San Sadurniño

San Sadurniño

By Concello de San SadurniñoNewsPolitics
Download on the App Store

San Sadurniño episodes

  • Pleno extraordinario do 2 de decembro de 2017
    Sesión na que se someteron a votación catro puntos: o chamamento á concelleira electa do PP Cristina Calvo para que tomase posesión, a aprobación da conta xeral de 2016, unha modificación de crédito para asentar no presente orzamento parte dos remanentes de tesouraría do ano pasado e, por último, o orzamento municipal de 2018, que ascenderá a 2.8 millóns de euros.
    42 min
  • Pleno ordinario do 11 de novembro de 2017
    Sesión plenaria na que se aprobou a adhesión do Concello de San Sadurniño ao plan para impulsar o recoñecemento por parte da UNESCO do Xeoparque do Ortegal, ademais da relación actualizada do Inventario de bens municipais.
    1 hr 39 min
  • Pleno ordinario do 2 de setembro de 2017
    San Sadurniño celebraou este sábado a partir das 11.30h. pleno ordinario. Será unha sesión que incorpora dez puntos na súa orde do día, aínda que a maior parte deles serán dos cualificados como “de trámite”. Os de maior trascendencia sexan os dous relativos á toma de posesión de Yolanda Vázquez Pazos -que ocupará o único escano do PSdeG-PSOE- a aprobación do inventario de bens municipais e a proposta de modificación das ordenanzas da auga e dos sumidoiros -que non variarán tarifas- para adaptalas a un novo regulamento que tamén se votará no pleno.
    51 min
  • Pleno ordinario do 8 de xullo de 2017
    Sesión plenaria que se resolveu en pouco máis de tres cuartos de hora e que levaba na súa orde do día puntos de trámite e dúas mocións presentadas polo BNG. Unha das cuestións de maior relevancia foi a dación de conta ao pleno da renuncia do edil socialista Eduardo Lourido.
    47 min
  • Pleno ordinario do 6 de maio de 2017
    Sesión con varios puntos dos considerados "de trámite" que xeraron escaso debate, como foi o caso da modificación da ordenanza reguladora do SAF, a exposición do inventario de bens municipais previa á aprobación inicial por parte do pleno ou a aprobación definitiva da delegación na Deputación da cobranza de tributos na vía executiva. O pleno, iso si, cobrou intensidade no debate dunha moción presentada polo BNG sobre a modificación da lei estatal que impide o reinvestimento do superávit xerado nos concellos e, sobre todo, no apartado dos rogos e as preguntas.
    1 hr 1 min
  • Pleno ordinario do 4 de marzo de 2017
    Sesión ordinaria do pleno con 9 puntos entre os que destacan catro mocións presentadas polo BNG e polo PP. A achegada polo grupo popular reclamou que o Plan Único de Concellos POS+ garanta os ingresos que San Sadurniño viña percibindo a través dos anteriores programas agora agrupados no plan provincial. As tres dos nacionalistas centráronse en reclamarlle a Augas de Galicia a execución do saneamento na zona de Piñeiros, na demanda de melloras na rede ferroviaria de vía estreita e, por último, a aprobación de medidas que axuden a paliar os efectos do “catastrazo”. Máis en detalle esas medidas avogan pola posta en marcha dun servizo de asesoramento gratuíto para persoas afectadas pola regularización catastral que acometerá o Estado durante este ano, a bonificación do 95% da cota íntegra do IBI dos bens onde se desenvolvan actividades agrogandeiras declaradas de especial interese e, por último, ver a posibilidade de igualar o tipo impositivo dos bens inmobles rústicos cos do IBI de urbana, que baixaría do 0,8 ao 0,6%. Por un problema informático irrecuperable, no audio falta a última parte da sesión.
    1 hr 3 min
  • Pleno extraordinario do 16 de febreiro de 2017
    Sesión plenaria que tivo como principais puntos da orde do día a aprobación dos investimentos do POS+, o plan único destinado a concellos da Deputación da Coruña, e tamén a dos orzamentos municipais para 2017, que saíron adiante cos votos favorables do BNG. O Partido Popular votou en contra e o PSdeG-PSOE abstívose.
    38 min
  • Pleno ordinario do 14 de xaneiro de 2017
    Sesión ordinaria do pleno -a primeira de 2017- na que se abordaron, entre outros temas, a adhesión do Concello á cooperativa comercializadora de enerxía A Nosa Enerxía e a modificación do regulamento da EIM para adaptalo á realidade do funcionamento diario e á normativa de rango superior.
    37 min
  • Pleno extraordinario do 2 de decembro de 2016
    Sesión de trámite convocada polo alcalde co obxectivo de dar conta de varias resolucións e, principalmente, de aprobar o proxecto das obras de mellora do camiño do Enxerto, ademais do acordo referido á desestimación dun recurso de reposición presentado polo CSI-F sobre a convocatoria dunha praza de persoal administrativo interino.
    18 min
  • Pleno ordinario do 5 de novembro de 2016
    Última sesión ordinaria do ano que estivo capitalizada polas mocións, entre elas unha referida ao amoreamento de pneumáticos na sede da antiga Rubber Industrias del Caucho S.A. e outra sobre a LOMCE. O BNG tamén introduciu pola vía da urxencia un texto relativo á eliminación da violencia contra da muller que, porén, non se debateu á espera de que os tres grupos con representación municipal consensúen nos días seguintes á sesión unha declaración institucional a este respecto.
    50 min

About San Sadurniño

From the publisher's feed

Podcast cos audios máis destacados do Concello de San Sadurniño.