Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe analizamos como inflúe a promoción dos influencer nas nosas decisións de compra.
"O Informe Infoadex da inversión publicitaria en España no 2024, indica que a inversión en medios dixitais representa o 47,6% do total (con 2.810,4 millóns de euros)".
"A influencia dos creadores de contido está ben explicada por unha teoría psicolóxica. A teoría da influencia social".
"A influencia dos creadores de contido nas compras online semella estar alcanzando novos niveis, especialmente entre a Xeración Z".
Aumento da inversión publicitaria
Xunto coa televisión, o dixital é o medio no que maior inversión publicitaria se realiza.
Segundo o Informe Infoadex da inversión publicitaria en España no 2024, a inversión real estimada en medios dixitais representa o 47,6% do total (con 2.810,4 millóns de euros) e, no caso da televisión, o 29,4%.
No que se refire ao dixital, as redes sociais son un dos principais epicentros da inversión publicitaria (con 789,3 millóns de euros, un 28,1% da inversión en dixital e un crecemento do 8,5%), xunto coas páxinas web e a publicidade en buscadores.
Neste mesmo informe, recóllese a inversión destinada a influencers. Se no 2022 a inversión era do 63,9 millóns de euros, no 2023 os datos ascenceron ata 79,1, o que representa un crecemento do 23,9%. Este dato é preciso destacalo porque é unhas das modalidades publicitarias que maior crecemento experimentou no último ano xunto coa publicidade en Smart TVs, os actos de patrocinio deportivo, animación no punto de venda, audio dixital ou feiras e exposicións.
Por outro lado, o estudo Estado do Marketing 2024 elaborado por HubSport afirma que o 48,4% das empresas identifican os anuncios en redes como a canle máis eficaz para atraer clientes potenciais. E, ademais, subliña a crecente adopción de estratexias como o marketing de influencers por permitir ás empresas conectarse de maneira máis auténtica e directa co público obxectivo. De feito, o 24,8% das firmas enquisadas no estudo afirmaron ter integradas colaboracións con influencers nas súas compañas por aportar credibilidade e alcance.
A influencia dos influencers
Máis alá das estadísticas, a influencia dos creadores de contido ben explicada por unha teoría psicolóxica. A teoría da influencia social afirma que é máis probable que a xente faga algo que se o percibe como unha norma social. Isto é, canto máis preto estea alguén de nós, máis probable é que nos deixemos influír polas súas accións, preferencias e compartamentos. E cales son as bases desta teoría?
Reciprocidade. Damos para recibir ou, no caso das decisións de compra, é máis probable que os consumidores favorezan unha marca se pensan que obterán algo a cambio.
Coherencia. Unha vez que tomamos unha decisión, como escoller unha marca concreta, esforzámonos por ser coherentes coa nosa elección.
Proba social. Baseamos as nosas eleccións e comportamentos nas sinais sociais e accións dos demais.
Gusto e unidade. É máis probable que nos deixemos influír por alguén que nos cae ben e por aqueles cos que nos sentimos máis unidos.
Autoridade. Deixámonos influír polas figuras de autoridade, xa que cremos os seus coñecementos, confianza e credibilidade. Por iso, os consumidores déixanse influír máis facillmente por aqueles que teñen logrado reputación de expertos nun campo.
Escaseza. Queremos o que outros non poden ter, polo que a falsa sensación de oportunidade ou exclusividade é algo que nos atrae.
Tamén hai outra teoría que entra en xogo para explicar a influencia dos creadores de contido, neste caso, nos hábitos do día a día. Trátase da teoría cognitiva social desenvolvida por Albert Bandura (2001) que afirma que os influencers modelan os comportamentos dos seus seguidores a través da observación, ao converterse en modelos simbólicos que imitar para lograr os mesmos resultados. E, este proceso vese intensificado, ademais, porque os influencers son vistos como amigos cercanos, o que reforza a idea de que calquera pode alcanzar a súa popularidade, o seu físico ou o seu éxito, por exemplo.
A Xeración Z, un grupo ao que prestar atención.
A influencia dos creadores de contido nas compras online semella estar alcanzando novos niveis, especialmente entre a Xeración Z. Segundo un estudo da firma LTK do mercado estadounidense, o 73% deste grupo asegura facer compras baseadas nas recomendacións dos influencers, moi por enriba dos Millennials (66%) e do consumidor adulto promedio (59%).
Ademais, cerca do 40% dos Gen Z considera que os anuncios de afiliados teñen unha influencia, cando menos, moderada, nas súas decisións de compra.
E por que o éxito deste tipo de publicidade? Pola autenticidade e a conexión persoal que os creadores de contido conseguen establecer coa súa audiencia. De feito, medios especializados en marketing dixital afirman que o ascenso desta tipoloxía de publicidade non só é unha tendencia pasaxeira, senón un cambio estrutural no ecosistema publicitario dixital e que, a medida que a Xeneración Z gaña poder adquisitivo e os Millennials consolidan a súa posición no mercado, é probable que a influencia dos creadores de contido nas decisións de compra continúe medrando.
E, por iso, cada vez faise máis necesaria a regulación deste tipo de publicidade. Neste caso, a recente regulación de influencers en España está orientada a establecer normas máis claras para este sector, promovendo unha maior profesionalización e tamén mellorando a transparencia nas prácticas publicitarias e garantir que os contidos patrocinados sexan claramente identificables polos consumidores. Tamén se enfoca en protexer aos usuarios, especialmente aos menores, ante a publicidade de produtos non adecuados.
*Pregunta para a próxima semana: cal foi a primeira social que empregastes e que cambios vistes nela ou noutras similares co paso do tempo?
Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas