Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe achéganos, As accións en redes que encheron este Nadal.
"Estamos cansos de ver sorteos en redes sociais en forma de imaxe ou creatividade pero hai outro formato que funciona moi ben e que aínda está por explotar: os sorteos en Reels".
"As felicitacións de Nadal cumpren dúas características fundamentais que deberían ter todas as redes dunha marca: humanización e conexión emocional".
"Ofrecer ofertas flash exclusivas aos usuarios que nos seguen pode ser unha forma efectiva de fidelizar aos nosos clientes".
Cando chega o Ano Novo, adoitamos botar unha ollada atrás a todo o que aconteceu nos 365 días anteriores. E, xa que levamos uns cantos días de 2024 e poñemos fin a varias semanas intensas semanas de intensas campañas, hoxe poñémoslle remate final ao noso particular período de Nadal, cun pequeno repaso de algunhas accións que realizamos e que poden servir de exemplo para o comercio local en futuras tempadas.
Sorteos en Reels
Cando chegan estas tempadas especiais, os sorteos -tanto físicos como en redes sociais son unha constante. A motivación deste tipo de accións, máis alá de que nos invade o espíritu navideño, débese aos beneficios que teñen para nós como comercio. En primeiro lugar, porque fomenta o consumo, a participación e o número de seguidores, ademáis de que é unha ferramenta moi importante para mellorar a visibilidade e o alcance.
Estamos cansos de ver sorteos en redes sociais en forma de imaxe ou creatividade pero hai outro formato que funciona moi ben e que aínda está por explotar: os sorteos en Reels.
✔️ Maior visilbilidade. O efecto cadea que adoitan ter os sorteos pódese verse aumentado se se emprega este formato de vídeo vertical. Isto débese a que os Reels teñen a súa propia sección en Instagram, na que aos usuarios se lles mostra contido de contas que non seguen. En definitiva: podemos saír das fronteiras dos nosos seguidores grazas aos Reels.
✔️Contido dinámico e atractivo: unha creatividade ou unha imaxe están ben, pero os vídeos verticais, ademais de ter maior alcance orgánico en comparación coas publicacións estáticas, tamén son máis dinámicos, entretidos e poden mostrar o sorteo dunha maneira máis cercana e natural.
Felicitacións de Nadal
Durante máis de un mes, cando chegamos ou nos despedimos nun comercio local, case sempre desexamos un “Bo Nadal” ou “Feliz Ano”, non si? Esta felicitación de Nadal tamén se aplica en redes sociais, xa que cumpre dúas características fundamentais que deberían ter todas as redes dunha marca: humanización e conexión emocional.
✔️ Conexión emocional. Un vídeo breve ou unha simple fotografía brindando é unha maneira perfecta para lograr unha conexión emocional coa nosa audiencia ou clientes, xa que se mostra esa festividade e emotividade propia das datas.
✔️ Fortalecemento da identidade de marca. Unha felicitación de Nadal tamén é unha maneira de mostrar quen está detrás dese comercio, é dicir, de lograr iso que tanto se demanda en marketing: humanizar unha marca. Saber quen está detrás dunha firma é importante para fortalecer a identidade e gañar visibilidade
✔️ Feedback. É unha oportunidade perfecta, ademais, para contactar coa nosa audiencia.
Balance do ano
Os balances do ano reúnen as características dos Reels e tamén das felicitacións de Nadal. Con balances do ano referímonos a esas recapitulacións de momentos especiais que seguro que vimos moitos de nós en redes nestes últimos días do ano e que se presentaron en formato vídeo ou tamén nun carrusel de imaxe.
Unha vez máis, os balances permiten mostrar a parte emotiva do Nadal, conectar coa audiencia, reflexar os nosos logros, agradecer a audiencia, consolidar a marca, pero tamén aumentar o alcance. Isto é porque neste tipo de publicacións os usuarios adoitan elixir plantillas preexistentes e audios en tendencia en Instagram, o que son dúas claves para mellorar o alcance orgánico.
Ofertas instantáneas
Aínda que tradicionalmente as rebaixas comezaban despois de Reis, cada vez adiántanse máis ou, cando menos, cae algunha que outra oferta para poñernos os dentes longos. E aquí é onde entra a importancia das ofertas instantáneas ou flash en redes sociais.
✔️ Creación de urxencia. As ofertas flash son limitadas no tempo, o que crea unha sensación de urxencia entre os consumidores. Este sentido de escaseza motiva aos usuarios a tomar decisións de compra rápidas antes de que a oferta expire, xerando un impulso de compra.
✔️ Fidelización de clientes. Ofrecer ofertas flash exclusivas aos usuarios que nos seguen pode ser unha forma efectiva de fidelizar aos nosos clientes. Os clientes frecuentes sentiranse valorados ao recibir acceso prioritario a ofertas especiais, o que pode contribuír á súa lealdade á marca.
Calendario de adviento
O calendario de advento orixinouse en Alemaña a comezos do século XIX para facer unha conta atrás ata Noiteboa. De feito, a primeira forma coñecida do calendario foi un simple marcador de tiza empregado en portas ou paredes.
Aínda que a versión que coñecemos hoxe en día popularizouse no século XX. Na década de 1920, en Alemaña, Gerhard Lang produciu os primeiros calendarios con pequenas portas que se abrían para revelar imaxes relixiosas.
Nos últimos anos, estase a ver unha febre de calendarios de advento en redes sociais. E, unha vez máis, os Reels ou TikTok son os que nos causan esa gran expectación: os usuarios grávanse cada día abrindo un pequeno agasallo.
E, aínda que o habitual era ter calendarios de advento de chocolates, agora hai moitas outras versións, dende cosméticos até calendarios dixitais. No noso caso, propuxemos unha acción en stories na que cada día, do 1 ao 24 de decembro, un comercio local agasallaba algo ou tiña un desconto especial. E para que serve esta estratexia? Para xerar expectativa, lograr un maior alcance, diferenciarse da competencia, aumentar a participación da audiencia e fortalecer a relación con ela. Tamén é unha boa opción para dar a coñecer novos produtos ou servizos que poidan existir e, por suposto, é unha
ocasión máis aumentar as vendas.
Aínda que isto só son algunhas accións que se poden levar a cabo dentro dunha estratexia de comunicación en redes sociais, o maior consello que podemos dar, tanto para Nadal como para calquera outra campaña forte como poden ser as rebaixas, é o de preparar as cousas con tempo, ter previsión e ser organizados. Con iso, temos a metade do traballo feito.