Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos da nova actualización do algoritmo de Instagram.
"Instagram non só conta cun algoritmo, senón cunha variedade deles".
"Outra novidade demandada é a de darlle a adecuada visibilidade a eses usuarios que subiron unha imaxe ou un vídeo por primeira vez".
"Para esas persoas cuxo contido foi “roubado” haberá un recoñecemento específico".
Dunha maneira sinxela, un algoritmo é unha fórmula que lle permite a unha rede social recoller información sobre o comportamento dos usuarios para logo definir ou priorizar que vai a mostrar. É dicir, a orde das publicacións no feed, a orde dos usuarios nas stories ou o contido que nos aparece na pestana de explorar.
Aínda que semella ser un dos segredos mellor gardados da rede, Instagram non só conta cun algoritmo, senón cunha variedade deles para, en teoría, lograr a mellor experiencia para o usuario posible. E, do mesmo xeito que os comportamentos dos internautas evolucionan e cambian co paso dos meses, tamén o fan os algoritmos que miden estes modos de actuar. Así que, como funciona agora mesmo o algoritmo de Instagram?
5 claves do algoritmo de Instagram
✔️Interese do usuario: Instagram vai analizar as publicacións coas que interactuamos a través dos me gusta, comentarios ou visualizacións para mostrarnos un contido similar. Isto quere dicir que, se nos encanta o contido sobre animais, por exemplo, a aplicación tenderá a mostrarnos máis deste tipo de publicacións.
✔️Relacións: o algoritmo coñece en certa medida a nosa relación con outros usuarios. Deste xeito, priorizará as publicacións das persoas coas que interactuamos máis, do mesmo xeito que, se nos etiquetan ou comentamos con frecuencia en certos perfís, as súas publicacións aparecerán máis no noso feed.
✔️Actualidade: aínda que fai uns anos se mostraba cronolóxicamente as publicacións realizadas (a día de hoxe segue existindo esta opción, pero non é a que está marcada por defecto), é certo que as publicacións recentes teñen máis probabilidade de aparecer primeiro xa que, parece, que Instagram valora o contigo fresco e actual.
✔️Frecuencia de uso e duración: se somos algo adictos a redes sociais, o algoritmo intentará mostrarnos o máis destacado dende a nosa última visita. Pola contra, se somos dos que entramos unha vez á semana, mostraranos o contido máis relevante para nós nunha franxa máis ampla de tempo. Do mesmo xeito, se a duración da nosa sesión se extende no tempo, tenderá a mostrarnos contido máis variado para atraer a nosa atención. Pola contra, se as sesións son curtas, centrarase só no importante.
✔️Exploración de contidos: esta pestana é a oportunidade perfecta para coñecer contido novo, polo que Instagram mostranos contido que non seguimos pero basado nas nosas interaccións previas.
Igualdade de oportunidades e premiar o contenido orixinal
Por outra banda, semella que Instagram mudou de obxectivos. O actual é permitir a todos os creadores ter as mesmas oportunidades de chegar a un público amplo. Deste xeito, está traballando nunha forma de clasificación que mostra o contido en base aos intereses dos usuarios e non tanto nas interaccións. Esta maneira de clasificalos ten como obxectivo premiar a calidade do contido, sen importar o número de seguidores.
Ademáis, outra novidade demandada é a de darlle a adecuada visibilidade a eses usuarios que subiron unha imaxe ou un vídeo por primeira vez. É dicir, coa última actualización búscase recoempensar a creadores orixinais e, ao mesmo tempo, penalizar a todas as páxinas que conseguen aumentar o número de seguidores e me gusta reeditando o traballo de outros, sen
mencionalos ou, directamente, empregando como propio o contido alleo.
De feito, Meta ten informado que eses usuarios, que non fai máis que repostear o contido de outros, serán penalizados cando se detecte que o contido se volveu a publicar cando menos 10 veces en 30 días. Deste xeito, as páxinas deixarán de aparecer en recomendacións e no Explorar durante un mes.
Pola contra, esta penalización non se efectuará se o contido foi modificado significativamente, ben sexa por ter realizado unha parodia ou un comentario sobre o mesmo, ou se a conta dispón do permiso para volver a publicar ese contido previamente compartido.
Para esas persoas cuxo contido foi “roubado” haberá un recoñecemento específico. O lugar ocupado por estes usuarios de maneira indebida será asignado ao contido orixinal, dándolle o debido crédito a espazo, a través dunha especie de etiqueta no material.
Mellora da experiencia do usuario e creador ou adicción?
Dentro da investigación académica, os algoritmos téñense analizado coa súa relación coa adicción e, algúns estudos téñenos relacionados co denominado filtro burbulla. Este termo fai referencia á maneira na que a personalización da información da rede illa aos usuarios de aquela outra información pola que aínda non ten mostrado interese. Desta maneira, o filtro burbulla pode
atrapalos nunha esfera de resultados homoxéneos.Entón, aquí a cuestión é se o algoritmo ten como obxectivo mellorar a experiencia de uso e premiar aos creadores de contido ou fomentar un comportamento, en certa medida, adictivo.
Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas