Laura López, de "Actual Comunicación Amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos da utilización das IA no noso día a día.
"A automatización baseada en IA mellora a eficiencia e permite unha análise de datos máis profunda e precisa".
"Esta IA (cocientífico) descubriu en tan só dous días por que algunhas superbacterias son inmunes aos antibióticos (e o interesante radica en que esta IA descubriuno sen ter acceso a esta investigación, xa que non era de dominio público)".
"Hai moitas aplicacións da IA que empregamos a diario e das que quizais non sexamos de todo conscientes".
Aínda que poidamos pensar que a Intelixencia Artificial é cousa nova e que se reduce a ámbitos moi concretos, a realidade é que interactuamos con ela máis do que imaxinamos. Algoritmos de recomendación en plataformas de streaming, chatbots de atención ao cliente e asistentes de voz como Alexa e Siri son só algúns exemplos.
Así pois, en sectores máis específicos tamén están inmersos nas aplicacións da IA. Por exemplo, no sector empresarial, a automatización baseada en IA mellora a eficiencia e permite unha análise de datos máis profunda e precisa. No eido da educación, sistemas personalizados de aprendizaxe axudan aos estudantes a progresar segundo o seu ritmo e necesidades específicas. Ou, en saúde, a IA está a revolucionar o diagnóstico de enfermidades, permitindo detectar patoloxías con maior precisión e rapidez. De feito, como curiosidade, fai un par de semanas publicouse una nova na que se aseguraba que “cocientífico”, un sistema de intelixencia artificial creado por Google, resolvera un problema complexo que un equipo de microbiólogos tardara unha década en darlle resposta. Esta IA descubriu en tan só dous días por que algunhas superbacterias son inmunes aos antibióticos (e o interesante radica en que esta IA descubriuno sen ter acceso a esta investigación, xa que non era de dominio público).
A aplicación no día a día da Intelixencia Artificial
A Intelixencia Artificial é unha especialidade dentro do campo da investigación e da informática que, mediante mecanismos lóxico-matemáticos, se programan ordes ás maquinas, co obxectivo de que estas satisfagan as nosas necesidades. Segundo esta definición, hai moitas aplicacións da IA, sen falar das máis obvias como Chat GPT, que empregamos a diario e das que quizais non sexamos de todo conscientes.
✅ • Os asistentes de voz. Os primeiros asistentes de voz creáronse no 2003, pero está sendo nos últimos anos que Siri, Alexa, Cortana ou o “Ok Google” nos vén á boca. Estes asistentes facilítannos tarefas como programar alarmas, responder preguntas e controlar dispositivos intelixentes no fogar.
✅ • O teléfono móbil. O smartphone é sinónimo de Intelixencia Artificial. Aínda que hoxe en día estanse a comercializar teléfonos móbiles ou ordenadores que destacan polo seu sistema de IA, non é nada novo. A fin de contas, estes dispositivos inclúen asistentes de voz, melloran as fotografías que sacamos coa súa cámara ou mesmo o mail que identifica esas mensaxes que rematan na carpeta de spam ou aqueles correos que semellan conter virus.
✅ • Google Maps e sistemas de navegación. Google Maps ou Waxe tamén empregan intelixencia artificial para analizar o tráfico en tempo real, calcular rutas óptimas e mesmo suxerir horarios de saída máis eficientes.
✅• Fogares intelixentes. Os robots de cociña, duchas que se poden programar en temperatura e mesmo música, luces que se acenden solas ou aspiradoras que saben cando e como manter a casa como os chorros do ouro. En definitiva, a automatización dos fogares tamén é Intelixencia Artificial.
✅ • Tradución automática. Ferramentas como Google Translate e DeepL empregan IA para mellorar as traducións en tempo real, facilitando a comunicación entre persoas de diferentes idiomas.
✅ • Optimización da produtividade. Ferramentas como Notion ou Trello empregan IA para organizar tarefas, xestionar proxectos e automatizar procesos repetitivos, aumentando a nosa eficiencia no traballo ou no estudo.
A IA en redes sociais
Como non podía ser doutro xeito, nas redes sociais tamén se emprega a IA, que está a transformar a maneira en que as persoas e as empresas constrúen e xestionan a súa imaxe de marca en liña. Algunhas ferramentas das que nos podemos aproveitar para a creación de contido son:
✅• Murf AI. Se queremos incluír voz en off nos nosos vídeos pero non queremos que sexa a nosa, Murf ofreceranos diferentes voces a partir do texto que nós lle engadamos. Esta ferramenta crea audios cun ton ou estado de ánimo concretos e conta con máis de 120 voces en máis de 20 idiomas que se poden adaptar ás nosas necesidades.
✅ • Language Tool. Dispoñible en máis de 30 idiomas, con versión web ou mediante extensión para o navegador, esta ferramenta corrixe os nosos textos para que non conteña ningún erro gramatical.
✅• ManyChat. É unha plataforma de mensaxería automatizada que emprega IA para ofrecer experiencias personalizadas aos usuarios a través de Instagram, Messenger de Facebook, WhatsApp ou Telegram. É un chatbot que responde comentarios, interactúa cas mensaxes de redes sociais ou automatiza as preguntas frecuentes da nosa audiencia.
✅ • Mention. Se queremos facer un seguimiento do que se está a falar de nós, Mention é unha boa opción. Esta ferramenta axuda a monitorear as mencións dunha marca en redes sociais e na web en xeral.
✅ • Pictory AI. Se queres crear vídeos para redes sociais pero non se che dá demasiado ben a edición, esta ferramenta pode ser de utilidade. En cuestión de minutos, é quen de crear contido a partir dos teus propios textos, imaxes e guións. Tamén conta cunha biblioteca de vídeos, imaxes e música libres de dereitos de autor.
✅ • OpusClip. Se non temos o don da brevidade, OpusClip pódenos axudar a adaptar o noso contido de vídeo longo ao formato de TikTok, YouTube Short ou Reels de Instagram.
❓Pregunta próxima semana: cal é a campaña publicitaria máis curiosa que lembrades?
Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:
✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas