San Sadurniño

San Sadurniño

By Concello de San SadurniñoNewsPolitics
Download on the App Store

San Sadurniño episodes

  • Pleno ordinario do 6 de novembro de 2018
    Sesión que debería terse celebrado o sábado 3 de novembro, pero que foi adiada por mor da ausencia da secretaria municipal. Nela tratáronse unicamente dúas mocións presentadas polo BNG, así como unha terceira incorporada pola vía da urxencia e defendida pola Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural.
    1 hr 8 min
  • Pleno extraordinario do 5 de outubro de 2018
    Sesión celebrada ás 10.30h. na que se tratou como punto principal a modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Bens Inmobles, para introducir nela unha rebaixa no tipo aplicable para os bens rústicos así como varias bonificacións. O Concello aplicará de oficio unha rebaixa en urbana a inmobles en Rede Natura 2000, introdúcese unha bonificación -previa solicitude- para construcións agropecuarias sempre que se manteña a actividade e o tipo para a contribución rústica pasa do 0,8 ao 0,6.
    39 min
  • Pleno ordinario do 1 de setembro de 2018
    Sesión plenaria na que a maior parte da orde do día a compuñan asuntos de dación de contas con respecto a resolucións da alcaldía, entre elas a aprobación da liquidación do orzamento municipal de 2017. En relación con este asunto, o Concello tamén aprobou incorporar 140.000 euros de remanentes de tesouraría dese exercicio ao actual, co obxectivo de financiar cinco proxectos relacionados coa seguridade viaria, a posta en valor do patrimonio e o aforro enerxético.
    20 min
  • Segundo pleno extraordinario do 10 de agosto de 2018
    Sesión sen asuntos para resolución e acordo solicitada polos grupos municipais do PP e do PSOE con dous únicos puntos na orde do día, un referido á aclaración da sentenza sobre a anulación do convenio urbanístico coa extinta Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño e outro ao respecto do "catastrazo".
    49 min
  • Primeiro pleno extraordinario do 10 de agosto de 2018
    Sesión plenaria na que se abordou como único punto da orde do día e con carácter urxente a delegación na alcaldía das competencias para iniciar o expediente de contratación das obras de renovación da Avenida Marqués de Figueroa, cifradas en máis de 258.000 euros. O punto saiu aprobado por unanimidade dos tres grupos.
    4 min
  • Pleno ordinario do 7 de xullo de 2018
    Sesión plenaria na que se aprobou a declaración como persoas non gratas aos membros do autodenominado grupo "A Manada", condenados por abusar sexualmente dunha moza nos Sanfermíns de 2016. No pleno tamén se aprobaron os festivos locais de 2019, que quedaron fixados no martes de entroido -5 de marzo- e o 2 de xullo, Santa Sabela
    44 min
  • Pleno ordinario do 5 de maio de 2018
    O pleno levaba na súa orde do día asuntos de trámite, referidos á adaptación da Administración local á nova normativa estatal sobre contratación pública. Neste sentido aprobouse por unanimidade a integración na plataforma de contratación do sector público do Ministerio de Facenda e, ademais, constituír unha Mesa de Contratación permanente presidida polo edil Suso Soto e configurada nas vogalías e na secretaría por persoal municipal. Naquelas tramitacións públicas tamén se convidará aos grupos da oposición.
    25 min
  • Pleno ordinario do 3 de marzo de 2018
    Sesión ordinaria do pleno na que se trataron, entre outros asuntos, demandarlle á Xunta a reparación da AC-861, así como o apoio institucional por parte do Concello á folga internacional feminista do 8 de marzo.
    1 hr 5 min
  • Pleno ordinario do 27 de xaneiro de 2018
    Na sesión houbo un alto grao de consenso entre os tres grupos municipais, que apoiaron por unanimidade a aprobación dun recoñecemento estraxudicial de créditos para o pagamento de máis de 70.000 euros en facturas, A modificación orzamentaria para o acomodo doutros 64.000 destinados á rede viaria procedentes da AGADER, unha modificación menor da documentación do POS+, a modificación do regulamento da EIM e unha moción relativa á conmemoración da "Revolta das pedradas" que sacudiu a comarca en 1918. Na sesión tamén tomou posesión a concelleira electa polas filas do PP Cristina Calvo Tuimil. O BNG introduciu pola vía da urxencia unha moción relativa ás mobilizacións convocadas para o 4 de febreiro pola Plataforma SOS Sanidade pública galega, que obtivo o apoio do grupo propoñente e do PSOE, mentres que o PP optou por absterse.
    1 hr

About San Sadurniño

From the publisher's feed

Podcast cos audios máis destacados do Concello de San Sadurniño.