San Sadurniño

San Sadurniño

By Concello de San SadurniñoNewsPolitics
Download on the App Store

San Sadurniño episodes

  • Pleno extraordinario do 3 de marzo de 2021
    Sesión na que se aprobaron as bases dunha primeira achega económica para as entidades de cara a que cubran gasto corrente de 2020 e parte de 2021, pero tamén as que regularán as bolsas escolares e para servizos de conciliación na EIM A Rolada, dotadas con 40.000 euros. Ademais tamén se desestimou unha alegación ao orzamento municipal, o que supón a súa entrada en vigor inmediata. Os grupos tamén aprobaron a declaración institucional do 8M e unha moción solicitando a transferencia da AP-9.
    1 hr 7 min
  • Pleno ordinario do 28 de xaneiro de 2021
    Sesión con tres puntos principais na súa orde do día: a aprobación do Orzamento Municipal do 2021, a distribución dos fondos do POS+ provincial e a solicitude, en conxunto con Moeche, dunha subvención á Deputación para o aglomerado da estrada que vai da Camba até a Ponte do Sur, na parroquia modestina de San Xurxo.
    1 hr 19 min
  • Pleno extraordinario do 13 de novembro de 2020
    Sesión plenaria con tres asuntos na orde do día: a votación dunha modificación de créditos por valor de 133.000 euros para distintos proxectos de obras, da modificación da ordenanza reguladora dos prezos da EIM e, por último, das alegacións presentadas polo PP á RPT.
    47 min
  • Pleno ordinario do 24 de setembro de 2020
    Sesión ordinaria do pleno na que ían na orde do día dous asuntos principais: a aprobación da RPT -que saíu adiante só cos votos do grupo de goberno, a abstención do PSOE e a votación en contra do PP- e unha declaración institucional a prol do mantemento da carga de traballo e o mantemento do emprego na factoría de Siemens-Gamesa das Somozas, que obtivo a unanimidade dos tres grupos. Tamén se introduciron dúas mocións urxentes, unha do PSOE e outra do BNG, ao respecto da asunción por parte da Consellaría de Educación dos gastos xerados nos centros de ensino por causa da pandemia e instando ao goberno galego a que se destinen máis recursos económicos e humanos á situación excepcional que se vive no ensino. Boa parte da sesión centrouse no debate destas mocións e tamén no apartado de preguntas.
    1 hr 47 min
  • Pleno ordinario do 30 de xullo de 2020
    Sesión ordinaria de xullo que incorporaba oito puntos na súa relación de asuntos para tratar. Os máis destacados foron a aprobación dun convenio con Narón para o uso compartido da EDAR de Cornide, a incorporación ao inventario municipal das obras do castelo de Naraío e o debate de dúas mocións reclamándolle ao Estado que lles permita aos concellos dispoñer libremente dos seus remanentes, algo que neste momento está restrinxido pola chamada "Lei Montoro".
    1 hr 16 min
  • Pleno extraordinario do 13 de xuño de 2020
    Sesión que levaba na súa orde do día asuntos de trámite que se aprobaron por unanimidade dos tres grupos da corporación. Nela tamén se sorteou a composición das mesas electorais e ratificouse a adhesión de San Sadurniño ao Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía.
    19 min
  • Pleno ordinario do 28 de maio de 2020
    Sesión que só levaba un asunto para votación -ademais do habitual da acta-, relativo á aprobación do plan municipal de prevención de incendios forestais, que saiu adiante cos votos favorables do BNG e o PSOE e a abstención do PP. Boa parte da sesión centrouse no debate dunha moción urxente presentada polo PP, que despois se vería modificada por unha emenda á totalidade aprobada por BNG e PSOE, e polo apartado de rogos e preguntas, capitalizado case na súa totalidade pola xestión da crise da COVID-19 e as repercusións socioeconómicas da pandemia.
    1 hr 34 min

About San Sadurniño

From the publisher's feed

Podcast cos audios máis destacados do Concello de San Sadurniño.