San Sadurniño

San Sadurniño

By Concello de San SadurniñoNewsPolitics
Download on the App Store

San Sadurniño episodes

  • Pleno extraordinario do 11 de abril de 2020
    Pleno extraordinario celebrado por vía telemática no que non houbo asuntos para votación, agás a acta da sesión anterior, e no que se incluiu de maneira excepcional unha quenda de rogos e preguntas. A sesión estivo capitalizada polo estado da situación con respecto ao Estado de Alarma e as medidas preventivas e socioeconómicas relacionadas coa COVID-19
    1 hr 14 min
  • Pleno ordinario do 30 de xaneiro de 2020
    Primeiro pleno deste 2020, composto por unha decena de asuntos entre os que destacan tres: un recoñecemento de facturas por subministracións enerxéticas, a aprobación do regulamento do servizo de taxi no municipio e a votación do Plan Municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de San Sadurniño, elaborado pola empresa pública SEAGA ao abeiro dun convenio entre a Xunta de Galicia e a Fegamp. Na orde do día tamén se incluíron pola vía ordinaria dúas mocións do PSdeG-PSOE e outras dúas do BNG, ademais dunha quinta por vía de urxencia a instancias da entidade AFAL-Ferrolterra.
    1 hr 49 min
  • Pleno extraordinario do 18 de decembro de 2019
    Sesión convocada cun único punto central na orde do día, xa que se someteu a debate e votación a aprobación dos proxectos do POS+ provincial para o ano 2020. Proxectos que saíron adiante cos únicos votos favorables do BNG e do PSOE, mentres que o PP optou pola abstención malia estar de acordo cos investimentos.
    9 min
  • Pleno extraordinario do 13 de novembro de 2019
    Sesión con catro puntos na orde do día entre os que destacaron a modificación da ordenanza reguladora da taxa polo servizo de recollida do lixo e a modificación tamén das bases de execución do orzamento municipal deste ano. Tamén se lle deu o visto e prace a unha variación do texto da ordenanza da EIM A Rolada.
    40 min
  • Pleno extraordinario do 11 de outubro de 2019
    Sesión solicitada polo Grupo Municipal do Partido Popular para debater unha moción en demanda da reactivación da central térmica das Pontes que, de non producirse, debería levar aparellada a dimisión da ministra en funcións de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera. O contido da moción non se chegou a debater ao presentar o BNG unha emenda á totalidade recollendo a postura institucional dos 25 alcaldes e alcaldesas do norte das provincias da Coruña e Lugo, coa que demandan da Xunta e do Estado a elaboración dun plan de reindustrialización para toda esta área.
    21 min
  • Pleno ordinario do 26 de setembro de 2019
    Sesión plenaria que incorporaba 10 puntos na súa orde do día dos que, finalmente, se retirou o relativo á dación de contas sobre a liquidación do orzamento de 2018. Na sesión aprobouse a adhesión de San Sadurniño a unha nova entidade para a coordinación do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal e déuselle luz verde a unha modificación de créditos para incrementar a partida orzamentaria do mantemento da rede viaria municipal.
    1 hr 38 min
  • Pleno ordinario do 1 de agosto de 2019
    Primeira sesión ordinaria do pleno da corporación do mandato 2019-2023, na que se abordaron, entre outras cuestións, a modificación do regulamento do Centro Municipal de Empresas -así como a ordenanza reguladora das taxas pola súa utilización- e tamén a aprobación dos proxectos acollidos á segunda fase do POS+ Adicional da Deputación da Coruña
    1 hr 27 min

About San Sadurniño

From the publisher's feed

Podcast cos audios máis destacados do Concello de San Sadurniño.