San Sadurniño

San Sadurniño

By Concello de San SadurniñoNewsPolitics
Download on the App Store

San Sadurniño episodes

  • Pleno ordinario do 8 de setembro de 2016
    Sesión do pleno na que se aprobou a conta xeral do Concello do exercicio de 2015, o regulamento de xestión e maila ordenanza que fixa os prezos de acceso aos locais do Centro Municipal de Empresas e tamén a adhesión de San Sadurniño ao manifesto da AFGA do Eume referido á protección e difusión das castes de froita autóctona.
    1 hr 8 min
  • Pleno extraordinario do 11 de agosto de 2016
    Sesión na que se aprobou o plan económico-financeiro do Concello, a modificación do orzamento para prover unha praza funcionarial con carácter temporal para reforzar os servizos administrativos e económicos municipais e a solicitude dunha subvención á Consellería de Política social coa que dotar de climatización á Escola Infantil Municipal.
    48 min
  • Pleno ordinario do 9 de xullo de 2016
    Sesión ordinaria na que tomou posesión María Belén Trigo Meizoso como concelleira do grupo municipal do Partido Popular e na que houbo un alto grao de unanimidade nas votacións, agás na referida á modificación da ordenanza reguladora da taxa pola expedición de documentos, que contou co apoio de BNG e PSOE mentres que o PP votou en contra. Si houbo acordo dos tres grupos no tocante aos festivos locais para 2017, na declaración institucional en apoio da plataforma de vítimas do tren Alvia, na moción do BNG relativa aos dereitos do colectivo LGTBI e noutra, presentada pola vía da urxencia polo mesmo grupo, referida á memoria histórica co pano de fondo do 80º aniversario do golpe de estado do 36 que desencadeou a guerra civil.
    1 hr 4 min
  • Pleno ordinario do 7 de maio de 2016
    Sesión plenaria na que se abordaron, entre outras cuestións, unha modificación de créditos, a modificación do orzamento para acomodar o incremento de xornada da alfabetizadora dixital, unha moción sobre o "catastrazo" e a declaración institucional co gallo do 17 de maio. Por outra banda tamén se tomou en coñecemento a renuncia do concelleiro do PP Andrés Fernández Graña.
    38 min
  • Pleno extraordinario do 21 de marzo de 2016
    Sesión extraordinaria que incluiu dous puntos na orde do día. En primeiro lugar aprobouse a acta da sesión anterior e, posteriormente, acordouse a participación de San Sadurniño na fundación dunha nova entidade sen fins de lucro para optar á xestión do novo programa Leader 2014-2020.
    5 min
  • Pleno ordinario do 5 de marzo de 2016
    Sesión na que se incluíron só dous puntos con contido propiamente de xestión, un deles referido á aprobación da declaración institucional co gallo do Día Internacional da Muller e outro sobre a modificación de crédito 1/2016, destinada a darlle cobertura orzamentaria ás obras de acondicionamento de vías municipais incluídas no Plan marco do Agader.
    42 min
  • Entrevista a Secundino García en Cope Ferrol sobre o PXOM
    Audio da entrevista realizada pola emisora local da Cope para falar da exposición pública e do periodo de alegacións á aprobación inicial do PXOM. O espazo contou con varias chamadas en directo interesándose por distintos aspectos do documento. O son está gravado directamente da emisión radiofónica.
    20 min
  • Pleno ordinario do 9 de xaneiro de 2016
    Primeira sesión plenaria do ano na que se tratou como punto principal a aprobación dos orzamentos municipais, cifrados en algo máis de 2.777.000 euros. Na orde do día tamén se incluíron as bases para a concesión de bolsas escolares, as das axudas para as familias usuarias da EIM A Rolada e as que rexerán a concesión de subvencións para entidades culturais e deportivas do territorio, así como as referidas á autoconstrución de vivendas.
    1 hr 33 min
  • Pleno extraordinario do 12 de decembro de 2015
    Sesión extraordinaria do pleno municipal na que se aprobaron, entre outros asuntos, os investimentos do POS 2016 e do Plan de Acción Social 2015. Dous programas xestionados pola Deputación que supoñen unha achega de 482.000 euros. Por outra banda tamén se acordou anular o convenio suscrito en 2007 coa Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño e déuselle o visto e prace a unha moción achegada polo comité de empresa de Navantia a prol da reactivación do sector naval na comarca.
    1 hr 16 min
  • Pleno ordinario do 7 de novembro de 2015
    Última sesión plenaria do ano con carácter ordinario, na que se abordaron varios asuntos principais como a aprobación dunha modificación de crédito para o pagamento de varias facturas de 2014 e, quizais o de maior trascendencia, a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
    1 hr 34 min

About San Sadurniño

From the publisher's feed

Podcast cos audios máis destacados do Concello de San Sadurniño.