Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Verónica Barros, BARROS PSICOLOGÍA. Como REDUCIR O ESTRÉS: "Temos tantas preocupacións que nós provocan un bloqueo".
    A psicóloga Verónica Barros fálanos da relación que existe entre o Cortisol e o estrés e como podemos rebaixar o estrés e o Cortisol no noso día a día.
    O Cortisol (ou hidrocortisona) é unha hormona esteroide do grupo dos glicocorticoides, producida na glándula adrenal. Libérase en resposta ao estrés e a baixos niveis sanguíneos de glicocorticoides. As súas funcións principais son incrementar os niveis de azucre en sangue estimulando a glicoxenólise; suprime o sistema inmunitario; e intervén no metabolismo das graxas, proteínas e carbohidratos. Ademais, fai diminuír a formación de tecido óseo.
    EFECTOS DO CORTISOL
    ✔️Insomnio
    ✔️Aumento de peso
    ✔️Lapsus de memoria
    ✔️Pérdida masa muscular
    ✔️Menstruación irregular
    "A situación que estamos a vivir fai que teñamos un exceso de preocupacións, que nós provocan un bloqueo".
    "O Cortisol non se vai por si mesmo, temos que modificar os nosos hábitos diarios".
    "A alimentación e o exercicio son fundamentais para a reducción natural do Cortisol".
    "O móbil , tablet ou ordenador non poden ser a principal ferramenta que temos para relaxarnos".
    ‍⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
    Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
    ✔️Páxina Web: https://www.barrospsicologia.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    13 min
  • A conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, mantivo unha reunión cos autónomos.Suso Dieguez, secretario de AGTAMAR.
    Onte mesmo a conselleira María Jesús Lorenzana, xunto a outros altos cargos do seu departamento, mantivo un novo encontro cos representantes de sindicatos, patronal e organizacións de autónomos para deseñar os criterios de repartición do III Plan de Rescate impulsado polo goberno central. Unha vez modificado o último REAL DECRETO-LEY, 5/2021, DO 12 DE MARZO, polo executivo, ábrese a posibilidade de acceso ás axudas directas ás empresas de calquera sector, e non só ás do centenar de actividades que o Executivo identificou nun primeiro momento como as máis afectadas pola crise.
    Nesa reunión estivo Suso Diéguez, sercretario de AGTAMAR - UPTA, que nós explica o que se falou nese encontro, despois de que A Xunta, a través da Consellería de Emprego, rubricase o convenio co Ministerio de Facenda e a Axencia Tributaria que permitirá á comunidade recibir os 234,47 millóns de euros que o Goberno lle asignou dentro do plan de axudas directas ás empresas. Un diñeiro que o Executivo autónomo espera recibir de forma "inmediata", prevendo aprobar durante o mes de maio a orde que regulará a distribución dos fondos entre os autónomos e as pemes galegas.
    "A modificación do Real Decreto da competencias á Xunta para incorporar novos códigos de actividades con dereito a axudas".
    "Foi unha primeira reunión, na que a Xunta fixo unha primeira proposta".
    "Queremos unha seguridade xurídica na que as actividades se consideren como especialmente afectadas según a caída de facturación ".
    "Os autónomos estamos relativamente satisfeitos co esforzo que fixo a Xunta ata o de agora".
    AGTAMAR xorde para superar o déficit de representación e interlocución social do colectivo de autónomos existentes desde sempre no sistema económico, nos últimos anos factores como os cambios nos sistemas produtivos e nas relacións laborais, así como o movemento migratorio, fixeron que o colectivo experimentase un importante crecemento na nosa Comunidade Autónoma.
    AGTAMAR está integrada na Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de España ( UPTA); unha organización intersectorial que atende a todos os ámbitos de actividade económica que se exercen por conta propia. A súa prioridade é a organización de autónomos propiamente independentes; é dicir, que non teñen traballadores ao seu cargo, así como ás microempresas de ata seis traballadores, xa que constitúen o sector maioritario e o máis diseminado organizativamente.
    Máis Información AGTAMAR:
    ✔️Páxina Web: https://agtamar.es/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/agtamar.galicia
    ✔️Twitter: https://twitter.com/gagtamar
    UPTA constituíuse como organización con vocación de representar e defender os intereses sociais, profesionais e económicos dos autónomos do noso país. Pero igualmente, UPTA creou unha organización en cada Comunidade Autónoma, como suma de toda a rede asociativa existente no territorio, establecendo a interlocución necesaria ante a Administración Autonómica.
    Desta forma, UPTA España é definitivamente a estrutura acumulativa das diferentes unións autonómicas existindo, ademais, asociacións de carácter sectorial e ámbito estatal que se integran directamente.
    En xuño de 2011, o Ministerio de Traballo e Inmigración, a través de Dirección Xeral da Economía Social, do Traballo Autónomo e da RSE, recoñece mediante Resolución da Comisión de Representatividade á Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos como entidade máis representativa do colectivo de traballadores autónomos españois
    Máis Información UPTA:
    ✔️Páxina Web: https://upta.es/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/UptaEs/
    ✔️Twitter: https://twitter.com/upta_es
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    19 min
  • SALTA DA CAMA martes 27-04-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Suso Dieguez, secretario de Agtamar Galicia UPTA España. Os autónomos galegos reuníronse onte coa Conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
    Verónica Barros de Barros Psicología achéganos consellos para mellorar a nosa saúde mental.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077
    ☎️: 986675149
    WhatsApp: 644165966
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 36 min
  • Soledad Torres, vicepresidenta da ASOCIACIÓN NÓS MESMAS: "Queremos que nós respeten".
    Falamos con Soledad Torres, vicepresidenta da ASOCIACIÓN NÓS MESMAS para conmemorar o DÍA DA VISIBILIDADE LÉSBICA coa finalidade de que todas as mulleres con preferencias sexuais diferentes, sexan respectadas, valoradas e poidan gozar dos mesmos espazos na sociedade, sen que exista cara a elas ningún tipo de discriminación.
    Resulta fundamental educar á sociedade en xeral sobre o que significa ser e sentir dunha forma diferente e aprender a respectar e valorar ás persoas sen importar a súa raza, a súa relixión ou preferencia sexual.
    En moitas partes do mundo a sexualidade é aceptada dunha maneira natural, con todo aínda existen culturas onde as crenzas, os estigmas e prexuízos seguen existindo e, por esta razón, moitas persoas teñen que vivir condenadas á discriminación.
    Lamentablemente, esa é a triste realidade de miles de mulleres pertencentes á comunidade LGBT de moitos países onde socialmente está mal visto esta orientación, a cal é condenada tamén pola igrexa, que considera esta conduta ou preferencia sexual como pecaminosa.
    Todos os seres humanos son libres de elixir a quen amar, é un dereito universal que non pode ser aliñado nin estigmatizado, con todo, moitas persoas hoxe teñen que enfrontar o rexeitamento e a non aceptación pola súa condición ou preferencia sexual.
    "O que está a acontecer nas redes é seriamente preocupante, hai violencia , insultos e ameazas de violación contra as mulleres que se identifican como lesbianas ou bisexuais".
    "Reinvindicamos espazos seguros e espazos de libertade para todas".
    "Vivir como persoa minorizada é moi dificil porque é máis dificil atopar persoas que compartan a túa visión do mundo".
    ACTIVIDADES 26 abril, DÍA DA VISIBILIDADE LÉSBICA :
    26/04 20h Cineforum online Documental "LESBOFOBIA UN DOCUMENTAL y 10 RESPUESTAS" de Creacion Positiva e coloquio posterior ( para acceder contacta a través das ligazóns da asociación )
    Presentación do documental con María Luísa García, de Creación Positiva, e coloquio sobre o documental e as reivindicacións lésbicas.
    26/04 19h Acción de rúa. Pásate ás 18h pola sede e súmate á acción que terá lugar na Rúa Principe.
    27/04 19.30h Conversas con... A panadaría en directo de Instagam ( @asociacion_nosmesmas )
    E segue atenta as redes porque haberá máis!!!
    ➡️ Nós Mesmas naceu no 2008 da man dun grupo de mulleres novas que querían mudar a situación de invisibilidade e en moitos casos de desprotección, que vivían por ser lesbianas e bisexuais.
    Baixo o lema "polos dereitos das mulleres lesbianas e bisexuais" comezaron unha andaina que agora, despois de 13 anos, ten moita historia, moitas luitas e moitos avances acadados.
    É unha organización feminista, asamblearia, que pretende contribuir a construcción de vías alternativas de pensamento e acción para acadar as condicións necesarias para o exercicio e pleno disfrute por parte das mulleres LBTIQA
    Máis Información Asociación NÓS MESMAS:
    ✔️Páxina Web: http://asonosmesmas.blogspot.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/asociacionnosmesmas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/Nosmesmas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/asociacion_nosmesmas/
    ➡️ CREACIÓN POSITIVA é unha entidade feminista recoñecida como entidade de utilidade pública de ámbito estatal que naceu o 2001 en Barcelona. As súas accións van dirixidas a facer efectivos o dereito á saúde sexual, a vivir unha vida libre de violencias, a unha vida digna, acompañando ás persoas para facilitar o acceso a estes dereitos a través da atención directa centrada no coidado e a autonomía, a sensibilización, a prevención e a incidencia política.
    Máis Información CREACIÓN POSITIVA:
    ✔️Páxina Web: https://www.creacionpositiva.org/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/CreaPositiva
    ✔️Twitter: https://twitter.com/CreaPositiva
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/creapositiva/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    10 min
  • Lorena Penas, ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN. Hoxe "MARKETING DE INFLUENCERS".".
    Lorena Penas é a socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital.
    Hoxe falamos da utilización do MARKETING DE INFLUENCERS:
    "O alcance das publicacións é moi importante para a contratación de influencers".
    "As empresas contan con influencers para ser creibles e ter un forte posicionamento".
    "Dende o 1 de xaneiro entrou en vigor o código de conducta dos influencers nas redes".
    Sendo transparentes e honestos, as vantaxes que nos pode reportar esta tipoloxía de márketing son moitas e moi variadas.
    1️⃣Micro-segmentación. En primeiro lugar, permítenos xogar cunha segmentación avanzada, xa que adoita haber unha correlación entre os produtos que vende unha marca e a conta ou usuario que os inclúe no seu contido. É dicir, un influencer cunha liña temática de nutrición, será obxecto de desexo de marcas de diferentes produtos alimenticios ou utensilios de cociña. Por tanto, tamén nos diriximos a un público moi concreto.
    2️⃣Credibilidade. A través dun creador de contidos podemos mostrar os produtos da nosa casa dunha maneira máis amigable xa que, nun principio, os centos (ou miles) de usuarios que o seguen confían na súa opinión e por iso, tamén achega credibilidade.
    3️⃣Notoriedade. Traballar cun creador de contido respectado e recoñecido fará que o valor da túa marca aumente, aínda que non sexa o teu principal obxectivo.
    4️⃣Aumento de vendas. En relación á credibilidade, se esta aumenta, en xeral tamén o farán as vendas. Unha boa reputación de marca fará que os teus clientes potenciais confíen en ti.
    Así que, desde un punto de vista empresarial, se queremos aproveitarnos das vantaxes do márketing de influencers, debemos ser éticos e primar a publicidade veraz, legal e respectuosa co consumidor.
    Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    Máis Información e outras entrevisas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    12 min
  • Amador Porta,vicepresidente de SERFEGA,Empresas de Servizos de Festas de Galicia:Non nós reciben, iremos ao Parlamento.
    Amador Porta da Polbería Porta é o vicepresidente de SERFEGA, asociaciación de empresas cuxa actividade se basea en ofrecer servizos nas festas de Galicia. Entre os seus asociados hai orquestas e empresas de espectáculos pero tamén moitas outras empresas que tamén viven das festas e que están a sufrir especialmente os efectos da pandemia. Como as polbeiras, as empresas de alugueiro de carpas ou de xeradores eléctricos, os bares ambulantes, as imprentas ou as pirotecnias.
    Dende fai máis dun ano intentan reunirse coa Xunta de Galicia para, entre todos facer un plan de acción para os traballadores das festas de Galicia, pero ninguén os recibe.
    Este mércores día 28, duascentas persoas concentraranse diante do Parlamento de Galicia dende as 9h ata as 12h, para pedirlle á Xunta de Galicia o rescate do sector servicios das festas de Galicia.
    "Estamos peor que fai un ano, non cumpriron ningunha das promesas que nós fixeron antes das eleccións".
    "Na reunión de outubro xa non había tanto compromiso co sector e dende aquela non nós volveron a recibir".
    "Queremos planificar un protocolo para facer viable a celebracións das festas, como se fai noutras comunidades".
    "son máis de 4.000 persoas as que viven das festas".
    "Levamos un ano sen poder traballar e a estas alturas non sabemos se poderemos traballar este ano".
    "Non dos dan solución, nin nós reciben".
    Información SERFEGA:
    ✔️Páxina Web: https://www.serfega.com/
    Información POLBERÍA PORTA:
    ✔️Páxina Web: https://www.pulperiaporta.es/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/pulperiaportacatering
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pulperiaportacatering/
    ☎️ +34659908745
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    13 min
  • SALTA DA CAMA luns 26-04-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Falo con Amador Porta ( Pulperia Porta Catering ) el é o vicepresidente de #SERFEGA (Servicios de Festas de Galícia), que o vindeiro mércores se concentrarán diante do Parlamento de Galícia para reclamar o seu dereito a traballar.
    Sole Torres, vicepresidenta de Aso Nosmesmas hoxe conmemórase o Día da Visibilidade Lésbica.
    Lorena Penas de Actualizados Comunicación tráenos consellos para gestionar as nossas redes sociais.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077
    ☎️: 986675149
    WhatsApp: 644165966
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 26 min
  • Jorge Couceiro,da "Librería Faro",fálanos no DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO:"É un día para lembrar a importancia de ler"
    No DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO falamos con Jorge Couceiro da "Librería Faro", que nos aporta a visión que teñen os libreiros sobre o sector do libro e como está a evolucionar. Cales son os libros que máis se venden e porque é importante ler.
    "Parece que estamos recuperando o hábito lector, a venda de libros está aumentando".
    "A plataforma TODOS TUS LIBROS.COM enriquecese con aportación de 300 librerías".
    "O comercio local tamén vende online competindo en precio con grandes plataformas e co valor engadido de ter a confianza do libreiro de toda a vida".
    "Os libros axúdannos a viaxar, manter a mente desperta e hai libros para todos os gustos e afeccións".
    En setembro de 1964 naceu a Librería Faro na rúa Peregrina nº 1 da Estrada, fundada por José Ramón Rodríguez García “Pepe Faro” e María Teresa Torres Lea “ Maruja Faro” sendo un establecemento de prensa, revistas, papelería e un pequeno fondo xeral de libros.
    O mundo cambiou moito nestes máis de 50 anos, e a librería foi evolucionando e adaptándose aos tempos, mantendo en todo momento o legado dos seus fundadores… o seu gran amor á cultura, a educación e os libros.
    En 2018 inaugúrase o establecemento da librería na rúa Calvo Sotelo nº 20, no que permanecen na actualidade, dende o que procuran dar un servizo de calidade aos seus clientes, baseado no seu saber facer e experiencia no sector, e por iso, se esforzan cada día.
    Máis Información LIBRERÍA FARO:
    ✔️Páxina Web: https://www.libreriafaro.com/es/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/farolibreria
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/farolibreria/
    TODOS TUS LIBROS.COM é un espazo creado dende CEGAL para que atopes libros comercializados en España.
    O portal ofréceche a posibilidade de realizar procuras sobre máis dun millón e medio de referencias, dos cales podes mercar un total de 1.565.475 libros.
    Hoxe en día hai 4.134.504 libros, pero esta cifra vai crecendo aos poucos. Tamén se ofrecen datos reais das vendas en librerías españolas, dándoche a oportunidade de coñecer os 100 libros máis vendidos.
    Todos Os teus Libros pretende achegarche ao mundo do libro dunha forma sinxela e eficaz.
    Máis Información TODOS TUS LIBROS.COM:
    ✔️Páxina Web: https://www.todostuslibros.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/TodostuslibrosCEGAL
    ✔️Twitter: https://twitter.com/todostuslibros_
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/todostuslibroscegal/
    CEGAL é a Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros, e reúne a 1.600 librerías en toda España. CEGAL foi creada en 1978, no auxe do asociacionismo que xurdiu coa chegada da democracia.
    Entre os seus fins preferentes atópase, desde entón, a defensa dos intereses dos libreiros e libreiras e a ordenación do comercio do libro. Na actualidade, un dos retos de CEGAL é contribuír ao enriquecemento cultural da sociedade española mediante unha difusión eficiente do libro.
    A Confederación presta especial apoio á pequena e mediana librería independente, garantes da diversidade cultural e ideolóxica.
    Máis Información CEGAL (Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros):
    ✔️Páxina Web: https://www.cegal.es/?fbclid=IwAR0OY-9fF1B0vLElDmBVneKkv8OA9HCU9EHMjg_tu5FQUzX8fFetfW64v6k
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/LibreriasCEGAL
    ✔️Twitter: https://twitter.com/LibreriasCEGAL
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/libreriascegal/
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    10 min
  • Patty Castro preséntanos "CONTACONTOS EN GALEGO", un proxecto en Podcast e Youtube que fai voar a nosa imaxinación.
    Patty Castro é de Vila de Cruces, pero vive desde hai 18 anos en Vilagarcía de Arousa.
    É letrista, vocalista e profesora de canto e técnica vocal. Leva máis de 20 anos como vocalista en diversos grupos de rock, heavy e metal, D´trankis ,Salida de Emergencia, Meigha, Nao, Os Jhon Deeres… Tamén ten participado en diversos proxectos como colaboradora con grupos como Raiba ou A banda da loba .
    Actualmente ten un proxecto de dúo en acústico onde se adica a versionar a mulleres en galego, Raíñas; ten experiencia na locución en radio e soportes de audio, en deseño gráfico, e ten algo de experiencia como guionista de videoclips e redactora para webs musicais como Guitar Calavera.
    É activista feminista, ecoloxista e fomenta a visibilidade de mulleres do seu entorno, artistas e músicas, nun proxecto propio MGK, Mulleres Galegas Kañeras (un proxecto formado por máis de 30 mulleres da escena musical galega do que xurdiron os temas e vídeos Somos e MGK.). Actualmente desenrola un programa de radioweb onde fai entrevistas a mulleres músicas galegas e tamén colaboro con GZ Música e Nós Tv con entrevistas a grupos galegos que teñan participación femenina.
    Agora preséntatos CONTACONTOS EN GALEGO, un proxecto que nace da experiencia como nai, que cría as súas fillas intentando que teñan aceso a contos e material educativo e de lecer en galego.E tamén do meu amor pola locución e a promoción e visibilidade das actividades para os cativos.
    "Os contos son formas de explicar as complicacións que ten a vida".
    "Os contos son moi importantes porque a nosa tradición transmiteuse a partir de contos".
    "Por unha parte estás aprendendo cousas e por outra estás disfrutando dun momento de lecer".
    "Últimamente estamos demasiado pendientes das imaxes e precisamos voltar á imaxinación".
    Máis Información CONTACONTOS EN GALEGO:
    ✔️Ivoox: https://www.ivoox.com/podcast-contacontos-galego_sq_f11234003_1.html
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCoz8UfIxXJhcZUcrdlw3OMQ
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/Contacontos-en-galego-103077331899481
    ✔️Twitter: https://twitter.com/ContacontosG
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/contacontosengalego/
    Máis Información PATTY CASTRO:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/pattymolly
    ✔️Twitter: https://twitter.com/PattyCa91402270
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pattymgk/
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    17 min
  • SoñoS! texto de Pere Tobaruela,ilustracións de Víctor Boullón:"É un libro de palíndromos,na escrita e na ilustración"
    Pere Tobaruela e Víctor Boullón preséntannos unha proposta nova para xogar coas palabras e voar coas imaxes: un álbum ilustrado composto todo el de palíndromos, esas palabras que igual se len ao dereito que ao revés.
    Sabes o que son os palíndromos? Palíndromo vén do grego palin e dromos: volver e ir para atrás. Son, pois, esas palabras que se poden ler igualmente de esquerda a dereita ou ao revés.
    Este incrible conto está feito todo el de palíndromos. Pero non só os textos. As imaxes tamén convidan a buscar ese mundo de simetrías, ese xogo de espellos...
    Así nolo contan os seus autores:
    «Palíndromo, do grego palin e dromos: volver e ir para atrás. Ou dito doutra maneira: xogar coas palabras. Pois a Víctor e a Pere non só nos gusta xogar coas palabras, tamén xogamos coas imaxes. Pasámolo ben así e agardamos que as lectoras e lectores que vos mergulledes neste conto de SoñoS tamén o pasedes de marabilla. Levamos uns anos facendo proxectos xuntos, pero nunca fixemos un libro coma este, no que deixamos voar a nosa imaxinación ata límites insospeitados. Máis nada, xoguemos, soñemos!».
    "SoñoS é unha poesía escrita a través de palíndromos".
    "Victor Boullón non só fixo a ilustración do libro, creou pequenos cadros, fixo unha obra de arte".
    "Canto máis se faga pola visibilidade da cultura benvido sexa".
    ✒️Pere Tobaruela naceu en Barcelona en 1965 e vive dende hai anos en Rois (A Coruña). É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. Con máis de corenta títulos publicados, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, conto, novela... Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís e tamén para o público adulto.
    Máis Información PERE TOBARUELA:
    ✔️Páxina Web: https://gl.wikipedia.org/wiki/Pere_Tobaruela
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/Pere-Tobaruela-autor--104127467687839
    ✔️Twitter: https://twitter.com/peretobaruela
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/peretobaruela/
    ️Víctor Boullón naceu en Compostela en 1979. Estudou na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense. Ten feito traballos de deseño, carteis, portadas de libros e ilustracións para publicidade. É autor de Aleida, cidade sen alma.
    Máis Información VICTOR BOULLÓN:
    ✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/victor-boullon-gomez-37b3461b/?originalSubdomain=es
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/victor.boullongomez
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/victorboullon_ilustrador/
    Máis Información ALVARELLOS EDITORA:
    ✔️Páxina Web: https://alvarellos.info/tenda_catalogo.asp?id=268
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/alvarelloseditora/
    ✔️Twitter: https://twitter.com/alvarellos_ed
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/alvarelloseditora/
    Máis Información COLECCIÓN VERDEMAR:
    ✔️Twitter: https://twitter.com/verdemar_libros
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    11 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!