Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Hoxe falamos da síndrome do impostor. Que é?, como detectado e como superalo, por Verónica Barros, BARROS PSICOLOGÍA.
    Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos da síndrome do impostor
    "A síndrome do impostor é un fenómeno psicolóxico polo cal as persoas exitosas teñen a sensación de non ser merecedoras dos seus logros e senten que son un fraude".
    "Algúns investigadores consideran que está vinculado ao perfeccionismo, sobre todo en mulleres".
    "Ser capaz de saber que somos bos en algo que son factores incondicionais, e que o éxito ven de algo que un da por descontado, porque sempre se tivo ou porque forma parte da nosa propia personalidade".
    ¿Que é?
    A síndrome do impostor é un fenómeno psicolóxico polo cal as persoas exitosas teñen a sensación de non ser merecedoras dos seus logros e senten que son un fraude.
    Senten que os seus éxitos ou que as cousas boas que conseguen en lugar de ser resultado dun bo facer, veñen un pouco por azar, ou incluso porque os demais as están valorando demasiado pero que non son para tanto. Por este motivo, senten ansiedade porque os demais poden chegar a darse conta de que son un fraude e que poidan sentirse enganados.
    Non son conscientes dos motivos dos seus logros, non os recoñecen como propios. E, polo tanto, pode tratarse dun trastorno a resolver.
    Esta sensación, a veces chamada tamén síndrome da fraude, fai que persoas exitosas sexan incapaces de asimilar os seus logros. E tanto se teñen moitos logros ou triunfos como se están nunha época de menos éxitos, tenden a sufrir.
    Algúns investigadores consideran que está vinculado ao perfeccionismo, sobre todo en mulleres. E ten que ver moito coa autoestima, non porque sexa baixa, senon porque non teñen un autoconcepto ben establecido e realista.
    Se non son consciente das miñas capacidades é lóxico que non aceptemos que o éxito está relacionado coas mesmas.
    Ser capaz de saber que somos bos en algo que son factores incondicionais, e que o éxito ven de algo que un da por descontado, porque sempre se tivo ou porque forma parte da nosa propia personalidade.
    ¿Como detectalo e recoñecelo?
    ✔️ Abstracción selectiva. Cando alguén fai comentarios sobre o que se está a valorar, e esa valoración é na súa gran maioría positiva, pero ten un so aspecto negativo que, ademais, é moi sinxelo e sen importancia, unha persoa con esta distorsión centra a súa atención de forma selectiva e distorsionada nese pequeno aspecto a mellorar, sen darlle toda a importancia que merecen os aspectos que están ben.
    ✔️ Sensación de culpa. Da a sensación de que o éxito non é merecido, polo que senten culpabilidade ante o recoñecemento e medo a perdelo. Como non somos conscientes da xustificación do éxito, cústanos aceptalo e culpámonos polo engano.
    ✔️ Alto nivel de inseguridade á hora de enfrontarnos aos retos do día a día.
    ✔️ Elevado nivel de autocrítica. Pesquisa de erros a toda costa.
    ✔️ Baixo nivel de compaixón. Non aceptamos que todos temos erros e que os erros son de humanos. E facemos unha crítica voraz que ademais é inxusta e dolorosa.
    ✔️ Odio aos eloxios. Non soportan que os eloxien porque sinten que os poden estar enganando, que pode estar en risco ou sintan presión porque pensan que pode ser efémero. Isto ten moito que ver con que as persoas temos dúas maneiras de sentir motivación. Unha delas é a motivación de logro, facer as cousas para lograr algo en concreto; mentres que a outra é o medo ao fracaso, que leva a facer cousas, pero so para sentir que o estamos facendo ben e que non estamos a fracasar. A primeira xera sentimentos de motivación en positivo, activándonos, e xerando no noso corpo adrenalina, noradrenalina, ... mentres que a segunda o xera é ansiedade, tensión, estrés, e xeralmente, conleva aspectos negativos e tamén fai que o noso corpo se encha de cortisol, a hormona do estrés, que tantas repercusións indesexadas ten no noso corpo.
    ¿Como superalo?
    ✔️ Traballar o autocoñecemento. Un exercicio sinxelo é facer unha lista de aspectos positivos e negativos que cremos que temos.
    ✔️ Facer unha lista de fortalezas. Levar un rexistro de logros pode ser interesante para darte conta de cousas boas que lograches, e así poder analizar evidencias racionais de onde veñen esas cousas positivas.
    ✔️ Intentar ser máis conscientes do feedback externo. Por nos, todo é normal, é lóxico, é o esperable. Sen embargo, é bo centrarse no que os demais a veces nos din. Isto faino calquera, hoxe tiven un bo día, ... son escusas perfectas para un “teórico impostor”. Máis tamén é moi bo dicir, “grazas”, “a verdade é que o traballei moito, alégrome de que che guste”.
    ✔️ Adquirir control interno. En psicoloxía hai un concepto que é o de locus de control. Hai persoas con locus de control interno e hai persoas que tenden a ter un locus de control externo. Salga ben ou salga mal, se pensas que todo depende da sorte ou de aspectos externos, é moi difícil cambiar para mellorar, polo que é bo intentar gañar control interno.
    ✔️ Non postergar. Intentar aceptar a frustración e enfrontarnos a moitas situacións para poder poñernos a proba, e avaliarnos como se as cousas conseguidas foran conseguidas por outra persoa, para intentar ser obxectivo.
    Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
    ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    17 min
  • SALTA DA CAMA martes 23-01-2024 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Que pasa en Galicia?.
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Verónica Barros de Barros Psicología, Falamos do sindrome do impostor.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 33 min
  • Día do Community Manager e como ser un bo xestor de comunidades, por Laura López de ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN.
    Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos Día do Community Manager e como ser un bo xestor de comunidades.
    Parece ser que hoxe estamos de celebración nas axencias especializadas en redes sociais. E é que cada cuarto luns de xaneiro celébrase un día moi especial: o Día Internacional do Community Manager. E, este profesional naceu coas redes sociais e a partir dunha demanda que consistía en atender as sociedades virtuais e a necesidade de construír unha comunidade arredor dunha marca.
    Polo tanto, esta figura comezou sendo a responsable de xestionar a presenza online dunha marca e de interactuar cos seus seguidores en redes sociais. Nese sentido, o seu papel centrábase en responder preguntas, resolver problemas e manter unha comunidade en liña positiva e activa. Pero, a día de hoxe, a súa función ten evolucionado moito e ten unha posición estratéxica dentro dunha
    empresa.
    "Community Manager. Como o seu propio nome indica, é o xestor de comunidades en redes sociais, o responsable de crear comunidade arredor dunha marca".
    "Temos que investigar e comprender o noso público obxectivo".
    "Ás veces as liñas que separan os diferentes profesionais que nos podemos atopar no departamento de marketing dixital son complicadas".
    Ás veces as liñas que separan os diferentes profesionais que nos podemos atopar no departamento de marketing dixital son complicadas e, máis aínda, cando se trata de axencias pequenas nas que un mesmo perfil ou función pode confluír en unha ou dúas persoas. Pero, hai certas tarefas ou características que nunca van a corresponder ou ser un coñecemento directamente relacionado con esta profesión. E nós fixemos unha pequena lista, que xa nos dá algunha pista ao respecto:
    ✔️ Saber arranxar unha impresora non é ser Community Manager e que traballemos en redes sociais non implica que nos manexemos coa posta a punto de impresoras.
    ✔️ Ter un sobriño adolescente cun teléfono móbil cunha boa cámara, perfís nas redes sociais do momento e que fai bailes de TikTok non é ter un Community Manager para o teu emprendemento.
    ✔️Un Community Manager tampouco é aquel que che dá resposta afirmativa a un “faime un deseño aí rápido para o faldón dun xornal, que queremos lanzar unha publicidade”.
    Cando falamos da xestión e comunicación en plataformas dixitais adoitamos referirnos a todos os perfís que traballan niso como Community Manager cando, en realidade, podemos matizar e falar sobre diferentes postos de traballo diferenciados.
    ✔️ Social Media Manager. É o responsable de que as redes sociais dunha marca funcionen a nivel operativo e estratéxico. É dicir, é esa figura que marca os obxectivos e estratexias no Social Media Plan, o que analiza todas as métricas e datos para saber onde falla a comunicación dunha marca, cales son os seus puntos débiles ou, pola contra, cales debe potencia para medrar. É, en resumo, o responsable da coordinación dos proxectos nestes soportes dixitais.
    ✔️ Community Manager. Como o seu propio nome indica, é o xestor de comunidades en redes sociais, o responsable de crear comunidade arredor dunha marca. Como é de esperar, traballa cóbado con cóbado xunto o Social Media Manager á hora de valorar a estratexia para os diferentes proxectos. Pola contra, esta figura só se encarga da parte operativa das redes sociais e debe coñecer á perfección o público ao que se dirixe, para saber como conversar con el. Por iso, desta figura agárdase que estea ao tanto de todas as tendencias e da actualidade, que manexe as distintas canles e plataformas e tamén que realice diferentes informes.
    ✔️ Digital Content Manager. Xestiona os contidos que difunde unha marca ou empresa a través da rede, tanto os contidos dun blog, como os de posicionamento ou mesmo os de redes sociais. É a figura que marca o calendario de contidos e coordina aos copywriters ou redactores para cumprir cos tempos establecidos.
    ✔️ Copywriter. É o responsable dos contidos, pasando polo texto dun anuncio ata a redacción do artigo dun blog. A estas figuras, só se lles esixe dúas cousas: creatividade para ser quen de comunicar da maneira máis axeitada unha idea ou concepto e capacidade de investigación para poder falar de case calquera tema que se lle propoña.
    ✔️ Creative Designer. É o encargado de crear deseños que capten a atención, tanto para redes sociais como publicidade ou outro formatos. E, as tarefas de deseño son transmitidas polos Project Managers ou Account Managers.
    ✔️ Digital PR. É a versión dixital dun relacións públicas. Estes perfís adoitan estar máis enfocados á xestión de influencers, medios de comunicación ou blogs.
    Poderíamos seguir falando de centos de posicións que podemos atoparnos nunha axencia de redes sociais ou, máis amplamente de publicidade. Porén, para que nos fagamos a idea de que o Community Manager encárgase dunha pequena e específica parte de todo o proceso de comunicación, é máis ca suficiente.
    Consellos para ser un bo CM
    ✔️ Coñecer a nosa audiencia. Temos que investigar e comprender o noso público obxectivo. É dicir, entender as súas necesidades, intereses e comportamentos axudaranos a crear contido máis relevante.
    ✔️ Dominar as plataformas. Debemos saber como funcionan á perfección as principais redes sociais e adaptar a nosa comunicación a cada soporte e á audiencia que hai en cada unha delas.
    ✔️ Creatividade e orixinalidade. Nun mar de contidos inmenso, é importante destacar e, a maneira máis acertada sempre vai ser a creatividade. Para iso, non hai nada mellor como coñecer as tendencias actuais, estar actualizado e buscar inspiración de maneira regular.
    ✔️ Empatía e atención ao cliente. Interactuar coa audiencia é unha tarefa fundamental do community manager para crear comunidade e, para iso, é necesario traballar a nosa empatía e a habilidade de atención ao cliente. Isto é porque, aínda que queremos que nos cheguen comentarios positivos, non sempre vai ser así.
    ✔️ Análise de métricas. A mellor maneira para medir éxitos e fracasos e poder corrixir erros nas nosas accións online son as estatísticas. Para iso, deberemos comprender as métricas chave e as plataformas principais de análise.
    ✔️ Adaptabilidade. En relación á constante actualización, temos que ser quen de adaptarnos aos cambios rápidos que se poden dar no panorama dixital e saber sacarlles partido.
    Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    13 min
  • SALTA DA CAMA luns 22-01-2024 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Que pasa en Galicia?
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Humor
    Laura López de Actualizados Comunicación, tráenos as claves do
    comercio local nas redes sociais.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 31 min
  • SALTA DA CAMA venres 19-01-2024 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Información
    Finde Festa
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 37 min
  • Hoxe falamos con Margarita de la Calle, responsable do CIM da Estrada.
    Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Margarita De la calle, responsable do CIM da Estrada
    "O CIM é un punto de referencia para recibir información especializada".
    "Queremos diferenciar e deixar claro o que é normal e o que non. Non se poden normalizar certas conductas".
    "Queremos seguir facendo labores de prevención e difusión educativa con mulleres e escolares".
    Máis Información do "CIM A ESTRADA":
    ✔️ Teléfono: (+34) 986590151
    ✔️ Correo electrónico: [email protected]
    ✔️ APP: https://aestrada.gal/o-cim-lanza-a-app-benquerome/
    Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703
    Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:
    ✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl
    ✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia
    ✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal
    ✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/
    ✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    18 min
  • SALTA DA CAMA xoves 18-01-2024 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Que pasa en Galicia?
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Música
    Igualdade coa Aso Igualdade é Mulleres de A Estrada. Falamos con Margarita De la Calle, responsable do CIM da Estrada.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 35 min
  • Hoxe falamos de desexo sexual, causas que o reducen e como melloralo, por Verónica Barros, BARROS PSICOLOGÍA.
    Ter unha vida sexual saudable é sinónimo de benestar. Por iso hai que recoñecer os factores que están a diminuír o desexo sexual para tomar cartas no asunto. A Doutora, Verónica Barros está notando unha preocupación sobre o desexo sexual e hoxe fálanos das causas que o reducen e danos consellos de como melloralo.
    "A educación á hora de relacionarse con temas sexuais, é moi diferente entre homes e mulleres. Hai moitos mitos sobre o desexo sexual".
    "Temos que rodearnos de estímulos eróticos, fantasías, pensamentos...".
    "Temos que ter confianza para poder falar de sexo, e as discursións na vida real non rematan nun sexo salvaxe".
    A maioría das persoas adoitan asociar a libido cunha sensación espontánea. Xurdiría de súpeto e levaría ás parellas para manter relacións caracterizadas pola paixón. Pero resulta que hai factores máis crónicos que poden reducir o desexo sexual.
    Debido á devandita confusión, hai parellas que co pasar do tempo comezan a desenvolver problemas e inseguridades na súa intimidade. Por iso, é importante aprender a distinguir cando hai ausencia de desexo ou se hai factores que estean a influír na redución do mesmo.
    Estos son os factores principais.
    1. Estrés
    2. Consumo de algúns medicamentos
    3. Traumas por malas experiencias
    4. Problemas de autoestima e seguridade
    5. Excesos, alcol e drogas
    6. Falta de soño
    7. Mala alimentación
    8. Monotonía
    9. Problemas de comunicación coa parella
    Como mellorar o desexo sexual
    1. Xestionar a ansiedad
    2. Mellorar a calidad da relación
    3. Enfocarse nas actividades sexuais preliminares
    4. Dormir con calidade
    5. Comer unha dieta nutritiva
    6. Facer exercicio regularmente
    7. Mantener un peso saudable
    8. Probar a terapia sexual
    ‍⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
    Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
    ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    17 min
  • SALTA DA CAMA martes 16-01-2024 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Que pasa en Galicia?.
    Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅ ☀
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
    Verónica Barros de Barros Psicología, Falamos de desexo sexual.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 33 min
  • O Blue Monday e por que o azul é a cor das redes sociais, por Laura López de ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN.
    Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos do Blue Monday
    Din por aí que o terceiro luns do mes de xaneiro é o día máis triste do ano. O concepto de Blue Monday, o Luns Azul, acuñado polo psicólogo Cliff Arnall fai case vinte anos, está moito máis relacionado co marketing do que poidamos pensar. E as súas cores tamén. Arnall desenvolveu unha fórmula que tiña en conta varios factores, como o clima, as débedas acumuladas tras as compras do Nadal, a motivación, o tempo transcorrido dende o Nadal e o tempo
    transcorrido dende o último intento fallido de cambiar hábitos.
    Sen embargo, esta ecuación pouco tiña de real. Creouse como parte dunha campaña publicitaria para a axencia de viaxes Sky Travel, no Reino Unido. Con ela, pretendíase promocionar a venda de vacacións e escapadas durante o suposto día máis triste do ano. Dende entón, a idea do Blue Monday calou na cultura popular, a pesar das críticas e da falta de base científica sólida.
    "(O Blue Monday) Creouse como parte dunha campaña publicitaria para a axencia de viaxes Sky Travel".
    "A psicoloxía das cores é un campo de estudo que explora como estas afectan as percepcións, emocións e comportamentos das persoas".
    "Coñecer o impacto que teñen as cores no comportamento das persoas serve para estimar o efecto que pode provocar no espectador".
    E, aínda que non imos afondar moito máis nisto do Blue Monday, si o imos facer co azul e as cores que nos podemos atopar en redes sociais. Sen ir máis lonxe, se nos detemos a pensar un chisco, darémonos conta de que moitas das redes sociais e plataformas nas que nos atopamos teñen o seu logo ou elementos da súa aplicación de cor azul. Pero isto por que?
    A psicoloxía das cores
    A psicoloxía das cores é un campo de estudo que explora como estas afectan as percepcións, emocións e comportamentos das persoas. É importante destacar que as respostas ás cores poden variar segundo a cultura, a experiencia persoal e outros factores individuais. Aínda así, hai algunhas asociacións comúns.
    ✔️ Azul. Xeralmente relacionado coa calma, a serenidade e a confianza. Pode ter efectos tranquilizadores e asóciase a miúdo coa estabilidade. Aquí temos redes sociais como Facebook, os falecidos Twitter e Tuenti, Tumblr, LinkedIn, Telegram, Zoom, Skype, Vimeo…
    En publicacións, podemos velo en contas de marcas de auga e tamén de limpeza, xa que transmiten frescura.
    ✔️Vermello. Sóese asociar coa enerxía, a paixón, a emoción e a acción. Tamén pode evocar respostas físicas, como aumentar a frecuencia cardíaca. E que redes ou aplicacións atopamos con esta cor? Pinterest, Tinder, Youtube, Reddit, Netflix, etc. Podémolo ver tamén en publicacións de rebaixa, por exemplo, incitándonos á acción, pero tamén en publicacións de comida rápida, asociado á idea de enerxía.
    ✔️Verde. Relaciónase coa natureza, a frescura, a harmonía, a comunicación e os contidos científicos. Pode ter efectos relaxantes e asóciase a miúdo coa saúde e a renovación.
    Exemplos: Snapseed, Spotify e WhatsApp.
    ✔️Negro. Asóciase coa elegancia, o misterio e a autoridade ou exclusividade. Podemos citar X ou TikTok. En canto ás publicacións, adoitamos atopar esta cor, por exemplo, en contas de vehículos de alta gama, posto que se asocia ao prestixio e á alta calidade.
    ✔️Amarelo. Evoca sentimentos de alegría, optimismo e enerxía. Pode ser estimulante e achegar claridade mental. Aquí seguro que nos acordamos de Snapchat.
    ✔️ Laranxa. Asóciase coa vitalidade, a creatividade e a atracción. Pode ser unha cor enérxica e cálida. Exemplo: SoundCloud. Tamén se asocia coa sensación de urxencia que podemos atopar nas chamadas á acción de páxinas web ou redes sociais.
    ✔️ Violeta. Asóciase a miúdo coa creatividade, a espiritualidade e a sofisticación. Pode ter efectos relaxantes e estimulantes ao mesmo tempo. Unha rede social co logo violeta pode ser Twitch ou Instagram.
    ✔️ Branco. Xeralmente simboliza a pureza, a simplicidade e a paz. Tamén pode representar a limpeza e a claridade.
    Consellos e beneficios dunha boa elección de cores en redes sociais.
    A psicoloxía da cor emprégase en diversos campos, como o deseño gráfico, a publicidade e a decoración, xa que pode influír nas emocións e comportamentos das persoas. E, coñecer o impacto que teñen as cores no comportamento das persoas serve para estimar o efecto que un recurso
    visual, unha creatividade ou unha publicación pode provocar no espectador. De feito, estímase que a cor e a apariencia dun producto afecta ao 93% da decisión de compra.
    ✔️Consistencia de marca. Manter unha paleta de cores nas nosas publicacións daralle consistencia á nosa identidade visual.
    ✔️Recoñecemento de marca. Empregar as cores da nosa marca nunha publicación. As cores inflúen tanto que o recoñecemento de marca en redes sociais aumenta cando empregamos as nosas cores nas nosas publicacións. Se, por exemplo, a cor predominante da nosa marca é o vermello, se a empregamos nas nosas publicacións, en determinados elementos ou detalles, servirá non só para diferenciarnos da competencia, senón para mellorar o posicionamento
    ✔️Que queremos comunicar. É importante pensar que queremos dicir antes de alzar a voz e, cas cores, pasa un pouco igual. Unha vez coñecemos o seu significado, podemos xogar co que queremos transmitir e as cores.
    ✔️Contrastes. Podemos empregar cores nos nosos deseños para destacar elementos importantes nas nosas publicacións, como as chamadas á acción ou información clave. Esta maneira de destacar un texto facilitará a lectura e a comprensión.
    ✔️Lexibilidade. O contraste está ben, pero debemos ter en conta a lexibilidade. Debemos asegurarnos de que, se hai texto, se poida ler sobre o fondo escollido. Pódense combinar cores escuras con claras, por exemplo e, en xeral, as cores opostas, non funcionan ben se se sobrepoñen.
    ✔️Non aos excesos. Ás veces, menos é máis. Empregar demasiadas cores é un erro, xa que pode abrumar á audiencia.
    ✔️Experimenta. O mellor que podemos facer para saber que cores funcionan ben coa nosa marca e co que queremos transmitir é probar até atopar a estratexia de cores que nos dea os mellores resultados. E, para isto, temos numerosas aplicacións gratuítas como pode ser Canva ou Adobe Express
    Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
    Máis Información e outros contidos:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    14 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!