San Sadurniño

San Sadurniño

By Concello de San SadurniñoNewsPolitics
Download on the App Store

San Sadurniño episodes

  • Pleno ordinario do 5 de setembro de 2015
    Sesión ordinaria do pleno municipal na que se abordaron 12 puntos. Os máis destacados entre eles foron a modificación de dúas ordenanzas fiscais -a do IVTM e a que regula o uso de instalacións municipais-, o inicio do expediente de anulación do convenio coa cooperativa de San Sadurniño, e a retirada de títulos honorarios a Francisco Franco e a José Antonio Girón de Velasco. Ao ser ordinario, o pleno tamén incluiu un apartado de rogos e preguntas, así como a posibilidade de intervención do público.
    2 hr
  • Pleno Ordinario do 4 de xullo de 2015
    Sesión plenaria ordinaria -a primeira do mandato corporativo- que aprobou sumarse de novo a Rede de oficinas de atención á cidadanía dentro do programa marco asinado por Xunta e Estado. No pleno tamén houbo unha moción presentada pola vía da urxencia polo BNG relativa á situación do sector leiteiro, e tamén varias preguntas. Foron unha do PSOE sobre o programa formativo ECMYNN e dúas do PP, unha sobre o estado de tramitación do PXOM e outra sobre a limpeza de pistas municipais. Un veciño do público preguntou que estaba facendo o Concello para arranxar problemas de ruídos que se producían en determinados momentos na casa de turismo rural O Outeiro e esixiu que se lle "pida perdón" á veciñanza de San Sadurniño polo feito de referirse na web municipal ás festas de Santa Sabela en vez de chamarlles "de Santa Isabel, como foi toda a vida". O responsable de elaborar a información aclarou que a utilización do nome galego se debía a que é a denominación oficial publicada no DOG para referirse ao festivo local.
    47 min

  • Pleno de constitución do Concello
    Sesión de constitución do Concello para o periodo 2015-2019 na que tomaron posesión dos seus cargos os novos concelleiros e concelleiras. Secundino García resultou reelixido alcalde cos votos favorables do BNG (7) máis un da oposición, presumiblemente o do edil do PSdeG-PSOE, posto que o voto para a elección de alcalde foi segredo.
    23 min
  • Pleno extraordinario do 10 de xuño de 2015
    Sesión que incorporaba como único punto da orde do día a aprobación da acta do último pleno. Porén, ao tratarse do último encontro da actual corporación, tamén se aproveitou para despedir aos concelleiros e concelleiras saíntes.
    3 min
  • Pleno extraordinario do 4 de xuño de 2015
    Penúltimo pleno antes da constitución do novo Concello, no que se abordaron asuntos de trámite como a aprobación da acta da sesión anterior, a adxudicación das obras do campo de fútbol municipal e o modelo de declaración de intereses que deberán cubrir tanto os concelleiros e concelleiras saíntes como os entrantes.
    6 min
  • Pleno Ordinario do 2 de maio de 2015
    Última sesión ordinaria do pleno municipal do mandato corporativo 2011-2015. Nela tratáronse só asuntos de trámite: a aprobación da acta anterior, a toma en consideración de acordos e resolucións e o apartado de rogos e preguntas. Só se presentou unha, referida ao estado de tramitación da documentación previa do PXOM.
    7 min
  • Pleno ordinario do 7 de marzo de 2015
    Sesión ordinaria do pleno municipal de San Sadurniño na que se incluíron 8 asuntos, entre eles a aprobación de tres mocións -unha do PP sobre o papel da muller no Deporte, outra da CIG sobre a inclusións de cláusulas sociais nos contratos de obra pública e unha terceira, do BNG, sobre a urxencia de administrar medicamentos ás persoas doentes de Hepatite C-. Porén, a sesión estivo marcada pola concentración en apoio da familia Lamas-Nistal, sobre cuxa vivenda pesa unha sentenza firme de demolición. Un asunto que se tratou no pleno debido a que un dos puntos incluídos na orde do día referíase á modificación de crédito necesaria para sufragar as obras de demolición do inmoble.
    1 hr 5 min

About San Sadurniño

From the publisher's feed

Podcast cos audios máis destacados do Concello de San Sadurniño.