Todos os podcast | A penaltis

Todos os podcast | A penaltis

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A penaltis episodes

  • Polvo serán e Gladiator II
    Moncho Lemos comenta “+Cuñados ”, que se estrea o domingo na TVG. E ademais, dúas estreas para esta fin de semana.
    *‘Polvo serán’, de Carlos Marques-Marcet. Tras ser diagnosticada cunha enfermidade terminal, Claudia decide emprender a súa última viaxe a Suíza. 
    *‘Gladiator II’, de Ridley Scott. Nesta secuela, con música de Abraham Cupeiro, o protagonista rememora o seu pasado na procura da forza e a honra que lle devolvan ao pobo a gloria perdida de Roma.
    14 min
  • Vinde todas
    Recibimos a visita da cantante, gaiteira e docente Carme López (Carmela) para falarmos de ‘Vinde todas’, o seu proxecto de música de tradición oral que sae hoxe á venda.
    A perspectiva de xénero e a investigación etnográfica son os piares deste disco, no que cada canción leva o nome das mulleres de referencia no proceso de aprendizaxe. Tamén inicia e pecha o álbum coas gravacións de campo que reflicten o proceso de investigación etnomusicolóxica.
    14 min
  • Didáctica da Filosofía
    “Unha cousa é coñecer unha materia e outra ensinala” Miguel Vázquez Freire é un dos organizadores das III Xornadas Internacionais de Didáctica da Filosofía que se desenvolven na USC
    12 min
  • Belén Vaquero & Pérgamo Ensemble
    Belén Vaquero & Pérgamo Ensemble, ‘Premio Sello FestClásica 2025’ da Asociación Española de Festivais de Música Clásicapor ‘La memoria en donde ardía'
    A soprano ourensá dinos que a proposta inclúe algunhas das páxinas que arderon no incendio do Alcázar de Madrid en 1734, recuperadas en arquivos de Guatemala e México.
    13 min
  • La ciudad de los muchachos
    Amazon Prime estrea o día 22 unha docuserie sobre a Ciudad de los Muchachos de Benposta, en Ourense. O proxecto de Vaca Films narra a historia" daquel lugar, fundado polo sacerdote Jesús Silva no ano 1956, en pleno franquismo. Cinco episodios de 50 minutos que poderán verse, anticipadamente, este sábado no festival compostelán Cineuropa.
    Elías León Siminiani director: ‘vaise emitir no mundo enteiro’
    15 min
  • Pálido punto azul
    “Tento tratar a electrónica como un instrumento principal” Estréase Pálido punto azul, a ópera de Javier Otero parte da fotografía da terra captada pola sonda Voyager I
    9 min
  • Na orixe das especies
    Mónica Maneiro conversa co artista Suso Fandiño, que imparte no CGAC o curso 'Na orixe das especies. Outras xenealoxías da arte contemporánea', que comeza o 14 de novembro.
    11 min
  • Ollo á orella
    Ollo á orella. Oito obras sonoras e unha partitura colectiva.
    Podemos ver e escoitar esta proposta expositiva en Vigo, na Fundación Laxeiro.
    É froito dun convenio de colaboración coa Facultad de Belas Artes e, asemade, unha peza que fai parte do programa Vertixe 12. Ana Romaní conversa con Ignacio Barcia, comisario da mostra: “todos son artistas nos que o son é unha compoñente determinante do seu traballo”
    14 min

About Todos os podcast | A penaltis

From the publisher's feed

O fútbol de Galicia con faladoiro, entrevistas, actualidade, goles a fartar e moita, moita carallada! De luns a xoves a partir das 22.00 horas na Radio Galega, Twitch e YouTube