Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos das boas prácticas en redes sociais.
"Canto máis Reel, mellor. Ou cando menos iso é o que recomenda Instagram".
"Centrémosnos nas interacción máis profundas, é dicir, conseguir que unha persoa vexa, indique que lle gusta, comparte ou comente o noso contido".
"Outro feito que limitaría as nosas visualizacións sería o de atribuírnos contido que non é noso".
Prácticas recomendadas de Instagram
• Creación: temos que crear contido que atraia á xente.
Canto máis Reel, mellor. Ou cando menos iso é o que recomenda Instagram. A plataforma afirma que crear este formato de publicacións pode axudarnos a seguir aumentando a nosa audiencia. Aínda que si que é certo que hai outros factores que inflúen no aumento de seguidores, as contas con maiores taxas de crecemento de seguidores comparten unha media de dez ou máis Reels ao mes. Así mesmo, aqueles que máis interacción conseguen, son os que teñen alta calidade: un mínimo de 750p de resolución e 30 fotogramas por segundo.
Unha regra de ouro en redes sociais é captar a atención e, para iso, debemos facelo nos tres primeiros segundos do vídeo, ben sexa con contido orixinal, próximo ou inesperado. E, se seguimos a falar de tempo, os Reels que duran entre 30 e 90 segundos son os que logran mellores interaccións e se mostran a máis persoas. De feito, a aplicación afirma que se se estenden máis de 90
segundos non se recomendarán a novas audiencias.
Por outra banda, os Reels non son os únicos triunfadores da rede social. Se preferimos publicacións convencionais, as fotografías e secuencias tamén pode axudarnos a aumentar o alcance, e isto pode que se traduza en máis seguidores. Ademais, como consello adicional, podemos engadir audio, ao igual que deberíamos facer cos vídeos verticais, para que se mostren a máis persoas.
Por suposto, outra práctica recomendada é a de empregar hashtags que sexan tendencia e que resulten pertinentes para o tema do noso Reels e publicacións, xa que axuda a determinar como se distribúe o contido asociado a ela.
• Engagement: interactúa coa audiencia e xera conversación
Sobre o engagement tamén nos ofrece varias boas prácticas. En primeiro lugar, que nos centremos nas interacción máis profundas, é dicir, conseguir que unha persoa vexa, indique que lle gusta, comparte ou comente o noso contido contribúe a determinar se se mostrará a unha audiencia máis ampla.
Para lograr esas interaccións máis profundas podemos crear contido co que os demais poidan sentirse identificados para que as compartan ou mesmo empregar o humor (se encaixa coa nosa liña editorial).
Outro consello moi importante que ofrecen é o de xerar conversación. Non só deberíamos indicar “me gusta” ou responder aos comentarios dos nosos reels ou publicación para crear conversación, senón estar pendentes dos comentarios e as mensaxes directas de outras persoas, xa que incluso nos pode servir de inspiración para o noso próximo contido.
• Alcance: empregar as estatísticas para maximizar
Instagram mostra o contido á xente que pensa que lle gustará, aínda que non sexan seguidores. Desta maneira, a medida que a audiencia interactúe co noso contido, seguirase mostrando a máis persoas.
Pola nosa banda, hai varias maneiras nas que podemos favorecer a visualización do noso contido. En primeiro lugar, poderíamos probar a subir contido cando os nosos seguidores están máis activos e, iso, podemos sabelo consultando as nosas estatísticas.
Así mesmo, o noso crecemento en redes sociais non sempre vai a ser unha liña recta, haberá fluctuacións e iso non debería desanimarnos.
• Normas: aspectos que poderían limitar o noso crecemento
Hai certas accións que poden limitar o noso alcance e isto tamén ben recollido no pequeno manual de boas prácticas que nos dá Instagram. Entre elas, poderíamos citar o feito de compartir Reels con marcas de auga de terceiros como podería ser, no caso máis obvio, TikTok.
Outro feito que limitaría as nosas visualizacións sería o de atribuírnos contido que non é noso. É dicir, non deberíamos republicar contido que xa está na rede, Instagram podería detectalo e facer que o noso contido non se recomende.
E, outro, moi empregado por unha ampla cantidade de creadores de contido, os señuelos de interacción. Isto fai referencia ao contido enganoso ou que dirixa ás persoas a interactuar empregando os “me gusta”, compartindo, comentando ou realizando outras accións para fomentar as interaccións artificialmente.
Ademais, como é obvio, infrinxir as normas sobre recomendacións ou normas comunitarias tamén estará penalizado.
Outras boas prácticas para redes sociais
Máis alá de Instagram hai consellos xerais que vos podemos dar para a vosa presencia online como ter os obxectivos claros para saber como actuar; identificar o noso público obxectivo para ter a linguaxe adecuada; selección das plataformas axeitadas, xa que non todas son útiles para todas as empresas; estudar a competencia para saber por onde comezar a diferenciarse ou replicar o seu formato de contido; contar cun calendario editorial para planificara con antelación as publicacións e, deste xeito, crear contido valios; e medir os resultados a través das estadísticas para ser quen de facer unha optimización constante.
✔️ Pregunta para a próxima semana: as ferramentas como Canva son boas para crear contido de valor?
Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas