Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos da síndrome de Tourette
"Dentro destes trastornos relacionados cos tics temos o síndrome de Tourette, o trastorno de tics motores ou vocais persistentes, os provisionais e outros non especificados".
"A síndrome de Tourette é un trastorno do neurodesarrollo que se manifesta inicialmente na infancia o una adolescencia".
"Implica un amplio espectro de síntomas sensoriais, conductuais e cognitivos que son a consecuencia das alteracións a diferentes niveis".
Quizais todos coñecemos persoas que presentan tics ou incluso pode ser que nos mesmos sentísemos a presenza dun en nos. Sin embargo, non todos ou todas, polo simple feito de emitir tics temos un trastorno.
Isto é o que temos que valorar.
O venres pasado foi o día do síndrome de Tourette. E dende entón apareceron noticias sobre o tema, que temos que ir aclarando e matizando para comprender de que se trata.
Os tics son movementos repetitivos, non rítmicos e estereotipados, causados por contraccións musculares involuntarias, para os que se asume que hai unha base cerebral.
No DSM-5, que é o noso manual diagnóstico, considérase un tic como un movemento ou vocalización de carácter rápido, recurrente e non rítmico.
Dentro destes trastornos relacionados cos tics temos o síndrome de Tourette, o trastorno de tics motores ou vocais persistentes, os provisionais e outros non especificados.
Por entendelo dunha forma sinxela, iríamos dende o máis complexo, recurrente e persistente, que sería o síndrome de Tourette, ata o máis sinxelo e transitorio, que sería o trastorno de tics provisionais.
O síndrome de Tourette é un trastorno do neurodesarrollo que se manifesta inicialmente na infancia o una adolescencia, antes dos 18 anos e que se caracteriza polo desenvolvemento de tics motores e fónicos persistentes e cambiantes co tempo.
Implica un amplio espectro de síntomas sensoriais, conductuais e cognitivos que son a consecuencia das alteracións a diferentes niveis dos circuitos frontosubcorticais, involucrando tanto o estriado dorsal como o ventral, así como circuitos frontolímbicos cruciais na estabilidade emocional e o control da conduta.
CRITERIOS DIAGNÓSTICOS
Múltiples tics motores (2 ou máis) e 1 tic ou máis fónico, presentes nalgún momento da enfermidade, aínda que non necesariamente de forma recurrente.
Debe darse durante máis dun ano dende o inicio do primeiro tic, aínda que a súa frecuencia pode ir aumentando ou diminuindo.
O inicio dos tics debe ser antes dos 18 anos.
Os tics non se poden atribuir aos efectos dalgún tipo de sustancia ou condición médica.
¿A QUEN AFECTA?
• Ao 0,3-0,8% da poboación pediátrica.
• Máis común en homes que en mulleres (4:1)
• Aparecen típicamente entre os 5 e os 7 anos.
• Tenden a empeorar entre os 10 e os 14 anos.
• Durante a adolescencia (a partir dos 16 anos) tenden a mellorar
• En aproximadamente a metade dos individuos remiten nai dade adulta.
¿SEMPRE QUE TEÑO TICS TEÑO SÍNDROME DE TOURETTE?
Non, existen outras causas para os tics, aínda que o Síndrome de Tourette sexa a causa máis frecuente.
A lista vai dende o trastorno do espectro autista, ou enfermedades neurodexenerativas, como a enfermidade de Huntington.
Tamén hai casos nos que os tics se deben a:
- Trastorno de tics transitorio
- Trastorno de tics motores ou vocales crónicos ou persistentes
- Trastornos do neurodesarrollo: retraso mental, espectro autista, …
- Anormalidades xenéticas ou cromosómicas, como o síndromde de down, X frágil, …
- Enfermidades neurodexenerativas, como a enfermidade de Huntington, neuroacantocitose, …
- Drogas ou tóxicos: neurolépticos, estimulantes como as anfetaminas, cocaína, heroína, … , antidepresivos, …
- Lesións cerebrais agudas: vasculares, postraumáticas, encefalite, …
- Fenómenos postinfecciosos
- Outras causas: tics de orixe funcional, enfermidade de Behçet, síndrome antifosfolípido
¿Cando é un síndrome de Tourette e non un trastorno de tics?
Para que apareza un trastorno de tics é suficiente con que se dea un único tic, mentres que para que se trate dun síndrome de Tourette deben aparecer múltiples motores e un ou máis vocais durante polo menos un ano.
Tamén é máis frecuente que se dea no caso do ST a coprolalia, que é a verbalización de palabras obscenas como “caca”, “mierda”, …).
Debemos tamén descartar ou axudarnos de estudios de neuroimaxe.
Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
Máis Información e entrevistas:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas