.
    De aí a importancia de ler e responder os comentarios, publicacións e mencións da túa comunidade. Isto depende en gran medida do manual de estilo que manexe a empresa.
    8️⃣ Monitorear a competencia e o sector
    Unha boa xestión de redes sociais, avalía os movementos da competencia. O día do Community Manager debe dedicar algunhas horas para revisar as novidades do sector, as tendencias e as accións doutras empresas do rubro.
    Con todos estes datos, o CM poderá propoñer melloras para a estratexia de Social Media.
    9️⃣ Programar publicacións para o día seguinte.
    Por último e máis importante, o Community Manager debe programar contido para datas posteriores. Deste xeito aforra tempo importante que utilizará para outras tarefas.
    Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    Máis Información e outras entrevisas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    15 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!