Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos de MODELOS RELACIONAIS, máis concretamente de parellas - Living Apart Together (LAT) -
"A vida en conxunto non está feito para todas as persoas e tampouco o ten que estar para todos os momentos vitais.".
"O caso das parellas LAT (Living apart together), está cuestionando o modelo de parella tradicional e que consiste en estar xuntos, fomentando o compromiso, a intimidade e a paixón pero sin convivir baixo o mesmo teito".
"Segundo datos da Universidade de Málaga, o 8% das parellas manteñen unha relación sen convivir".
Os modelos de relación refírense aos espazos individuais e compartidos que se forman cando establecemos unha relación con outra persoa.
É, polo tanto, o lugar onde se sitúan os límites entre ti, eu e nos.
Unha autora chamada Fina Sanz, especializada en relación, fala de que existen 4 modelos de relación. Ela fíxase nos espazos individuais e nos compartidos na parella. Segundo ela, o máis saudable é aquel no que ningún perde a súa individualidade (mantén o seu tempo persoal para as sías aficcións, amistades, estar só, …) ao mesmo tempo que ambos coidan a súa relación e comparten espazos. Sen embargo, existen modelos diversos:
Modelo de inclusión, no que hai un membro da parella que perde o seu espazo individual, xa que a outra persoa a engloba, quedando “absorbido”.
Modelo fusional utópico, no que a parella se une por completo e ambos perden a súa individualidade, tendo de forma conxunta todos os plans e descartando aquelas actividades que se centran nun dos membros da parella. Nesta existen moitas ocasión nos que se perde a individualidade.
Modelo de separación total. No que cada membro da parella se centra en coidar a súa parte individual e non se invirte dedicación en compartir co outro. Non se teñen en conta as necesidades do outro e sempre se priorizan as propias. É habitual que se pase por este estado nos momentos de crise ou conflito grave, xa que se precisa alonxarse da outra persoa.
Modelo de interdependencia. Este sería o modelo máis saudable, aínda que non sempre sexa igual para cada parella. Neste caso, existe un espazo persoal no que o outro non forma parte, senón que pertenece a un mesmo, e , por tanto, a responsabilidade de coidalo está nun e non no outro, pero despois se comparte tempo coa outra persoa e este tempo pode ser maior ou menor segundo a parella, situación e momento vital.
Dentro desta interdependencia, algo do que se fala moito é da convivencia. Non é extraño escoitar a unha parella que leva tempo vivindo xuntos falar dos aspectos que non toleran ou dos que non lle gustan da outra persoa. Sen embargo, o paso a vivir xuntos é un dos máis esperados dunha relación.
Os motivos principais polos que se deciden a vivir en parella soen ser:
Razóns económicas
Plans de futuro, matrimonio ou formar unha familia
Independencia da casa dos pais
Compañía
Desexo de maior intimidade
O feito de desexar tanto ese paso de unión e compromiso fai que moitas veces se idealice esa convivencia e poden aparecer complicacións ata que ambas persoas se acoplan e adaptan ás costumes da outra.
Así, aparecen conflitos por falta de comunicación previa, presencia de altas expectativas na convivencia, diferencias nos puntos de vista sobre o cotiá, ausencia de compromiso coa parella, existencia de problemas económicos, e, algo moi frecuente, que é a desigualdade na parella (xa sexa de tempo invertido nas tarefas diarias, económico, roles xerárquicos, …).
Isto leva a que a comunicación desapareza, o romanticismo non se atope, haxa diferencias nos intereses e incluso á ausencia de desexo sexual.
Desta maneira, a vida en conxunto non está feito para todas as persoas e tampouco o ten que estar para todos os momentos vitais. E, ainda que cando un está enamorado, soe pensar en apegarse á persoa que quere, existen outros modelos que se centran máis no benestar individual, no autocoidado e, sobre todo, en preservar a intimidade.
Por exemplo, cada día dase máis o caso das parellas LAT (Living apart together), un modelo que está cuestionando o modelo de parella tradicional e que consiste en estar xuntos, fomentando o compromiso, a intimidade e a paixón pero sin convivir baixo o mesmo teito.
Isto dase moito en persoas xóvenes, que prefiren preservar a individualidade e medrar como persoas, e en adultos, por exemplo, divorciados e separados, que elixen iniciar unha nova relación, pero priorizan a convivencia cos seus fillos ou simplemente non sinten a necesidade de compartir con outra persoa ou de asumir máis responsabilidades que xa asumiron no pasado.
En realidade, moitas persoas poderán criticar este modelo, véndoo dende o seu, pero se as reglas do xogo quedan claras, pode ser unha opción igual de válida (que as ganas de vivir separados sexan recíprocas, ser claro á hora de compartir a vida coa outra persoa, desarrollar a confianza e honestidad eco outro, manter obxectivos común e metas a conseguir, que a outra persoa forme parte da vida dun, pero non na súa totalidade).
Como ventaxa este modelo pode axudar a manter a chama, ao menos por máis tempo, pode favorecer a vivir un amor un pouco máis paixonal ou romántico, o tempo compartido debería notarse de máis calidades, evita tensión derivadas da convivencia, facilita o manexo da economía e, no caso da ruptura, o proceso sería máis levadeiro, ao ter menos que deixar atrás.
Como hándicaps podemos mencionar que se unha das persoas non están preparadas podería sentirse moi soa, necesitar maior apego; pode aparecer o factor económico, xa que habería o dobre de costes; a distancia, xa que pode que sexa máis complicado verse, quedar ou buscar momentos para verse no día a día debido ás axendas; e tamén poderíamos pensar no momento no que se pasa a unha etapa familiar, na que aparecen os fillos.
Isto último fai que a mayoría das relacións con modelo LAT se materialicen en parellas sen fillos ou que traballan fora e se ven os fins de semana.
✔️Segundo datos da Universidade de Málaga, o 8% das parellas manteñen unha relación sen convivir.
✔️En España, un 10% de parella non viven xuntas
✔️En Inglaterra, calcúlase que 2,2 millóns das parellas adoptan este tipo de relación.
✔️En EEUU outros 2 millóns de matrimonios viven separados.
Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
Máis Información e entrevistas:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas