Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Usuarios en redes sociais e cambios na tendencia, por Laura López de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño
    Laura López, de "Actual Comunicación Amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos dos usuarios en redes sociais e cambios na tendencia.
    "Segundo o informe We Are Social e Melwater, en febreiro de 2025 eramos máis de 5.200 millóns de usuarios activos a nivel global en redes sociais".
    "Facebook segue a ser a rede social máis empregada, con 3.070 millóns de usuarios".
    "Aínda que máis de un 40% dos usuarios da rede están presentes en X, é a cuarta rede social que máis se abandona".
    Se sentimos que o día a día vai a un ritmo vertixinoso, no que se refire a cambios no ecosistema dixital, esta velocidade aínda é maior. Fai uns anos aínda tiñamos conta activa en Tuenti e agora xa hai usuarios que non saben que foi iso. Logo diciamos que Facebook estaba morto e que o formato de vídeo vertical breve era o rei das plataformas sociais. Pois ben, hoxe vimos a desmentir algunhas das -cremos- crenzas máis estendidas relacionadas coas plataformas dixitais e descubrir cales son as máis empregadas neste momento.
    ✅Un pequeno repaso dos datos a nivel mundial
    Segundo o informe We Are Social e Melwater, en febreiro de 2025 eramos máis de 5.200 -o que representa un 63,9% da poboación mundial- millóns de usuarios activos a nivel global en redes sociais. Desta cifra, 39,7 millóns eran españois. Por outra banda, a media de uso diario, a pesar de seguir sendo moi elevado, vén de reducirse en dous minutos, e sitúase agora en 2 horas e 21 minutos. O que si segue a subir é a media de aplicacións, que se sitúa en 6,8 por usuario.
    ✅Facebook segue sendo o rei
    Sentíndoo moito para eses detractores de Facebook, a primeira rede social de Zuckerberg segue a ser a rede social máis empregada, con 3.070 millóns de usuarios. O que si decrece é o interese por seguir páxinas das marcas en Facebook pero, aínda así, as máis exitosas superan os 150 millóns de seguidores (neste caso, Cristiano Ronaldo con 170 millóns, Samsung con 162 millóns e Facebook App con 150 millóns).
    ✅O retorno de YouTube
    Nos últimos meses, Youtube está en boca de todos. E é que plataformas como IPMark xa aseguran que a plataforma de vídeo volve a gañar relevancia coa aposta dos creadores de contido por este medio. Dende novos creadores de contido ata outros máis consolidados coo Ibai que aseguran que a comunidade en YouTube é moi optimista e os influencers pódense mostrar a si mesmos sen a presión de ter que publicar diariamente como ocurre noutras redes como Twitch.
    En definitiva, segundo datos do mes de febreiro, YouTube é actualmente a segunda rede social máis empregada, con 2.530 millóns de usuarios e un billón de horas de vídeo diarias. E, como curiosidade, os tres vídeos musicais máis vistos son Baby Shark, Despacito e Johny Johny Yes Papa.
    ✅Instagram e os talking carousels
    Instagram segue no podio con 2.000 millóns de usuarios activos. Sinálase que esta plataforma segue a medrar e non só consigue fidelizar novos usuarios, senón que tamén atrapa novos creadores de contido. Ademais, xunto con Facebook, é o medio que máis tráfico de referencias xenera desde redes coais.
    Por outra banda, se ben segue a medrar en usuarios, tamén segue a innovar e cambiar realizar pequenas modificacións nos seus formatos. Nos últimos meses hai un novo formato que algúns creadores de contido o definen como “o formato máis viral 2025”, os talking carousels. E en que consisten? Están baseados na mesma dinámica que un reel e aproveitan o tirón que están tendo agora mesmo os carruseis. Isto é, teñen a mesma narrativa que un reel falado pero en formato carrusel, de maneira que o usuario pode escoller o ritmo ao que consome o contido e a mensaxe, algo esencial que está a facer que os carruseis gañen cada vez máis importancia.
    ✅TikTok
    TikTok é a cuarta rede social máis empregada, con 1.590 millóns de usuarios. Ademais,, ten unha das medias de engagement rate máis altas para contas de empresa: 3,70% (considérase unha cifra moi boa a partir do 3%).
    Esta plataforma posiciónase como especialmente importante (e un reto tamén) para as empresas, xa que coa chegada de TikTok Shop será especialmente importante para Ecommerce.
    ✅E que pasa con X (Twitter)?
    Aínda que máis de un 40% dos usuarios da rede están presentes en X, é a cuarta rede social que máis se abandona. E é que para atopala no ranking de redes sociais máis empregadas hai que pasar primeiro por Facebook, YouTube, Instagram, WhatsApp, TikTok, WeChat, Telegram, Messenger, Snapchat, Douyin (o TikTok chinés), Kuaishou (plataforma chinesa de vídeos curtos e transmisións en vivo), Reddit e Weibo (plataforma chinesa similar a Twitter).
    E por que está a xente abandonando X? Polo seu dono, Elon Musk. Entre outras cousas, durante a investidura de Trump, o propietario de X realizou un xesto que foi interpretado por moitos como un saúdo nazi, polo que moitas personalidades e usuarios decidíronse a pechar as súas contas como sinal de protesta.
    Outro motivo, quizais aínda máis importante, é a percepción de que X promove contidos alarmantes, incluíndo teorías de conspiración de extrema dereita ou racismo. É dicir, estase criticando por promover a desinformación e o odio e, de feito, medios como The Guardian teñen cerrado as súas contas oficiais, calificando a plataforma de tóxica. Porén, outros medios como Maldita precisamente para combater esta desinformación, néganse a abandonar a plataforma, para non deixar que “os desinformadores gañen a batalla” e, máis aínda, tendo en conta que os usuarios cada vez máis infórmanse en redes sociais.
    ❓Pregunta próxima semana: que redes alternativas ás máis populares empregades?
    Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    19 min
  • SALTA DA CAMA luns 14-04-2025 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    Laura López de Actual Comunicación - Amodiño, fálanos dos usuarios en redes sociais e cambios na tendencia.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 31 min
  • SALTA DA CAMA venres 11-04-2025 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Información
    Finde Festa
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 32 min
  • Elena Raviña, Farmacia Eirín, explícanos os programas Sentinela, de Medicamentos non Demorables e de SPD.
    Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. No espazo de hoxe falamos con Elena Raviña Eirín, titular da "FARMACIA EIRÍN" da Estrada. Explícanos polo miudo os programas Sentinela, de Medicamentos non Demorables e de Sistemas Personalizados de Dosificación. Que se levan a cabo dende as farmacias galegas.
    “Farmacias sentinelas é un programa, no que as farmacias facemos un estudo do número de antigripales, test covid e de gripe que se dispensaron durante o ano 2023. Con esos datos elaborouse unha curva para predecir cando iba a chegar o pico de gripe para que o sistema estivera preparado. Agora estamos enviando esos datos semanalmente”.
    “Non Demorables son medicamentos que o paciente non pode deixar de tomar. Nós comprobamos que non hai recetas dispoñibles e da pauta correcta. Nos chamamos a un número da Consellería no que hai un médico e que valida a información que lle damos e se comprometen no prazo de dúas horas de chamar ao paciente e de xerar a receta”.
    “Persoas con dereito á asistencia sanitaria e farmacéutica con cargo ao Sistema Público de Saúde de Galicia, de 70 anos ou máis e 10 ou máis prescricións activas crónicas de medicamentos, que presentan problemas de incumprimento da terapia ou dificultades para o correcto uso dos medicamentos por déficits de autonomía física ou psíquica, e viven sós/as ou non teñen unha rede de apoio sociofamiliar adecuada para o mantemento dos tratamentos instaurados”.
    FARMACIAS SENTINELA
    Foi un tema que tivo moito impacto a nivel da sociedade, porque foi recollido en varias ocasións en prensa, televisión e recibiu o premio Perfecto Feijoo da RAFG, premio que distingue as iniciativas que contribúen a destacar a imaxe e a consideración social da farmacia galega e recentemente recibiu o premio Acción Farmacéutica que concede Redacción Médica.
    Esta rede de farmacias sentinela, iniciouse cun piloto no mes de decembro, e está formada a día de hoxe por 70 oficinas de farmacia distribuídas entre as catro provincias da seguinte forma: 30 farmacias na provincia da Coruña, 10 farmacias na provincia de Lugo, 10 farmacias na provincia de Ourense e 20 farmacias na provincia de Pontevedra.
    Estas farmacias achegaron información relacionada coa dispensación de determinados medicamentos (antigripais) e produtos sanitarios (test COVID E GRIPE) semanalmente, co fin de monitorar a súa dispensación e obter datos que están a ser integrados nos sistemas de vixilancia epidemiolóxica, no proxecto PREDÍ-FAR para a predición epidemiolóxica da gripe.
    Este proxecto é o inicio dunha colaboración máis ampla que se vai a levar a cabo coa Dirección de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, e o noso obxectivo debe ser que un maior número das farmacias da provincia pasen a formar parte da Rede de Farmacias Sentinela, poñendo en valor o noso compromiso e colaboración para a mellora da saúde da poboación
    PROGRAMA NON DEMORABLES
    Trátase dunha medida excepcional para renovar a prescrición dun só envase dunha determinada medicación, “medicación non demorable”, nos casos nos que o paciente non dispoña de receita nin desa medicación para 72 horas.
    A listaxe dos medicamentos non demorables actualmente componse de 5 terapias:
    ✅Antidiabética: insulinas
    ✅Antiepiléptica e anticonvulsivante só para tratamento epilepsia
    ✅Antipsicótica en enfermidade psiquiátrica e demencia
    ✅Inmunosupresora do paciente transplantado
    ✅Cardivascular: nitratos, betabloqueantes, calcioantagonistas, heparinas e anticoagulantes de acción directa e agonistas alfa adrenérgicos.
    Nos casos nos que un paciente solicita un destes medicamentos de maneira urxente, hai un procedemento cun número de teléfono ao que o farmacéutico poderá chamar de luns a venres de 9 a 9 para que un profesional técnico renove a prescrición.
    Comprobar que o paciente non ten receitas activas e que non dispón de medicación para máis aló de 72 horas.
    Comprobar que o medicamento solicitado está en listaxe de non demorables
    Realizar unha chamada ao número de teléfono habilitado, de luns a venres de 9 a 21.
    Profesional técnico-verificación. Agendará unha cita telefónica para a renovación da prescrición confirmando co farmacéutico o número de teléfono de contacto do paciente.
    Prazo estimado da chamada o menor posible, compromiso 2 horas.
    Esta renovación excepcional empeza cunha pilotaxe desas 5 terapias, pero poderá actualizarse nun futuro, polo que será importante que desde as farmacias colaboremos detectando as diferentes casuísticas que se presentan e os medicamentos que máis solicitan con urxencia, por iso cando se envíe
    a documentación incluirase un formulario para o seu rexistro, e presentar os resultados na comisión de seguimento.
    PROGRAMA DE MELLORA DA ADHERENCIA TERAPÉUTICA A TRAVÉS DA PREPARACIÓN E ENTREGA DE SISTEMAS PERSONALIZADOS DE DOSIFICACIÓN
    Persoas con dereito á asistencia sanitaria e farmacéutica con cargo ao Sistema Público de Saúde de Galicia, de 70 anos ou máis e 10 ou máis prescricións activas crónicas de medicamentos (independentemente da forma farmacéutica), que presentan problemas de incumprimento da terapia ou dificultades para o correcto uso dos medicamentos por déficits de autonomía física ou psíquica, e viven sós/as ou non teñen unha rede de apoio sociofamiliar adecuada para o mantemento dos tratamentos instaurados.
    Calquera profesional sanitario do Servizo Galego de Saúde, farmacéuticos/as comunitarios/as (de oficina de farmacia) e traballadores/as sociais, poden propoñer a inclusión dos/das pacientes nesta nova prestación.
    Unha vez detectado o/a paciente susceptible de inclusión, será derivado á/ao súa/seu enfermeira/o ou á/ao súa/seu FAP do centro de saúde. No caso dos farmacéuticos/as comunitarios/as, a derivación acompañarase dun informe xustificativo dos criterios de inclusión, no que poden achegar información pertinente sobre a medicación do/da paciente.
    Máis información FARMACIA EIRÍN:
    ✔️Páxina Web: http://www.farmaciaeirin.es/
    Máis información COLEXIO DE FARMACÉUTICOS DE PONTEVEDRA:
    ✔️Páxina Web: https://cofpo.org/
    Máis Información de MULLERES QUE PODEN
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    25 min
  • SALTA DA CAMA xoves 10-04-2025 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Que pasa en Galicia?
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    #información
    #entretemento
    #música
    Sección de igualdade. Cada xoves abrimos unha fiestra cara o rural e o emprendemento. Hoxe falamos con Elena Raviña da farmacia Eirín, sobre os diferentes programas que levan a cabo as farmacias galegas.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 33 min
  • SALTA DA CAMA mércores 09-04-2025 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Información
    Entretemento
    Música
    “RICAS E FAMOSAS” repasó con humor ás portadas das revistas do ❤️.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 29 min
  • RICAS e FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do corazón 09-04-2025
    En "Ricas e Famosas" fago un repaso ás portadas das revistas do corazón de máis tirada en España, dun xeito divertido.
    Portadas das revistas:
    ✔️Hola: https://www.hola.com/
    ✔️Semana: https://www.semana.es/
    ✔️Diez minutos: https://www.diezminutos.es/
    ✔️Pronto: https://www.pronto.es/
    ✔️Lecturas: https://www.lecturas.com/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    5 min
  • Como romper co/a teu/túa psicólogo/a?, por Verónica Barros, de BARROS PSICOLOGÍA
    Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos de como romper co/a teu/túa psicólogo/a.
    "O avance de terapia, de forma natural, debería chegar a un momento no que se foron acadando os obxectivos".
    "As persoas que nos adicamos a esta profesión estamos preparados para xestionar correctamente a posibilidade de abandonar a terapia".
    "Para nos en terapia o principal é a sinceridade, a franqueza e a cordialidade, polo que nas rupturas estas tres cuestións son igual de fundamentais".
    ¿Cómo romper co/a teu/túa psicólogo/a?
    Deixar unha parella non é sinxelo, deixar de lado a un amigo, tampouco. Pero debemos dicir que cando o noso psicólogo ou psicóloga xa non encaixa na nosa vida ou cando xa se lograron os nosos obxectivos tampouco é tarea fácil.
    Moitas veces esa ruptura dase por cuestións positivas, xa que se acadaron os obxectivos ou hai unha mellora significativa que nos da conta de que xa non precisamos dun acompañamento, máis otras veces dase porque o noso psicólogo xa non encaixa na nosas vidas, ou porque o avance terapéutico se estancou e notamos que os nosos progresos son nulos.
    Cando isto sucede a pesar de que a alianza terapéutica (esa relación de confianza que se debe establecer para que a terapia vaia adiante dunha forma satisfactoria), a ruptura custa e o paciente non sempre sabe como comportarse.
    O avance de terapia, de forma natural, debería chegar a un momento no que se foron acadando os obxectivos, e que o tema polo que se acudiu a terapia xa non está sendo o que lle preocupa ou molesta. Isto vai ser algo que note tanto o paciente como o terapeuta, polo que é unha fase positiva e agradable por ambas partes, polo que é importante transmitilo de forma sincera.
    O habitual, polo tanto, é deixar a terapia cando o síntoma disminúe ou cando a súa importancia baixa. Pero, non sempre é así. Por unha banda hai a posibilidade de que o vínculo do que falabamos non se estableza, ou que se rompa por cuestións a veces incontrolables por parte de ambas persoas.
    Neste caso, é importante permitirse darse a oportunidade de atopar outro profesional que poida axudar, xa que nese caso, a dificultade pola que se acude a consulta segue estando presente.
    Debemos dicir que, ademáis, en moitas ocasións, non se trata de querer acudir ou non a consulta ou de se hai algo malo ou bo para rematar a relación terapéutica, senón que se trata máis ben dun proceso arduo de traballo persoal, no que sen ter problemas, polo que a interrupción prematura do tratamento non é nada extraña.
    E como facer para cortar co noso terapeuta?
    ✅As persoas que nos adicamos a esta profesión estamos preparados para xestionar correctamente a posibilidade de abandonar a terapia, sexa cal sexa o motivo, polo que agradecemos a sinceridade, que o abandono sen explicación. Se se dese o caso contrario, e mostrase que non o toma ben, entón é unha mostra de que a relación establecida non é a máis axeitada, xa sexa por exceso de confianza ou por falta de imparcialidade.
    ✅Tamén debemos dicir que non sempre é sinxelo comunicar por parte do paciente que non vai continuar coa terapia, xa que moitas veces aparece a culpabilidade, é por exceso de esixencia ou por falta de constancia, polo que non é raro que non se comunique, o cal ten máis que ver co propio estilo de afrontamento, de relación ou de abordar problemas.
    ✅Cando xa levas un tempo como terapeuta daste conta de que hai casos nos que hai abandonos puntuais, nos que despois dun tempo de traballo persoal independente, a persoa decide acudir a terapia de novo, e elíxete de novo. Ou incluso persoas que abandonaron a terapia contigo, te recomendan aos seus achegados.
    ✅E se a ruptura ben por desgaste ou por problemas co terapeuta, para nós como profesionais, o que mellor nos pode vir é que se nos diga. Ainda que pode molestarnos momentáneamente a crítica, é o que máis nos pode facer medrar.
    Para nos en terapia o principal é a sinceridade, a franqueza e a cordialidade, polo que nas rupturas estas tres cuestións son igual de fundamentais.
    Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
    ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    16 min
  • SALTA DA CAMA martes 08-04-2025 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Que pasa en Galicia?.
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Verónica Barros de Barros Psicología, hoxe falamos de como romper co/a teu/túa psicólogo/a.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 33 min
  • Presencia das empresas en redes sociais: é necesario?, por Laura López de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño
    Laura López, de "Actual Comunicación Amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos de se a presencia das empresas en redes sociais: é necesario?
    "O primeiro que debemos facer cando queremos comezar a deseñar unha estratexia de contidos en Redes Sociais é realizar un estudo de todo aquilo que somos, cal é o noso público obxectivo e que imaxe queremos xerar na internet".
    "Se queremos que a nosa estratexia de contidos en redes sociais teña éxito sempre, debemos analizar con frecuencia que é o que fan os nosos competidores directos, tanto para aprender como para desaprender".
    "Unha vez que coñecemos a esfera na que nos movemos e o por que da nosa presenza online, é o momento de analizar a selección de redes sociais e comezar a artellar a difusión que realizaremos".
    Hoxe en día, as redes sociais convertéronse nunha ferramenta imprescindible para a maioría dos negocios. Permiten conectar co público, xerar confianza, mellorar a visibilidade da marca e, en como consecuencia, tamén poden favorecer un incremento das vendas. Pero, realmente todos os negocios deben estar presentes en todas as redes sociais? É unha obrigación ou unha estratexia que debe adaptarse a cada caso?
    A resposta curta é non. Non todas as empresas precisan ter perfís en todas as redes dispoñibles. De feito, pode ser contraproducente tentar abarcar demasiado sen unha estratexia clara. É fundamental analizar en que plataformas está o noso público obxectivo e que tipo de contido podemos crear para sacarlle o máximo proveito. Así que, hoxe, imos facer un repaso polos aspectos chave a ter en conta para tomar esta decisión tan importante.
    ✅Primeiro paso: coñecernos
    O primeiro que debemos facer cando queremos comezar a deseñar unha estratexia de contidos en Redes Sociais é realizar un estudo de todo aquilo que somos, cal é o noso público obxectivo e que imaxe queremos xerar na internet. É importante que esta análise recaia na nosa identidade dixital, que tipo de produtos ou servizos ofrecemos, a que prezo, quen é o noso target e que formas de contacto post-venda temos para fidelizar e consolidar aos nosos clientes. Ademais, deberemos ter en conta onde se desenvolve a nosa actividade, se esta será en liña, offline… xa que isto determinará a maneira en que interactuaremos cos nosos clientes potenciais.
    ✅Segundo paso: coñecer e aprender da competencia
    Se queremos que a nosa estratexia de contidos en redes sociais teña éxito sempre, debemos analizar con frecuencia que é o que fan os nosos competidores directos, tanto para aprender como para desaprender.
    Debemos poñer o foco en varios factores, os máis importantes serían:
    ✅ Que tipos de web teñen (venda, corporativa, comunicativa…)?
    ✅ Que redes sociais empregan?
    ✅ Que contidos (vídeos, carruseis, infografías, etc.) publican nas redes sociais e cal é a súa tipoloxía (información, captación, promoción…)?
    ✅ Como interactúan coa súa audiencia ou clientes potenciais?
    O obxectivo: por que estamos en redes?
    ✅A nosa estratexia de contidos en redes sociais debe ter un fin, un propósito.
    Para iso é importante contestar a esta pregunta: que quero conseguir con esta serie de accións? As respostas poden ser moitas e moi variadas (fidelización, aumento de vendas, reputación, visibilidade…) Da nosa resposta debe saír un epicentro en torno ao cal virarán todas as decisións que tomemos (selección de redes sociais, ton da comunicación, periodicidade de publicación de contidos, etc.) Entre os elementos cuantitativos para os nosos obxectivos podemos atopar: número de seguidores/fans, número de visitas á nosa páxina web, número de conversións (vendas), número de leads (captación) ou nivel de compromiso (participación) da nosa masa crítica.
    ✅Selección de redes sociais e canles de difusión
    Unha vez que coñecemos a esfera na que nos movemos e o por que da nosa presenza online, é o momento de analizar a selección de redes sociais e comezar a artellar a difusión que realizaremos. Para iso, deberíamos ter en conta algúns factores como:
    ✅ O público. Antes de abrir perfís en redes sociais, é necesario preguntarse: onde se atopa o noso público potencial? Se o noso negocio se dirixe a un sector xuvenil, plataformas como TikTok e Instagram poden ser as mellores opcións. Pola contra, se ofrecemos servizos a empresas (B2B), LinkedIn resulta moito máis eficaz que outras redes máis informais.
    ✅ Tipo de contido que podemos xerar. Cada plataforma demanda un estilo de contido diferente. Instagram e Pinterest funcionan ben con imaxes e deseños atractivos, mentres que TikTok e YouTube potencian o vídeo curto e longo, respectivamente. Se o teu negocio ten moita información para compartir, un blog complementado con Twitter ou LinkedIn pode ser unha estratexia efectiva. É clave avaliar cales son os recursos dispoñibles para crear e manter contido de calidade.
    ✅ Recursos e capacidade de xestión Ter presenza en redes sociais non significa simplemente crear unha conta e deixala inactiva. Un perfil abandonado pode xerar unha mala imaxe da empresa. Xestionar redes sociais require tempo, esforzo e unha estratexia clara. É mellor centrarse en poucas plataformas e atendelas ben que abrir contas en todas e deixalas sen actualizar durante meses.
    En definitiva, debemos estar presentes nas redes sociais nas que está a nosa audiencia e as que poidamos abarcar. Ás veces, menos remata por ser máis.
    ❓Pregunta da próxima semana: cal é a túa rede social favorita?
    Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    15 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!