Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Arte e literatura
    Mónica Maneiro comenta a exposición 'Pintura escrita. Arte e literatura. Colección Abanca', que pode visitarse en Santiago ata o 7 de xaneiro.
    9 min
  • "O poder que camiña nas tebras"
    Dolores Vilavedra recoméndanos a lectura da novela "O poder que camiña nas tebras", da británica Lilian Anna Hamilton, traducida ao galego por María Alonso Seisdedos. A obra é unha intriga política ambientada en Afghanistán a principios do século XX. A autora exerceu alí como médica nesa época.
    10 min
  • Repertorio barroco
    Pablo Sánchez Quinteiro celebra o Día Internacional da Música con obras barrocas asinadas por Henry Purcell, Christoph Gluck e Antonio Vivaldi.
    12 min
  • IGMIG
    IGMIG, a banda viguesa fundada hai unha década por Ignacio Muñoz e Miguel Seoane, volve á carga cun disco que sairá en decembro. Escoitamos un adianto dese traballo dun grupo inclasificable que se distingue polo humor e a orixinal posta en escea dos seus concertos.
    31 min
  • Álbums ilustrados con premio
    Lemos álbums ilustrados
    Eva Mejuto fala hoxe de álbums ilustrados premiados. Bim Bam Bum, de María Girón, foi recoñecido co premio Compostela e 'Algo pasa na casa do lobo' de Susanna Isern e Ayhesa L. Rubio mereceu o premio Ciudad de Fuengirola.
    9 min
  • I Xornada de Patrimonio Inmaterial en Vilalba
    Patrimonio Inmaterial en Vilalba
    Na véspera do Día Internacional do Patrimonio conversamos con dous biólogos, Pablo Carpintero e Xosé Mouriño Cuba.
    Son dous dos relatores da I Xornada de Patrimonio Inmaterial organizada polo Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega.
    20 min
  • Castelao presidente de Galicia
    Esta tarde no Pazo do Hórreo van recoñecer a Castelao coma primeiro presidente de Galiza. Asemade inaugúrase unha exposición na Fundación Penzol e na USC acaba de arrancar a cátedra que leva o seu nome.
    Da man do profesor e académico Henrique Monteagudo percorremos os tres escenarios.
    12 min
  • O deseXo de Talía Teatro
    O deseXo de Talía Teatro
    'deseXo' é unha comedia sobre a falta de educación sexual, creada pensando nos adolescentes, pero apta tamén para o público adulto. Talía parte dun proceso de investigación
    en centros de secundaria, sobre o impacto da pornografía na mocedade actual. Marta Ríos e Dani Trillo son os intérpretes deste texto creado e dirixido por Diego Rey.
    12 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube