Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Concerto solidario na Coruña
    A partir das sete da tarde, na sala Inn da Coruña terá lugar un concerto solidario coas vítimas da Dina. As entradas para ver a  Bala, Boyanka Kostova, Grande Amore, Maragrep, Mondra, Ortiga, Sabela, The Rapants e Triángulo de Amor Bizarroa, están esgotadas. A recadación íntegra destinarase á Fundación Horta Sud, con sede en Torrent. Victoria Blanco, da organización, explica como xurdiu esta iniciativa, que ten citas semellantes noutros puntos de España.
    11 min
  • No ecuador do Outono Códax
    Dende o 31 de outubro pasado ata o 23 deste mes:  música soul, rythm&blues, funk e rock´n roll nas salas Capitol e Riquela de Santiago.
    Falamos con Fran Villasenín, codirector do festival.
    10 min
  • WISDOM e Lóstregos
    Patty Castro fálanos hoxe de dúas bandas de metal extremo. WISDOM, pioneiros do grindcore galego desde Mugardos e o black metal dos coruñeses Lóstregos.
    10 min
  • Eris Mackenzie
    Carlos Crespo tráenos hoxe a Eris Mackenzie, un artista de Castelo (na área metropolitana da Coruña) que, segundo as súas propias palabras, vive obsesionado con experimentar e facer música, a súa razón de ser. En cousa dun mes sacará o seu disco primeiro
    10 min
  • "As gardiás"
    Que se fai coas vellas e vellos?
    Teatro de Ningures estreou a fin de semana en Cangas  ‘As Gardiás‘, un texto do francés Násser Djemaï dirixido por Cristina Domínguez e interpretado por Casilda Alfaro, Rebeca Montero, Sonia Rúa, Amparo Martínez e Melania Cruz.
    17 min
  • A lingua e o audiovisual
    “A normalización da nosa lingua en todos os eidos é esencial” Maria Soliña Barreiro González é a directora de contidos de II FIGA que se desenvolve baixo o título “Lingua e audiovisual”
    9 min
  • Creadores de BD afectados pola DINA
    Manel Cráneo repasa o impacto das inundacións no sector do cómic, que conta con nomes tan importantes na Comunidade Valenciana como Paco Roca, Cristina Durán ou Miguel Ángel Giner.
    Escoitamos o testemuño da autora e ilustradora galega Xulia Vicente, que reside en Valencia.
    10 min
  • Pringadas chega á plataforma AGalega
    Xoana, Antía e Catu son tres estudantes que comparten piso en Santiago. E comparten tamén vida e confidencias na serie 'Pringadas', que chega á plataforma A Galega.
    "Conseguín vivir do audiovisual grazas a Pringadas". A súa directora, Belén Puime, e unha das súas protagonistas, Camila Ferreyra, avánzannos tamén as novidades da segunda temporada.
    19 min
  • María Luz Morales, xornalista pioneira
    Raquel C. Pico achéganos a figura de María Luz Morales, escritora e pioneira do periodismo cultural, Nada na Coruña no día primeiro do ano 1889, foi a primeira muller en España directora dun diario nacional, La Vanguardia (1936 -1937)
    9 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube