Lorena Penas, de "Actual Comunicación Amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos de estratexias de marketing para redes sociais e dos finalistas dos Premios Rebumbio, o primeiro certame da Comunicación Dixital Local.
"O Premio Xove Promesa en Comunicación é para Rubén Rosende, do Xornal da Estrada".
"A cuestión é atopar aquela estratexia que se adapte a nós, ao noso inxenio, ao tempo do que dispoñamos e ao noso presuposto".
"Hai milleiros de estratexias do máis interesantes que podemos empregar e hoxe imos facer un breve repaso".
PREMIOS REBUMBIO:
Sábado 29 de marzo
9.30 a 13.30
️MOME, A Estrada
Estratexias de marketing para redes sociais
As campañas publicitarias que nos veñen á cabeza a nós nas últimas semanas? Lipton utilizando a Montoya de La Isla de las Tentaciones. A firma de hamburguesas Vicio lanzou unha campaña en redes nas que mostra unha caixiña, moi similar á que podería conter tabaco pero, neste caso, contén “20 patacas fritidas clásicas” que “favorecen seriamente a vostede e aos que están ao seu redor”. A cafetería valenciana Puto Café que se fixo viral pola súa particular carta. Nunha metade da carta mostra un listado de cafés de especilidade -co elevado prezo dun café de especialidade- e na outra mostra un listado de “putos cafés”, cun prezo máis reducido. O curioso desta campaña? Que recorda lixeiramente aos famosos copywriters de Putos Modernos.
Aínda que estas campañas tiveron o seu éxito pola fórmula redes sociais + humor + elementos de tendencia, hai milleiros de estratexias do máis interesantes que podemos empregar e hoxe imos facer un breve repaso. Así, por exemplo, imos tomar de guía o medio Puro Marketing, que destaca as seguintes técnicas polo seu aproveitamento de aspectos psicolóxicos e de comportamento do consumidor e que foxen das estratexias de marketing tradicionais:
✅ Marketing de micro-momentos. Os micro-momentos son eses puntos clave onde os usuarios recorren á tecnoloxía para satisfacer unha necesidade inmediata, como aprender algo, ir a algún sitio, facer unha compra ou realizar unha tarefa. Entón o marketing de micro-momentos é unha estratexia que se centra en captar a atención dos consumidores nos instantes exactos en que buscan información, toman decisións ou realizan accións a través dos seus dispositivos, especialmente móbiles. Por exemplo, se buscamos “voos baratos a París”, algunhas compañías mostrarannos anuncios de promocións en tempo real, captando a atención do usuario xusto cando está máis predisposto a reservar.
✅ Reverse influencing. É unha tendencia que rompe co marketing de influencers. En lugar de pagar a figuras con grande alcance, algunhas firmas prefiren converter aos seus propios clientes en embaixadores de marca en redes sociais incentivándoos con descontos ou recoñecemento en redes sociais. Este tipo de estratexia ten como ventaxa que xera confianza e, a fin de contas, é máis rentable ao non ter que pagar grandes sumas a influencers. E como se fai isto? Por exemplo, animar aos consumidores a compartir fotos ou valoracións dos productos da nosa marca a cambio de descontos.
✅ Brand utility marketing. Céntrase na creación de ferramentas útiles en lugar de simplemente vender un produto. Por exemplo, Nike ou outras marcas deportivas teñen creado aplicacións que brindan aos usuarios contido de valor como son adestramentos personalizados, de maneira que reforzan a conexión coa audiencia sen necesidade de mostrar o produto en cada interacción.
✅ Brand hijacking. O Brand Hijacking ou secuestro de marca é unha estratexia de marketing na que unha empresa "toma prestada" a imaxe, a audiencia ou o recoñecemento doutra marca (ás veces incluso dun movemento ou comunidade) para beneficiarse dela, aumentar a súa propia notoriedade ou atraer clientes. Un exemplo clásico é Burguer King versus McDonald’s. Unha das campañas máis coñecidas foi o Whopper Detour, nos que Burguer King ofreceron un Whopper por só un centavo a quen descargague a súa aplicación e fixese o pedido dende un McDonald’s próximo.
✅ Marketing de escaseza. O marketing de escaseza ou de exclusividade é unha estratexia que xera unha sensación de urxencia nos consumidores ao suxerir que un produto ou servizo está dispoñible en cantidades limitadas ou por tempo restrinxido. O obxectivo é impulsar a decisión de compra máis rapidamente, aproveitando o medo a quedar sen el -FOMO - Fear of Missing Out. Un bo exemplo disto é o que atopamos con frecuencia en Booking, coas mensaxes que nos indican “só queda unha habitación dispoñible) ou as edicións limitadas de cafés de Starbucks.
✅ Glitch marketing. É unha estratexia que utiliza erros aparentes, fallos visuais ou imperfeccións deliberadas para captar a atención do público e xerar engagement. A idea é romper co estándar estético habitual e aproveitar o impacto visual ou a sorpresa para destacar entre a competencia. Este tipo de marketing baséase en que os usuarios están acostumados á perfección e, ao ver algo que parece "fallar", chámaselles a atención de forma inmediata.
Ademais, pode transmitir unha imaxe máis auténtica, creativa e próxima á cultura dixital. Un exemplo disto, foi Diesel que lanzou unha campaña chamada Deisel, similando ser unha falsifación da súa roupa, pero en realidade non só era roupa auténtica, senón unha edición limitada, o que os fixo virais.
✅ Gimmick products. Os gimmick products son produtos creados principalmente para chamar a atención, sorprender ou entreter aos consumidores, aínda que a súa utilidade real sexa limitada ou temporal.
Moitas veces baséanse nun concepto innovador, divertido ou inusual para xerar impacto e viralidade, pero poden carecer de funcionalidade práctica a longo prazo. Por exemplo, as pistolas de salsa de Heinz, xabóns en forma de nuggets de McDonald’s, un perfume Whopper ou un esmalte de uñas con olor a polo frito do KFC.
Estas son só algunhas das estratexias que se poden integrar en campañas en redes sociais ou noutros medios, xa que a fin de contas hai tantas estratexias como cabezas pensando. Por exemplo, o ASMR marketing, que se apoia en estímulos auditivos relaxantes para captar a atención do público; a estratexia de resposta cero cos asistentes como Alexa ou o asistente de Google; ou o hackvertising, basado na apropiación creativa de tendencias culturais. A cuestión é atopar aquela que se adapte a nós, o noso inxenio, o tempo do que dispoñamos e o noso presuposto.
❓Pregunta próxima semana: todos os negocios teñen que estar en RRSS?
Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:
✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas