San Sadurniño

San Sadurniño

By Concello de San SadurniñoNewsPolitics
Download on the App Store

San Sadurniño episodes

  • Pleno extraordinario do 21 de xuño de 2019
    Sesión de organización do Concello, trala toma de posesión da nova corporación. Nela adoptáronse acordos relativos á periodicidade dos plenos, a constitución e composición da Xunta de Goberno Local e outras cuestións, como por exemplo dar conta do reparto de áreas de goberno.
    43 min
  • Pleno de constitución da corporación 2019-2023
    Audio da sesión constitutiva da corporación municipal cos concelleiros e concelleiras saídas das eleccións municipais do 26 de maio. San Sadurniño conta con 11 escanos no salón de plenos, 7 ocupados polo BNG, 3 polo PP e 1 polo PSdeG-PSOE. Nesta nova xeira corporativa repiten 6 persoas con respecto ao mandato anterior, mentres que as outras 5 son caras novas que acceden por primeira vez ao máximo órgano municipal ou que xa estiveran nalgunha ocasión anterior.
    16 min
  • Pleno extraordinario do 12 de xuño de 2019
    Sesión que durou algo máis dun minuto e na que se lle deu o visto e prace por unanimidade á acta do anterior pleno. Na práctica foi o último pleno do mandato corporativo 2015-2019. Tamén foi ocasión de despedidas para as concelleiras e concelleiros que non repetirán na próxima xeira municipal.
    2 min
  • Pleno ordinario do 4 de maio de 2019
    Última sesión plenaria do mandato, na que se aprobaron por unanimidade os tres puntos principais que compuñan a súa orde do día: a integración de San Sadurniño na central de contratación da FEMP, a elección da xuíza de paz titular e tamén da súa substituta e, por último, o regulamento polo que se rexerá a concesión de axudas a familias en situación de emerxencia social.
    38 min
  • Pleno extraordinario do 1 de abril de 2019
    Sesión centrada no sorteo das persoas que ocuparán as mesas electorais con motivo dos comicios xerais ao Parlamento e o Senado do 28 de abril. No pleno tamén se tratou brevemente a desafección dun camiño na paraxe de Entremuros, en Lamas.
    7 min
  • Pleno ordinario do 2 de marzo de 2019
    Sesión na que se aprobaron por unanimidade todos os asuntos que compoñían a orde do día. Os máis relevantes: o plan económico e financeiro 2019-2020, a declaración institucional do 8M e a relación de explotacións que poderán acollerse ás bonificacións do IBI. Tamén se lle deu o visto e prace a unha moción en apoio dos traballadores e traballadoras de Poligal.
    44 min
  • Pleno extraordinario do 24 de xaneiro de 2019
    Sesión que levaba na orde do día como único punto o debate dunha moción da alcaldía para reclamar o restablecemento do servizo de Pediatría no Centro de Saúde de San Sadurniño, ademais da itinerancia facultativa polos municipios de Moeche, Cerdido e As Somozas. O BNG e o PSOE apoiaron o texto mentres que o PP marchou do pleno antes da súa votación.
    46 min
  • Pleno ordinario do 12 de xaneiro de 2019
    Primeiro pleno do ano 2019 no que se someteron a votación asuntos de índole económica e social. Así, aprobouse a conta xeral de 2017, a integración do Concello no programa Xantar na Casa, o III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, o apoio á demanda do persoal dos PACs para que a Xunta negocie as melloras no servizo de atención continuada e unha moción relativa ao reparto obxectivo das subvencións autonómicas.
    1 hr 17 min
  • Pleno extraordinario do 19 de decembro de 2018
    Esta sesión plenaria tratou unicamente dous puntos, aínda que, se cadra, os de maior relevancia para a Administración local de cara ao ano 2019. En primeiro lugar debateuse o proxecto de orzamento municipal -máis de 3 millóns de euros-, que saíu aprobado cos votos favorables do BNG, a abstención da representante do PSOE e o voto contrario do PP. O segundo asunto foi a aprobación da distribución do POS+ Plan Único de Concellos da Deputación que, neste caso si, se aprobou por unanimidade.
    47 min
  • Pleno extraordinario do 27 de novembro de 2018
    Sesión con dous puntos na súa orde do día que tratou, por unha banda, unha modificación de crédito para incorporar ao orzamento en vigor uns 57.000 euros para satisfacer as liquidacións do cofinanciamento do Centro de Día así como a remodelación das bancadas do pavillón. Por outro lado abordouse unha modificación da ordenanza do IAE para introducir unha rebaixa no imposto que beneficiará ás empresas situadas en zonas de categoría 1, nomeadamente as do polígono da Bidueda.
    25 min

About San Sadurniño

From the publisher's feed

Podcast cos audios máis destacados do Concello de San Sadurniño.