Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Tendencias en redes sociais do 2024, por Laura López de ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN
    Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos das Tendencias en redes sociais do 2024.
    Fai algo menos de dúas semanas publicábase unha nova edición do Estudio de Redes Sociales de IAB Spain. Este é un estudo anual elaborado pola Interactive Advertising Bureau (IAB), que é a maior asociación mundial de publicidade, marketing e comunicación dixital. Está presente en 47 países e,
    no caso de España, arrancou a súa actividade no 2001.
    "En España, o 86% dos internautas entre 12 e 74 anos empregan as redes sociais, o que representa arredor de 30,3 millóns de individuos".
    "A media de intensidade de uso de redes sociais sitúase en 1 hora e 8 minutos ao día".
    "Se se ten que falar dun formato estrela, unha vez máis, son os vídeos verticais, que son clasificados como o contido máis eficiente das redes sociais".
    O informe analiza o uso e as tendencias das redes sociais no país, proporcionando unha visión detallada sobre como os usuarios interactúan con estas plataformas, as súas preferencias, os hábitos de consumo ou as tendencias emerxentes. Deste xeito, convírtese unha ferramenta interesante para as empresas, xa que estas poden aproveitar os datos para as súas estratexias de marketing dixital.
    Como é o usuario de redes sociais?
    Na actualidade, o 86% dos internautas entre 12 e 74 anos empregan as redes sociais, o que representa arredor de 30,3 millóns de individuos. Malia que non hai grandes diferenzas, hai un chisco máis de mulleres (53%) ca homes (47%) en rede sociais, sendo a idade medio do usuario de 41 anos. Do mesmo xeito, hai unha maior penetración nas mulleres (89%) que en homes (83%), especialmente entre os xoves de 18 a 24 ano de idade (94%) e os adultos de 35 a 44 anos (91%).
    De feito, estes últimos, tanto a Xeración Z coma os Millennials empregan de promedio seis redes sociais.
    ✔️Uso de redes sociais
    A media de intensidade de uso de redes sociais sitúase en 1 hora e 8 minutos ao día. Unha vez máis, son os usuarios de 18 a 24 anos (1:29 horas) os que máis horas pasan conectados, seguidos de aqueles entre 25 e 35 anos (1:21 horas). E, se se fala das redes sociais nas que máis tempo pasan os usuarios, temos que mencionar Spotify, TikTok, WhatsApp, YouTube, Twitch, Instagram e Tinder. Precisamente, os usos máis frecuentes que os usuarios lles dan ás redes sociais son entreterse, interactuar e informarse, aínda que é preciso destacar que entre as mulleres tamén destaca a busca de inspiración e seguir tendencias e, nos homes, coñecer xente.
    Malia que non hai diferenzas significativas no uso de redes sociais entre homes e mulleres, si o hai na preferencia dunha ou outra rede social. Mentres que WhatsApp, Instagram, Facebook, TikTok, Pinterest, Snapchat e BeReal son as máis populares entre as mulleres, no caso dos homes a preferencia atópase en X, Telegram, Twitch, Discord ou Reddit.
    ✔️Contido en redes sociais
    O contido máis consumido son as fotografías (co 55% das interaccións), os Reels (co 31,5%), que experimentaron un crecemento do 96% respecto ao anterior informe e os carruseles (8,9%). É por isto, que se se ten que falar dun formato estrela, unha vez máis, son os vídeos verticais, que son clasificados como o contido máis eficiente das redes sociais. Así, por exemplo, en Instagram, o formato Reel é un +5% máis eficiente que os formatos estáticos, mentres que en YouTube, o formato Short medra e é un 96% máis eficiente que un formato de vídeo tradicional. E, se falamos de TikTok, onde o contido é exclusivamente desta tipoloxía, destaca por ser unha das redes sociais máis coñecidas e empregadas. Así mesmo, neste formato, as temáticas máis consumidas son os titoriais, os vídeos de humor, musicais, explicativos e informativos.
    E, outro aspecto a destacar é que case 6 de cada 10 usuarios prefiren o contido duradeiro fronte ao efémero. É dicir, en termos xerais, as stories non son o contido favorito dos internautas.
    ✔️Compras en redes sociais
    As redes sociais son un medio axeitado para proporcionar información sobre productos e servizos e axudan a comparar alternativas no proceso de compra. Sen embargo, só un 14% dos usuarios realizan compras a través destas plataformas. As redes sociais preferidas para esta porcentaxe de usuarios, son Facebook, Instagram e WhatsApp, aínda que as tendas online seguen sendo a opción preferida para as compras en liña.
    ✔️A aplicación de IA
    Este informe tamén mostra as tendencias emerxentes e dá voz aos expertos e, estes, non perden a oportunidade de destacar a potencia das intelixencias artificiais. Estímase que o 20% dos profesionais teñen empregado algunha aplicación para xerar ou analizar contidos en redes sociais e, as máis empregadas serían Copilot (16%), Lately (16%) e Chat GPT (8%). Do mesmo modo, aseguran que a adopción de IA no ámbito das plataformas sociais non só facilita o traballo dos expertos, senón que tamén contribúe á innovación e eficiencia nas estratexias dixitais. En definitiva, o Estudio de Redes Sociales 2024 é unha ferramenta valiosa para profesionais do marketing e a publicidade pero tamén para calquera empresa ou negocio que busque mellorar a súa presenza e estratexias en redes sociais
    Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    14 min
  • SALTA DA CAMA luns 03-06-2024 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    Laura López de Actualizados Comunicación, fálanos de tendencias en redes sociais.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 29 min
  • Falamos con Noe e Mónica García e con Kim Llobet sobre o proxecto de apoio que se chama, Círculo de Mulleres.
    Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Hoxe falamos con Noe e con Mónica García dun proxecto de apoio entre persoas, "Círculo de Mulleres".
    Noe García "Necesitamos un colectivo que apoie e que entenda as situacións das persoas, trátase de falar e de escoitar".
    Mónica García "Quero trasladar todo o que traballei en min a outras persoas. Cando ti falas da túa realidade, vas adentro e non todo o mundo está disposto".
    Circulo de Mulleres. Unha actividade que "Mulleres que Poden" puxo en marcha hai 2 anos baixo o nome de Circulo de Mujeres As fillas do Sol.
    Un nome que dá Luz, Enerxía e boa Vibra a calquera actividade que desde aí póñase en marcha.
    Un novo proxecto nace dentro das fillas do Sol...nace un grupo de Apoio, onde Compartir, Respectar, Autocoidado, Equidade, Protagonista da miña Vida, Disciplina, Xenerosidade, Escucha Activa, Confianza, Palabra, Decisión, Emoción entre outras moitas, formarán parte dunha linguaxe dos nosos día a día.
    Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703
    Máis Información de MULLERES QUE PODEN
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    22 min
  • SALTA DA CAMA xoves 30-05-2024 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Que pasa en Galicia?
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    #información
    #entretemento
    #música
    Sección de igualdade. Cada xoves abrimos unha fiestra cara o rural, o empoderamento e o emprendemento. Hoxe falamos da creación do "Círculo de Mulleres", na Estrada
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 27 min
  • Falo con Eva Varela, Concelleira de Educación e Cultura do Concello do Pino, sobre a sétima edición de Camiña e Descubre
    O Concello do Pino organiza a sétima edición de Camiña e Descubre que este ano retorna á axenda municipal co obxectivo de percorrer o Camiño Miñoto Ribeiro.
    "O programa "Camiña e Descubre" xurde da idea de facer unha xornada de convivencia entre veciños".
    "Incluso nos acompañan veciños doutros concellos limítrofes".
    "O voso camiño é moi fermoso, é rural rural".
    Ao longo de varias etapas, as persoas que participen poderán gozar dunha das rutas máis antigas do Camiño de Santiago que enlaza o norte de Portugal coa capital galega ofrecendo un percorrido cun gran legado histórico, dunha gran riqueza natural, con moitos afloramentos termais e vencellada ao transporte do viño dende o século XII.
    A primeira das etapas está prevista para o sábado 21 de outubro cun percorrido entre Freiría (na localidade lusa de Cevide) ata Merens en Cortegada.
    O resto das etapas cubriranse o terceiro sábado dos meses de novembro, xaneiro, febreiro, marzo, abril e maio.
    O custe da actividade é de 8 euros por persoa e etapa.
    As persoas interesadas poden obter máis información na Casa da Cultura, a través do teléfono 981 511 065.
    Máis información do CONCELLO DO PINO:
    ✔️Web: https://opino.gal/es/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/ConcelloDoPino/
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    16 min
  • RICAS e FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do corazón 29-05-2024
    En "Ricas e Famosas" fago un repaso ás portadas das revistas do corazón de máis tirada en España, dun xeito divertido.
    Portadas das revistas:
    ✔️Hola: https://www.hola.com/
    ✔️Semana: https://www.semana.es/
    ✔️Diez minutos: https://www.diezminutos.es/
    ✔️Pronto: https://www.pronto.es/
    ✔️Que Me Dices: https://www.quemedices.es/
    ✔️Lecturas: https://www.lecturas.com/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    8 min
  • SALTA DA CAMA mércores 29-05-2024 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Información
    Entretemento
    Música
    “RICAS E FAMOSAS” repasó con humor ás portadas das revistas do ❤️.
    “Camiña e descubre”, falo con Eva Varela Gago , concelleira de Educación e Cultura do Concello do Pino
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 31 min
  • Hoxe falamos do Transtorno Obsesivo Compulsivo (TOC) , con Verónica Barros, BARROS PSICOLOGÍA.
    Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos dos amores non correspondidos.
    "O noso cerebro está programado para xerar pensamentos, os desagradables son denominados pensamentos intrusivos".
    "Os pensamentos intrusivos, en si, non son obsesivos, so molestos.".
    "Controlar os pensamentos que xenera a nosa mente non é de todo posible, pero o que si que é posible é controlar a importancia que lle damos".
    O noso cerebro está programado para xerar pensamentos. Eses pensamentos poden ser agradables ou desagradables, pero, sobre todo, son involuntarios. Os desagradables son denominados pensamentos intrusivos.
    ✔️ ⁠Os pensamentos intrusivos, en si, non son obsesivos, so molestos. Convirtense en obsesivos cando a frecuencia, a duración, a importancia outorgada ou os esforzos que facemos para eliminalos da nosa cabeza se exceden.
    ✔️ ⁠Cando nos comezan a molestar significativamente intentamos neutralizalos, pero ese fenómeno de neutralización o que fai e aumentalos, e iso produce ainda un malestar maior.
    ✔️Controlar os pensamentos que xenera a nosa mente non é de todo posible, pero o que si que é posible é controlar a importancia que lle damos a eses pensamentos e as conductas que poñemos en marcha para controlalos.
    ✔️ O TOC dase cando temos obsesións e compulsións que nos interfiren na nosa vida.
    Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
    ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    17 min
  • SALTA DA CAMA martes 28-05-2024 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Que pasa en Galicia?.
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Verónica Barros de Barros Psicología, Falamos do trastorno obsesivo compulsivo
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 30 min
  • Chega Chat GPT-4o, por Lorena López de ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN
    Lorena Penas, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos do Chat GPT-4o.
    Cando se fala de chat GPT (Generative Pre-trained Transformer) faise referencia ao modelo de linguaxe natural desenvolvido por OpenAI. Estes modelos, que empregan unha arquitectura de redes neuronais chamada transformer e que se introduciron por primeira vez no 2017, funcionan a
    través do adestramento de grandes cantidades de información extraídas da rede que lles permite aprender a estrutura e os patróns da linguaxe.
    Deste modo, os modelos GPT poden ser usados para unha variedade de aplicacións, como chatbots, tradución de linguas, resumo de texto, resposta a preguntas, creación de contido, e moito máis. A súa capacidade para xerar texto coherente e relevante en diversos contextos fixo que sexan ferramentas moi útiles en moitos campos.
    "Deste modo, os modelos GPT poden ser usados para unha variedade de aplicacións".
    "Fai apenas uns días, aos usuarios de Chat GPT sorprendeunos una nova actualización: o Chat GPT-4o".
    " A intelixencia artificial vainos a entender o que lle escribamos por texto ou o que lle enviemos en formato de imaxe, audio ou vídeo. Isto fai que a maneira na que interactuamos coa IA sexa moito máis flexible".
    Evolución GPT-3.5 ata GPT-4
    O GPT-4 é a versión de pago de Chat GPT-3.5 e esta ofrece unha serie de melloras e novas funcións.
    1. Comprensión e xeración de texto melloradas.
    O GPT-4 ofrece respostas máis precisas e coherentes en comparación co GPT-3.5. Por exemplo, se lle preguntamos a GPT-4 sobre os efectos do cambio climático, pode darnos unha resposta detallada que inclúa o impacto na subida do nivel do mar, a perda de biodiversidade e os fenómenos meteorolóxicos extremos, mentres que o GPT-3.5 daríanos unha resposta máis xenérica.
    2. Maior contexto.
    O GPT-4 pode manexar contextos máis longos, máis complexos e seguir o fío
    da conversación por máis tempo. Isto quere dicir, por exemplo, que nunha conversa sobre a planificación dunha viaxe, o GPT-4 pode lembrar que mencionamos que nos gustan as praias e suxerir destinos específicos que teñen praias fermosas, aínda que iso se mencionase varias mensaxes atrás.
    3. Capacidade multimodal.
    Unha das innovacións máis destacadas do GPT-4 é a súa capacidade para interpretar e describir imaxes. É dicir, se lle enviamos unha foto dunha praia, GPT-4 pode describir a escena dicíndonos que hai area branca, palmeiras e un ceo despexado, e mesmo pode suxerir actividades que poderiamos facer alí, como nadar ou facer surf.
    4. Coñecemento actualizado.
    Está adestrado cunha base de datos actualizada ata 2023, polo que as respostas que nos dá poden ser moito máis amplas.
    5. Interacción máis avanzada.
    Ofrece unha conversación máis fluída, con respostas máis naturais e contextualmente máis axeitadas. Isto é, se por exemplo lle pedimos que nos dea unha receita e logo queremos substituír ingredientes para que sexa vexetariana, pode facer suxerencias dunha maneira máis fluída e coherente.
    6. Comprensión de tarefas complexas.
    É máis eficaz na comprensión e execución de tarefas complexas e multistep. Por exemplo, se lle pedimos axuda para crear un plan de estudo para un
    exame, GPT-4 pode dividir o plan en varias fases, suxerir recursos de estudo específicos e dar consellos sobre como xestionar o tempo de forma eficiente.
    7. Seguridade e ética melloradas.
    Ten mellores filtros para detectar e evitar contido inapropiado ou dañino, de maneira que se intentamos buscar información sobre temas sensibles ou perigosos, pode redirixirnos a fontes seguras ou ofrecer mensaxes de advertencia sobre a seguridade en lugar de proporcionar información potencialmente perigosa.
    Chega a última versión: Chat GPT-4
    Fai apenas uns días, aos usuarios de Chat GPT sorprendeunos una nova actualización: o Chat GPT-4o, accesible para aqueles que pagan pola súa versión Plus e os que non. As diferenzas esenciais entre a súa versión máis premium son incribles.
    ✔️En primeiro lugar, é capaz de ofrecer respostas case instantáneas: se antes tardaba 5 segundos, a versión actual só espera 320 milisegundos.
    ✔️Por outro lado, destaca polo procesamento multimodal. É dicir, a intelixencia artificial vainos a entender o que lle escribamos por texto ou o que lle enviemos en formato de imaxe, audio ou vídeo. Isto fai que a maneira na que interactuamos coa IA sexa moito máis flexible.
    Estas son algunhas das características que ofrece na aplicación Chat GPT, tanto de maneira gratuita como de pago. Iso si, para os usuarios da versión gratuíta, o límite de uso é de 50 mensaxes diarias, mentres que na versión plus chega ás 25 mensaxes cada tres horas. Polo visto, esta limitación forma parte da política de OpenAI para xestionar o uso e asegurar que a infraestrutura pode soportar a demanda e asegurar que todos os usuarios poden acceder ao servizo sen interrupcións significativas.
    ✔️Sen embargo, hai outras funcións que se limitan aos usuarios que teñen a versión de pago e que xa comezan a parecer de películas de ciencia ficción. Esta versión é quen de ofrecernos unha resposta en voz que mostrará emocións. Ademais diso, pode interpretar a nosa expresión facial e diferenciar a tristeza da felicidade; realizar traduccións en tempo real que manterán o ton orixinal ou reaccionar a cousas que lle poidamos ensinar como pode ser a nosa mascota a través da webcam,
    Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    14 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!