Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos da síndrome premenstrual, pero para iso debemos coñecer algo do que pouco se fala e que todos deberíamos coñecer realmente, pois forma parte da propia identidade da muller: do ciclo menstrual.
"O Síndrome Premenstrual está formado por un conxunto de cambios físicos e psicolóxicos que poden chegar a durar entre 10 e 16 días".
"Existen moitas hipótesis diferentes que explican a orixe do síndrome premenstrual e do Trastorno Disfórico Premenstrual".
"A psicoterapia tamén demostrou que axuda, na medida na que se aporta a información e unha se fai consciente de todo o que está a suceder no seu organismo".
O ciclo menstrual está regulado pola interacción bastante complexa de hormonas:
- A hormona luteinizante
- A hormona foliculoestimulante
- As hormonas sexuais femininas (estróxenos e proxesterona)
Segundo estas se vaian relacionando estaremos en diferentes fases do ciclo. Estas serían:
- Menstruación. Descomposición e desprendemento das capas superiores do revestimento do útero ao non ser fecundado o óvulo.
- Folicular. Antes da liberación do óvulo. Comeza o primeiro día de sangrado. Se ningún óvulo foi fertilizado, os niveis de estróxenos e proxesterona son baixos, polo que o endometrio (a capa externa do útero) se desprende e sobreveña a menstruación. Despois, a hipófise aumenta a produción de hormona folículoestimulante, que estimula o crecemento de 3 a 30 folículos, que conteñen óvulos. E máis tarde diminúe a hormona foliculoestimulante e solo un destes folículos continúa medrando. Esta fase dura entre 13 ou 14 días. Neste caso, tamén vai aumentando o nivel de estróxenos. A fase remata cando o nivel da hormona luteizante aumenta dun modo moi acusado, que leva á liberación do óvulo, e comeza a seguinte fase, a ovulatoria.
- Ovulatoria. Liberación do óvulo. Prodúcese un pico dos niveis da hormona luteizante, que estimula o folículo dominante, que se aproxima á superficie do ovario para romperse e liberar o óvulo. A cantidade de foliculoestimulante aumenta en menor grado. E dura entre 16 e 32 horas, e acaba coa liberación do óvulo, unhas 10 ou 12 horas despois do aumento da hormona luteizante. O óvulo neste caso pode fertilizarse ata un máximo dunhas 12 horas despois da liberación.
- Lútea. Despois da liberación do óvulo. Dura uns 14 días, a menos que se produza a fecundación e termina xusto antes do período menstrual. Aumenta progresivamente a proxesterona, que prepara o útero para a implantación dun embrión. Os estróxenos neste momento tamén están altos.
Entón, ¿cando aparecerá o síndrome premenstrual?
O Síndrome Premenstrual está formado por un conxunto de cambios físicos e psicolóxicos que comezan xusto despois da ovulación e desaparece xeralmente cando comeza a menstruación ou pouco despois, polo que poden chegar a durar entre 10 e 16 días.
Tanto a duración como a intensidade dos síntomas depende de cada caso individual, así como en cada persoa poderán prevalecer os síntomas físicos, os psicolóxicos ou unha combinación de ambos.
¿Cales son os síntomas do síndrome premenstrual?
- Cólicos
- Hinchazón
- Sensibilidade nos peitos
- Dor nas articulacións
- Distensión abdominal
- Aumento de peso
- Edema en extremidades
- Cambios de humor
- Baixo estado de ánimo
- Cambios no apetito, comer en exceso, antollos
- Fatiga, letargo ou falta de enerxía
- Iritabilidade
- Ira
- Inquietude
- Falta de concentración
- Menos paciencia
E ¿cales son as causas?
Existen moitas hipótesis diferentes que explican a orixe do síndrome premenstrual e do Trastorno Disfórico Premenstrual.
Por un lado, unhas teorías falan do compoñente hormonal, e tería que ver teoricamente co desequilibrio entre estróxenos e proxesterona ao aumentar substancialmente os primeiros.
Outras teorías consideran que sería unha resposta do organismo ante as alteracións de neurotransmisores neuronais, como as betaendorfinas.
Tamén hai quen considera que ten que ver coa nutrición, pola deficiencia de vitamina B6, a hipoglucemia ou os niveis baixos de calcio ou magnesio.
E en todas se considera importante o compoñente psicolóxico, xa que se destacan factores emocionais onde aquelas mulleres con maior carga emocional son máis susceptibles tamén a sufrir síndrome premenstrual.
O máis probable sexa que se trate dunha combinación de distintos factores que á vez interactúan con algún acontecemento vital: estrés, situacións molestas, …
Este síndrome pode ser ademais hereditario ou adquirido e pode darse momentaneamente ou de forma crónica.
Cando estes síntomas son moi intensos (con depresión, grave irritabilidade ou tensión), coñéceselle como Trastono Disfórico Premenstrual.
Estes síntomas implicarían falta de interese polas actividades diarias e nas relación cos demais, fatiga, tristeza, ansiedade, sentimentos de perda de control, desexo forte de consumir certos alimentos ou comer en exceso, altibaixos no estado de ánimo a veces con llanto, ataques de pánico, irritabilidade ou ira persistentes, problemas para durmir, …
¿Como manexar o síndrome premenstrual ou o trastorno disfórico premenstrual?
Os primeiros pasos teñen que ver con:
- alimentación, equilibrada
- exercicio aeróbico, pero con certo manexo da intensidade, moderado (para diminuír a sensación de tensión física e mental)
- exercicios de respiración, relaxación ou masaxes terapéuticos
- hábitos de sono axeitados.
Tamén podemos empregar suplementos vitamínicos ou a alternativa farmacolóxica, se o consultamos co noso profesional médico e nolo recomenda.
A psicoterapia tamén demostrou que axuda, na medida na que se aporta a información e unha se fai consciente de todo o que está a suceder no seu organismo. Comprender e coñecer son fundamentais para poder avanzar.
Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
Máis Información e entrevistas:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas