Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Tomi Legido, AC República Musical Madri Gras presenta disco: "Para o CD chegaron máis de 30 cancións".
    A Asociación Cultural República Musical Mardi Gras presenta un disco recopilatorio con 20 bandas e solistas.
    Falo con Tomi Legido.
    "A orde das cancións é moi importante neste CD. Podemos atopar diferentes estilos, en castelán, inglés e galego".
    "O acto de presentación sirveu para que se vira moita xente que non se vía dende facía moito tempo, foi moi emotivo".
    "Nun primeiro momento fixemos 1.000 copias do disco e antes de subilo ás plataformas dixitais queremos vendelas para recadar cartos para axudar ao sector da música".
    "Este CD non sería unha realizade sen os socios/as da Asociación Cultural República Musical Mardi Gras".
    O disco foi masterizado en A Coruña pola empresa local Microrec e contou co deseño gráfico de Isaac Peces, tamén Dj. que visita con frecuencia o cirduito de salas galegas. A variedade musical é unha das características do Cd que comeza coa rockeira Arriba Coruña de La Banda del Camión e péchase con Mardi Café, de Las Antonias, homenaxe á sala Mardi Gras. Estas son as vinte bandas e artistas que fixeron posible o lanzamento do disco: La Banda del Camión, 7 Puertas, Superfuzz, Vincent Black Shadow, Dagla, Tunduru, Elman, Punk para Perretes, Furacán, Cloaca, Mar de Fondo, Zénzar, Apolo Colective Club César de Centi, Silvia Penide, Paris Joel, Devalo, Zabala e Las Antonias.
    Dentro do disco hai un texto de presentación e unha serie de agradecementos. Tamén o fotógrafo César Quián cedeu unha fotografía de Jaime Manso, falecido dono da mítica tenda de discos "Portobello" que aparece no interior do libreto como persoa que máis Cds de Música local vendeu na historia, ademais de por outras moitas virtudes. Nos agradecementos faise referencia a Yolanda Villa, dona de Mardi Gras, a Cristina do Bâbâ bar e a Nonito Pereira, outras persoas clave na música da Coruña.
    A recadación lograda coa venda dos discos, financiada coas cuotas de socios e aportacións, será destinada a crear o Fondo de Anticipos Republicanos, un sistema de adianto de cartos a profesionais do sector da música que pretende funcionar ao longo do tempo para axudar a aqueles que vexan que os pagos van chegar tarde e precisen os cartos con urxencia.
    Puntos de venda do disco:
    Correo eléctronico: [email protected]
    Rock Box (Pérez Cepeda)
    Psicodelia (Rúa Nova)
    Re Read (San Andrés)
    La Galleta Music Shop (Estrecha San Andrés)
    Cervecería Creedence Rock (Manuel Murguía)
    Bar Chaflán (Antonio Viñes)
    Café Doré (Ronda de Nelle)
    The Black Dog Tavern (Ciudad Vieja – Colegiata)
    Confitería cafetería Migas (Calle Torre 102)
    Kirei Estética y bienestar (Zalaeta 11 bajo D)
    Admon de Fincas Novo Mesoiro (Avda Novo Mesoiro 28)
    Estes puntos de venda seguiranse ampliando.
    ✔️AC REPÚBLICA MUSICAL MARDI GRAS é un proxecto colaborativo que inclúe a protección das salas coruñesas, agrupadas na campaña #ApoyaTuSala (Mardi Gras, Jazz Filloa, Garufa Club, e o propio Bâbâ, pechado xa). A plataforma como todos os proxectos culturais crece e evoluciona propoendo outro tipo de actividades culturais.
    Máis Información AC REPÚBLICA MUSICAL MARDI GRAS:
    ✔️Correo eléctronico: [email protected]
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/AC-Rep%C3%BAblica-Musical-Mardi-Gras-102081098377359/about/?ref=page_internal
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/republicamusicalmardigras/
    ¿QUE DEBO FACER SE QUERO SER SOCIO/A?
    1º Cubrir este formulario: https://bit.ly/3pwHwrP
    2º Pagar a cota. No propio formulario está o número de conta. Son 10€ de cota de alta na asociación (isto págase só a primeira vez) + 20 de cota de 2021.
    Se ingresas máis dos 30 euros considérase Donativo para a asociación.
    En caso de pago de cota familiar (está explicado no formulario) podes indicalo nun correo electrónico.
    E con iso xa serás socia ou socio desta República.
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    21 min
  • Felipe Souto, unha foto súa foi galardoa coa medalla de ouro no TRIERENBERG SUPER CIRCUIT, os "Oscar da fotografía".
    Felipe Souto, veciño da Estrada (Pontevedra), traballa como bombeiro, pero sentiu paixón pola fotografía e as viaxes. Tanto que acabou estudando fotografía artística na Escola de Arte da Palma e na escola Grisart de Barcelona. Só presentouse a catro concursos na súa vida, pero xa ten varios premios no seu palmarés (ver ligazóns ).
    Un destes premios é o pretixioso galardon Trierenberg Super Circuit, para moitos os "Oscar da fotografía". No que ven de recibir a medalla de ouro por unha fotografía da aurora boreal sobre o ceo das illas Lofoten, en Noruega. Unha danza de luces verdes sobre os picos nevados.
    O estradense comparte o seu traballo a través da súa conta de Instagram (ver ligazóns ), repleta de destinos exóticos como Myanmar ou Vietnam, pero tamén de recunchos de Galicia. Coas imaxes de paisaxes, conviven tamén as de retrato, que mostran a cultura local dos países onde viaxa.
    "Gústame a fotografía en xeral, sobre todo a de viaxes e particularmente o retrato".
    "Para sacar unha boa fotografía nocturna hai que ter un bo ceo con escasa contaminación lumínica, aquí en Galicia é complicado porque hai moitos nucleos de poboación e a aparición de parques eólicos están dificultando que a contaminación lumínica sea escasa".
    "Gústanme moito os países asiáticos para facer retratos e os países do círculo polar ártico para fotografía de paisaxe pola luz que teñen".
    "Non son de presentarme a concursos pero é unha honra que xurados de tantísimo nivel recoñezan o meu traballo, indica que estás indo polo bo camiño no que a fotografía artistica de paisaxe se refire".
    Máis Información FELIPE SOUTO:
    ✔️Páxina Web: https://www.felipesouto.net/
    ✔️500px: https://500px.com/p/felipesoutosangiao?view=photos
    ✔️1x: https://1x.com/felipesoutophoto
    ✔️Pinterest: https://www.pinterest.es/jfsousan/_saved/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/felipe.soutophoto.501
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/felipesoutophoto/
    ✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/felipe-souto-sangiao-50a23a21/?originalSubdomain=es
    Máis Información PREMIOS DE FOTOGRAFÍA:
    ✔️TRIERENBERG SUPER CIRCUIT: https://www.supercircuit.at/Home
    ✔️FOTORAPA: http://www.rapadasbestas.gal/
    ✔️THE EPSON INTERNATIONAL PANO AWARDS: https://thepanoawards.com/
    ✔️PHOTOPILLS AWARDS: https://www.photopills.com/es/awards
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    21 min
  • SALTA DA CAMA venres 30-04-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Tomi Desastre o disco da “ A.C. República Musical Mardi Gras ” é unha realidade.
    Felipe Souto ven de ser galardoado cunha medalla de ouro no certame Trierenberg, os Oscar da fotografía.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077
    ☎️: 986675149
    WhatsApp: 644165966
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 40 min
  • Paula Quintas, bailarina e pedagoga DÍA MUNDIAL DA DANZA:
    PAULA QUINTAS é codirectora do Festival Corpo(a) terra e traballa coa pedagoxía da danza en Danza Alfaia, cunha liña de investigación contemporánea contorna ao corpo e lineas alternativas de aprendizaxe en Santiago de Compostela. Ademais é especialista en Técnica Laban impartindo talleres en diferentes conservatorios.
    Licenciada na Universidade de Santiago de Compostela en Historia da arte, presentando o seu proxecto final de carreira en Body Art e vídeo-creación, graduada en Trinity Laban en Danza contemporánea e diplomada en National Centre for Circus Arts Londres.
    É Máster en Artes escénicas coa proposta de investigación “Filosofía e estética do corpo no circo coreografiado” pola Universidade Rey Juan Carlos - URJC (Madrid) 2019-2020, o cal continuará cun proxecto de tese doutoral en 2021-2022.
    Os seus últimos espectáculos como creadora son Multiperspectivas (2021), Nina Ninette (2021), SET (2020), Alma ( non é hippie) (2019), Plastic (2018), Analepsis (2017), Up2 down (2015). Forma parte da compañía trasPediante.
    "A Danza é a expresión artística do corpo, arte do movemento para transmitir a través do corpo aos espectadores".
    "A expresion do corpo non ten ningún tipo de idade nin de limitación".
    "O certame 6 Coreógrafas nace da necesidade de dar visibilidade ás grandes creadoras que temos en Galicia".
    "Na Estrada traballamos en achegar a danza a novos públicos, estamos fascinados coa acollida que tivo o certame de danza contemporanea na Estrada e agardamos que haxa unha segunda edición".
    "Na Estrada hai moita cultura e unha apertura mental cara a cultura, para min é un pracer impartir aulas aquí".
    "Na Estrada hai un potencial expresivo moi elevado, estamos facendo un traballo moi profesional na Escola Municipal de Artes Escénicas".
    Máis Información PAULA QUINTAS:
    ✔️Páxina Web: https://www.paulaquintas.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/pau.quintassantos
    ✔️Twitter: https://twitter.com/qpausantos
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pauquintass/
    ✔️Vimeo: https://vimeo.com/user10312639
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCm4eAixxHV9NVTGnEgN-8KA
    ✔️Pinterest: https://www.pinterest.es/pauquintassanto/_saved/
    A ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES ESCÉNICAS da Estrada, naceu no ano 2012, a partir do que era a antiga Escola Municipal de Teatro. É unha institución dependente da Fundación Cultural da Estrada que dende a súa creación no ano 2002, formou parte dun marco estratéxico de promoción e difusión das artes escénicas na vila.
    O antecedente da Escola foi a creación no ano 1996 da compañía de teatro afeccionado TEATRO dos TIRINAUTAS, que durante os seus 10 anos de vida, axudou a dar unha alternativa de ocio a moita xente da localidade, e a divulgar a obra de escritores da comarca coma Varela Buxán, Neira Vilas ou Manuel García Barros.
    Na memoria colectiva aínda pervive aquela “Ensalada de Mosquito” do ano 2003 con 12 funcións consecutivas a teatro cheo e máis de 4.500 espectadores; unha peza que facilitou a entrada na Rede de Teatro Profesional do IGAEM desta nova compañía de actores estradenses.
    Docentes e profesionais do teatro da talla de Anabell Gago, Xosé Lueiro, Artur Trillo, Nuria Montero, Nuria Sanz, Manuel Lourenzo, Mónica de Nut, Arturo Cobas “Nono”, Fiona Bernárdez, Cándido Pazó ou Cristina Domínguez viñeron colaborando no proxecto docente da institución dando alento escénico a pezas de Molière, Cervantes, Carlos Casares, Vidal Bolaño, Lorca, Labiche, Sergi Belbel, Anton Chèjov ou Bertolt Brecht entre outros.
    No ano 2012, e dado o carácter multidisciplinar do teatro contemporáneo, a Escola Municipal de Teatro, decidiu diversificar a súa oferta didáctica para ofrecerlle ao alumnado unha formación o máis integral posible, incluíndo na súa programación, clases de danza, de voz e de clown. Esta última disciplina é un vestixio do que foi a antiga Escola de Circo, que este ano 2012 decidiu fundirse coa Escola de Teatro e reimpulsar un novo proxecto docente.
    Paralelamente á actividade docente, a Escola ten asignada unha unidade de produción propia coa finalidade de medir ás novas remesas de actores diante do público, e tamén organizou durante os anos 2009, 2010 e 2011 un certame de teatro afeccionado, no que os alumnos da escola puideron interaccionar con outras compañías galegas.
    Máis Información ESCOLA MUNICIPAL de ARTES ESCÉNICAS:
    ✔️Páxina Web: http://www.emae.aestrada.gal/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    17 min
  • Ricas e Famosas, repaso ás portadas das revistas do corazón 29-04-2021
    En "Ricas e Famosas" fago un repaso ás portadas das revistas do corazón de máis tirada en España, dun xeito divertido.
    Hoxe colabora unha visita inesperada.
    Portadas das revistas:
    ✔️Hola: https://www.hola.com/
    ✔️Semana: https://www.semana.es/
    ✔️Diez minutos: https://www.diezminutos.es/
    ✔️Pronto: https://www.pronto.es/
    ✔️Que Me Dices: https://www.quemedices.es/
    ✔️Lecturas: https://www.lecturas.com/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    11 min
  • SALTA DA CAMA xoves 29-04-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    RICAS E FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do ❤️
    Paula Quintas Santos bailarina e pedagoga DÍA MUNDIAL DA DANZA
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077
    ☎️: 986675149
    WhatsApp: 644165966
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 29 min
  • David Castellanos, Enxeñeiro Técnico Forestal. PREPARACIÓN DUNHA HORTA:"Iremos vendo como crecen os nosos cultivos".
    David Castellanos é Enxeñeiro Técnico Forestal, experto en Xestión de Explotacións, e vainos achegar cada 15 días consellos para ir preparando a nosa horta dende cero.
    Neste primeiro programa comezamos a preparar o terreo para ter unha boa zona de cultivo.
    "Hai moita xente que volveu ao campo e quere cultivar nun pequeno terreo".
    "É moi importante planificar o tipo de cultivo que queremos facer para decidir a orientación da nosa horta".
    "Debemos saber se a terra estivo traballada ou non para saber se temos que arar, airear, sachar ou incorporar materia orgánica a nosa horta".
    "Hai hortas de moitos tipos, pero se podemos é mellor ter os cultivos organizados e con espazo para poder pasar a pé ou con unha carretilla".
    CONSELLOS:
    ✔️Escoller onde imos a cultivar:
    Boa Isolación
    Resgardada do vento e do norte
    ✔️Tipo de solo que temos:
    Aereoso
    Arcilloso
    Libre de maleza
    Foi traballada ou non
    ✔️O terreo ten que estar húmido
    ✔️Planificación do espazo.
    O ideal é facer bancales, a rás ou elevados.
    Bancales de un metro de ancho.
    Separación entre bancales 50cm para traballar a pé e un 1m para pasar
    con catretilla.
    ✔️Abonar, mellor sempre con abono orgánico.
    Máis Información DAVID CASTELLANOS:
    ✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/david-castellanos-iglesias-a6358b3b/?originalSubdomain=es
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    16 min
  • Ana Fondevila:"A diario estamos expostos a moito ruido e é moi perxudicial". DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACION SOBRE O RUI
    Ana fondevila de Federópticos Fondevila, Diplomada en Óptica e Optometría pola Univarsidade Europea, Titulada Superior en Audioloxía Protésica e cun Máster en Audiología Clínica e Terapia da Audición fálanos dos perigos do “RUIDO”.
    "Os osiños que temos no oido son os máis fráxiles do corpo, temos que coidalos".
    "O ruído considérase nocivo a partir de 80 decibelios".
    "A exposición ao ruido vaise sumando ao longo do día e causa moitos transtornos no noso organismo, non só no afecta ao oido.”.
    No ano 1996, o Centro para a Audición e Comunicación ( CHC) fundou o Día Internacional da Concienciación sobre o Ruído, para alertar e crear conciencia na poboación sobre os riscos que ten o ruído para o trastorno auditivo e o seu impacto na saúde.
    Este día pretende chamar a atención e incentivar ás institucións públicas e privadas a informar os cidadáns dos perigos que xera a exposición ao ruído a longo prazo, así como a convidar as persoas a realizarse probas auditivas.
    Só somos conscientes dunha parte dos efectos que produce o ruído na nosa contorna. Por exemplo, cando non podemos durmir ou cando hai un ruído forte puntual. Moitas veces deixamos pasar estas molestias, o cal vai causando unha deterioración progresiva na nosa saúde física e mental, ao estar sometidos a niveis de ruído constantes.
    Efectos causados polo ruído no organismo:
    ✔️Socioacusia (déficit auditivo provocado polo ruído ambiental).
    ✔️Cambios na regulación do sistema nervioso central.
    Cefalea.
    ✔️Alteración do soño.
    ✔️Tensión.
    ✔️Alteracións momentáneas na conduta, como irritabilidade.
    ✔️Fatiga, neurose e depresión.
    ✔️Alteración do sistema circulatorio e dixestivo.
    ✔️Aumento de secreciones hormonais ( tiroides e suprarrenales).
    ✔️Disfunción sexual.
    Esta problemática, lonxe de solucionarse, foi en aumento e é por iso que moitas institucións, organizacións e particulares únense cada ano para expresar a súa preocupación e xerar conciencia nas persoas.
    Máis Información FEDERÓPTICOS FONDEVILA:
    ✔️ Páxina Web: https://opticafondevila.com/
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/opticafondevila
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/federopticos_fondevila/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    18 min
  • MASTERCHEF 9, resumo do programa 3, momentos estelares, expulsados...
    Só quince elixidos, de entre as miles de persoas que se presentan ao casting, competen polo título de MasterChef España.
    O gañador recibe un premio de 100.000 euros en metálico, a publicación dun libro coas súas receitas e unha formación na escola de alta cociña no Basque Culinary Center.
    Ás probas de selección, cooordinadas pola directora de casting de Shine Iberia, son por todo España, presentádose profesionais de todo tipo, desde altos executivos ata amas de casa ou obreiros da construción. A todos os candidatos uníalles a súa paixón por cociñar. Debían ser cociñeiros amateurs pero «moi cualificados» en todos os casos, aínda que non traballasen no mundo da cociña.
    A terceira entrega de MasterChef 9, emitida o martes 27 de abril, terminou cunha nova expulsión. Álex, o xestor deportivo de Barcelona, viuse obrigado a deixar o seu mandil e dicir adeus ás cociñas do ' talent show' da 1.
    Máis Información MASTERCHEF:
    ✔️Páxina Web: https://www.rtve.es/television/masterchef-9/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/masterchefespana/
    ✔️Twitter: https://twitter.com/MasterChef_es
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/masterchef_es/
    ✔️Campamentos Masterchef: http://www.campamentosmasterchef.com/
    ✔️Escuela Marterchef: https://www.escuelamasterchef.com/
    ✔️Videos Clases de Masterchef: https://www.rtve.es/television/masterchef/2013/clases/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    4 min
  • SALTA DA CAMA mércores 28-04-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Ana Fondevila Alvarez de Federópticos Fondevila explícanos como coidar o noso oido no DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO RUIDO
    David Catellanos axúdanos a preparar unha HORTA dende o princípio.
    SERFEGA a Asociación de Empresas de Servizos de Festas de Galicia concéntranse hoxe diante do Parlamento de Galicia.
    Resumo de MasterChef España , como evoluciona o concurso, a quen expulsaron...
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077
    ☎️: 986675149
    WhatsApp: 644165966
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 37 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!