San Sadurniño

San Sadurniño

By Concello de San SadurniñoNewsPolitics
Download on the App Store

San Sadurniño episodes

  • Pleno extraordinario do 13 de febreiro de 2015
    Sesión do pleno na que se someteron a votación as bases que regularán as concesións de axudas a entidades culturais e deportivas, así como as bolsas escolares. Ademais tamén se aprobaron os tres proxectos incluídos no Plan de Aforro e Investimentos da Deputación. Unha liña de créditos sen xuros dotada no caso de San Sadurniño con 207.000 euros
    33 min
  • Pleno extraordinario do 22 de xaneiro de 2015
    Sesión que só incluiu dous puntos na orde do día: a aprobación da acta do pleno anterior e a aprobación definitiva dos orzamentos municipais para o 2015, desestimando logo do debate as alegacións presentadas no rexistro municipal polo Partido Popular con data de 13 de xaneiro.
    18 min
  • Pleno ordinario do 10 de xaneiro de 2015
    Primeira sesión ordinaria do ano 2015 na que se trataron, entre outros asuntos, a aprobación do convenio de cesión de parte da antiga casa consistorial á Garda Civil e a modificación de varios puntos do regulamento da Escola Infantil Municipal. O BNG presentou dúas mocións, unha relativa ás novas condicións de adhesión a SOGAMA e outra solicitando unha tarifa eléctrica galega.
    54 min
  • Pleno Ordinario 8 de novembro de 2014
    Sesión ordinaria do pleno municipal na que se incluíron, entre outros asuntos de trámite a convalidación do regulamento da escola infantil municipal, a información sobre o estado de execución do orzamento municipal, a solicitude de prorrogar a devolución dos cobros indebidos pola participación nos tributos do Estado. No apartado de rogos e preguntas destacou o debate sobre o convenio urbanístico suscrito en 2007 coa antiga cooperativa de San Sadurniño.
    1 hr 27 min
  • Inauguración nova Casa do Concello
    Programa especial "Voces de Galicia" emitido por Radiovoz desde San Sadurniño co gallo da inauguración da nova casa consistorial no antigo edificio do Pazo da Marquesa. O programa -de 2 horas de duración- conduciuno a xornalista Antía Díaz e realizouse no peristilo do edificio o día 2 de xullo de 2014, festivo local de Santa Isabel.
    1 hr 57 min
  • Pleno Ordinario 6 de setembro de 2014
    Pleno Municipal Ordinario no que se abordaron como principais puntos a aprobación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos da escola infantil municipal e o primeiro convenio colectivo para o persoal laboral do Concello.
    1 hr 10 min
  • Pleno Ordinario 5 de xullo de 2014
    Sesión ordinaria do Pleno Municipal, na que se abordaron 9 puntos: o incremento do orzamento de 2014, a provisión de fondos para un convenio coa UDC Narahío para obras no local social da entidade, o acordo para complementar as incapacidades temporais do persoal laboral e unha moción do BNG sobre a modificación do modelo de Estado.
    52 min

About San Sadurniño

From the publisher's feed

Podcast cos audios máis destacados do Concello de San Sadurniño.