Todos os podcast | Convivir

Todos os podcast | Convivir

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir episodes

  • Convivir 12-12-2023
    A deportista Elisa Lodeiro é unha deportista que nos conta como é a súa vida dende que lle diagnosticaron artrite reumatoide. Coa doutora e coordinadora da Unidade de Nutrición Pediátrica do CHUS, Rosaura Leis, charlamos sobre comer san e as dietas milagre.
    1 hr
  • Convivir 30-11-2023
    Coñecemos a historia de superación de María, unha muller que caeu no alcoholismo e que nos conta a súa experiencia de loita ata conseguir deixar atrás esta adicción. Tamén descubrimos nudibranquios e novas especies en Galicia.
    1 hr
  • Convivir 29-11-2023
    Artemio Formoso é un cazador con discapacidade que compite cun só brazo. Coñecemos a sua historia. Co avogado especialista en Dereito do consumo José Esperante charlamos sobre os dereitos e obrigas que teñen os usuarios nos aeroportos ante posibles problemas.
    1 hr
  • Convivir 28-11-2023
    Tempo para a música con varios convidados: Nando Casal, de Milladoiro; o director de orquestra Fernando Vázquez Arias; Dani Dopazo e Ruth Núñez, de La Ocaband; e Tonhito de Poi, de Heredeiros da Crus.
    1 hr
  • Convivir 27-11-2023
    O proxecto De Maior Crea fomenta un envellecemento activo e creativo para persoas maiores de 55 anos. Trátase de formacións no mundo audiovisual impulsadas polo Concello da Coruña e sobre as que o CSIC realizou un seguimento. Tamara Canosa é a directora desta obra de teatro que nace para desestigmatizar todo ese conxunto de nenos, nenas ou adolescentes que están baixo o sistema de protección en Galicia.
    1 hr
  • Convivir 27-11-2023
    Achegámonos a unha iniciativa coruñesa que promove o envellecemento creativo achegando o mundo audiovisual a persoas maiores de 55 anos. Dende 2018 pasaron xa unhas 500 persoas polo proxecto. Estaremos coa Asociación de Familias Monomarentais de Galicia a propósito de que estes días Os Bolechas andan a presentar o seu novo libro. Centrarémonos nunha obra de teatro moi especial: "Soños" conta dende a ficción a realidade que padece a mocidade tutelada axudando a desestigmatizar os prexuízos cos que cargan.
    1 hr
  • Convivir 23-11-2023
    Achégamonos ó 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller dun xeito diferente, co Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela para comprobar como traballan ó longo do ano. Tamén imos estar pendentes do denominado Black Friday para coñecer como nos venden esas ofertas o promocións propias destes días para que merquemos máis. Como cada xoves o doutor e sexólgo clinico Prieto pasa consulta.
    59 min
  • Convivir 22-11-2023
    Yolanda Rodríguez, María Lameiras e Rosana Martínez son as autoras de 'A miña menstruación. Rompendo tabús'. Trátase dun estudo realizado no Campus universitario de Ourense que, a modo de guía, pretende romper cos tabús que aínda existen na sociedade vencellados á regra. Falamos con Yolanda sobre as súas claves. Manuel Isorna Folgar é profesor na Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo. Con el falamos sobre un congreso sobre o consumo de cannabis. Seguimos na Semana coa Infancia de Unicef a CRTVG e presentamos unha gala de Nadal solidaria da Fundación Andrea.
    1 hr
  • Convivir 21-11-2023
    Ímonos achegar a un proxecto moi bonito co que tres mulleres sénior da UVigo pretenden realizar un espazo de encontro interxeracional para intentar recuperar as tradicións en Galicia. Coñeceremos tamén o labor que está facendo Unicef nos colexios para que o alumnado reciba educación en dereitos da infancia. Un deses colexios é o recoñecido Colexio Cid da Coruña. As áreas sanitarias de Ourense veñen de renovar o convenio de colaboración coa AECC en termos de voluntariado para os pacientes oncolóxicos. Laura Castro trae como cada martes o último da intelixencia artificial.
    1 hr
  • Convivir 20-11-2023
    Imos coñecer a historia dun neno de Sarria de tres anos no que se inspira o libro infantil 'Pedro, o piloto de gaivotas', escrito por Manuel Darriba, o seu pai. Estamos na semana na que se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra Muller e no concello de Valga están preparando toda unha programación para fomentar o rexeitamento de este tipo de violencia. Como cada mes estamos en contacto con Al-Anon, que nos dará unha visión de como afecta o alcoholismo na contorna. Hoxe a nosa profesora Isabel Neira vainos dar unha clase de economía de xeito divulgativo e mesmo someténdonos a unha especie de exame sobre inflación, investimento...
    1 hr

About Todos os podcast | Convivir

From the publisher's feed

Sociedade, inclusión e igualdade.