Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe, para despedir a tempada e xa no verán, falamos das infidelidades.
"O 17,2% declara que foi infiel máis de 5 veces, mentres que un 35,5% dos que foron infieis o foron unha soa vez, e o 27,1% entre unha e 3 veces".
"Recontruir a confianza, aínda que sexa para poder deixar a relación de parella pero non o cariño entre as dúas persoas".
"As persoas que cometen unha infidelidade non son máis felices, xa que no 65% permanece un poso de inseguridade de que se saiba".
O tema das infidelidades é moi interesante, porque parte xa do propio concepto que nos temos do que é ser infiel. Para moitos o simple feito de que a súa parella fale dende a confianza con outra persoa pode ser unha falta de fidelidade, mentres que noutras relación o feito de manter unha relación sexual con outro non conleva infidelidade mentres que establecer unha relación sentimental sí o sería.
Polo tanto, cada parella establece os seus límites e iso enriquece moito este contexto.
Sin embargo, se buscamos datos que se dan en enquisas realizadas, casi un tercio da poboación confesa que enganou á súa parella nalgún momento, pero a metade da poboación ten sospeitas de que llo fixeron ainda que non pode aseguralo, segundo unha enquisa de SigmaDos.
O 17,2% declara que foi infiel máis de 5 veces, mentres que un 35,5% dos que foron infieis o foron unha soa vez, e o 27,1% entre unha e 3 veces.
Unha das preguntas máis frecuentes é o por qué ser infieis, e tamén se as persoas infieis son máis felices.
Os motivos das infidelidades soen ser escapar da rutina, buscar novas experiencias e a atracción sexual como tal.
As persoas que cometen unha infidelidade non son máis felices, xa que no 65% permanece un poso de inseguridade de que se saiba, tamén a sensación de non poder contalo e a culpabilidade por telo feito.
Polo tanto, parece que tanto para a persoa que comete a infidelidade como para quen a recibe, este é un momento crítico, polo que deixamos 10 claves iniciais para afrontar unha infidelidade e “encauzar” a relación:
1. Non reaccionar en quente, xa que o enfado e confusión iniciais non axudan a asimilar a situación de forma meditada e reflexionada.
2. Expresa os teus sentimientos. Desafógate.
3. Da espacio e dialoga, xa que é a única forma de comprenderse e de buscar acordos, xa sexa para continuar coa relación como para poñerlle fin.
4. Establece un clima de sinceridade, no que as dúbidas queden con resposta.
5. Escoita ao outro. Sempre temos algo que dicir, e ás veces, temos que dicilo moi de seguido e de forma repetitiva pola emoción que estamos a vivenciar.
6. Superade tanto os sentimientos de culpabilidade como os de victimismo, para así poder analizar que cuestión levaron a esa situación e ver se se pode buscar puntos de acordó, posibles cambios, …
7. Escoitade os motivos que levaron á infidelidade.
8. Non perderse en detalles tontos que van producir máis dor e non van a levar a nada e centrarse nos detalles que realmente poden contribuir a unha mellora.
9. Recontruir a confianza, aínda que sexa para poder deixar a relación de parella pero non o cariño entre as dúas persoas.
Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
Máis Información e entrevistas:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas