Todos os podcast | Convivir

Todos os podcast | Convivir

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir episodes

  • Convivir 26-10-2023
    Hoxe é o Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido e a federación en Galicia quere deixar moi claro cales son as demandas neste día e cales son as pegadas derivadas dun ictus ou dun accidente de tráfico. Repararemos na figura que representan as arquitectas mulleres. O doutor Luis Prieto céntrase hoxe nas enfermidades na pel e o estigma que representan á hora de socializar.
    1 hr
  • Convivir 25-10-2023
    Imos pasar pola provincia de Ourense onde unha asociación de recente creación está a darse conta de que no conxunto da provincia concéntranse unhas catrocentas persoas que pasan dos cen anos. Estamos tamén na Coruña na presentación do Festigual e no Museo MUNCYT. Repararemos na terapia do reencontro, da que non sabemos nada e que nos explicará Tareixa Ledo.
    1 hr
  • Convivir 24-10-2023
    Neste Convivir imos ser testemuña de como a violencia contras as mulleres durante a sua infancia e adolescencia aumentou dunha forma importante nestes últimos anos segundo un informe de ANAR. Imos á Coruña, onde vai ter lugar a posta en marcha dunha residencia para maiores do colectivo LGTBI. No barrio de Teis existe unha asociación, Xaruma, que se quere dirixir cun proxecto de formacion ás persoas con trastornos mentais e que sexan menores de 35 anos. Con Laura Castro afondamos no último da Intelixencia Artificial.
    1 hr
  • Convivir 23-10-2023
    Queremos achegarnos a unha figura do rural galego coa que convivimos moitas décadas mentres non foi doado acceder ós hospitais. Trátase das parteiras. Tempo tamén para a economía con Isabel Neira e, máis concretamente, para o emprendemento en feminino. Coñecemos ademais o labor dunha ONG que axuda ás persoas en risco de exlcusión social en Galicia.
    1 hr
  • Convivir 20-10-2023
    No difícil contexto do conflito na franxa de Gaza, estase a celebrar estes días a Semana do Cine Euroárabe AMAL en Santiago de Compostela. Coñeceremos que uns setenta mil nenos e nenas en Galicia viven en risco de pobreza. O doutor Prieto pasa consulta como cada venres. En marcha está a campaña 'Vive sin miedo' á que se suman as diferentes asociacións galegas de párkinson.
    56 min
  • Convivir 19-10-2023
    Temos unha visita moi especial. Falamos da historia dunha galega emigrada á Arxentina, unha muller con discapcidad auditiva que encontrou na escritura a súa profesión valéndose do seu periplo Galicia-Arxentina. Damos conta da carreira multitudinaria 'La vuelta al cole' por parte dos máis novos que terá lugar en moitos puntos de España e que aporta un euro por cada corredor na loita contra a leucemia infantil. Coñecemos as necesidades que se lle presentan a unha muller paciente de cancro de mama.
    56 min
  • Convivir 18-10-2023
    Imos ir ata o Baixo Miño, onde se celebra un foro por parte de Eu Rural no que se porá en valor a figura da muller rural galega e emprendedora. Damos conta dun robot que está en probas pero que a idea é que preste axuda a persoas con discapacidades físicas ou mentais e que se movan con facilidade por grandes superficies. Estamos en contacto con dúas profesións: un ortodoncista e un farmacéutico que están a revolucionar os seus campos.
    56 min
  • Convivir 17-10-2023
    Hoxe no Día Mundial da Dor imos ver o que realmente é convivir todos os días do ano con dor. Neste tempo de Convivir tamén imos coñecer cal é o estado da pobreza neste ano 2023 coa Plataforma de Organizacións de Infancia en Galicia. Imos pasear polos corredores do IES Lagoa de Antela porque alumnos de primeiro da ESO crearon dez exemplares da fauna mariña con cartón a escala real. Con Laura Castro pasa polos nosos micros para falarnos dalgúns aspectos curiosos no mundo da IA.
    56 min
  • Convivir 16-10-2023
    Achegámonos á ONG Entreculturas e o traballo que desenovolven dende Galicia para os países do denominado sur global. Coñeceremos unha iniciativa moi bonita que busca facer "xogar" algo obrigatorio. Estanse a conmemorar os 25 anos que levan traballando voluntarios sanitarios na India rural a través da Fundación Vicente Ferrer e así nolo fan saber estes días a través dunha exposición que percorre Galicia. Achegámonos á economía a través de Isabel Neira.
    56 min
  • Convivir 13-10-2023
    Hoxe pasamos polos cárceres galegos para saber como pasan parte do seu tempo os reclusos no que se traballa na forma en que no volvan delinquir. Daremos a coñecer as demandas que ten unha plataforma que vela polos dereitos da infancia con respecto á situación dos nenos, nenas e adolescentes que están tutelados pola Xunta de Galicia. Na consulta co doutor Prieto falamos da etapa do posparto en mulleres, coas súas consecuencias positivas e negativas que non todo o mundo coñece.
    56 min

About Todos os podcast | Convivir

From the publisher's feed

Sociedade, inclusión e igualdade.