Todos os podcast | Convivir

Todos os podcast | Convivir

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir episodes

  • Convivir 16-11-2023
    Ímonos centrar no Día Mundial do Neno Prematuro e coñeceremos quen leva consigo esta situación para os pais e para ese neno ou nena prematuro. Tamén imos coñecer como se fai danza inclusiva na que unha cadeira de rodas é unha das protagonistas sobre o escenario. Iso pasa na compañía Experimentadanza, concretamente na súa obra 'Tuétano'. Temos cita co noso médico de cabeceira e sexólogo Luis Prieto, que hoxe nos quere advertir dos adiantos, pero dos perigos, que poden derivar do uso das aplicacións para ligar, sobre todo das toxicidades.
    1 hr
  • Convivir 14-11-2023
    No Día Mundial da Diabetes, trataremos de saber o que é convivir no día a día coa enfermidade. Farémolo a través da Asociación Diabética Auria, en Ourense. Daremos conta dun encontro que vai ter lugar na Cidade da Cultura de Santiago sobre a inclusión social e laboral das persoas máis vulnerables. Tamén nos adianteremos a un primeiro congreso internacional que vai ter lugar en Ourense e que trata dese período de transición da adolescencia á idade adulta cando falamos da xuventude baixo un sistema de protección. Como cada martes toca falar de intelixencia artificial con Laura Castro.
    59 min
  • Convivir 13-11-2023
    Comezamos o programa cunha dose de realidade: a morte e o pasamento. É algo co que temos que convivir, e con este motivo 130 psicólogos déronse cita esta fin de semana en Nigran para actualizar os seus coñecementos e intercambiar as súas experiencias. Son as XXVIII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde que promove o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Por outra banda, unha nova iniciativa chamada 'Sonrisas y Renos' trala que se atopan dúas amigas que buscan que ningún neno vigués quede sen o seu xoguete este Nadal. Tamén falaremos coa viguesa Beatriz Gándara, que se proclamou campioa de España en paraescalada. Como cada luns falamos de economía coa nosa colaboradora Isabel Neira.
    59 min
  • Convivir 09-11-2023
    Dalgunha forma hoxe imos viaxar lonxe. Convivir en Irán. Iso imos coñecer grazas a unha activista iraniana que está estes días por Galicia da man de Amnistía Internacional: Nilufar Saberi. Tamén nos achegaremos ó complexo mundo das doazóns de órganos a través dun documental que se vai estrear este sábado en Noia procedente de Euskadi e que dirixe Susana Miravalles: 'La vida en pausa'. Pasaremos por Compostela porque nun colexio de infantil e primaria uns setenta pais e nais están a pedir que se deixe de traballar coas pantallas nas aulas en beneficio dos libros de texto. O noso doutor e sexólogo Luis Prieto pasa consulta como cada venres.
    1 hr
  • Convivir 08-11-2023
    Imos poñernos en contacto coa Asociación Dereito a Morrer Dignamente en Galicia despois de que o Parlamento Galego botara abaixo a súa proposta de declarar o 12 de xaneiro como Día da Morte Digna en Galicia, data que coincide co pasamento de Ramón Sampedro. Tamén nos imos achegar ata o centro ASPANAES das Pontes onde teñen implantado un programa moi interesante para facilitar a vida independente e autónoma das persoas con autismo. Imos coñecer o movemento que se denomina 'Circulos de Silencio'e para iso imos viaxar ata Vigo.
    1 hr
  • Convivir 07-11-2023
    Imos introducirnos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense porque estes días (e durante seis meses) contan coa presencia de dous médicos chegados de Mozambique e que pretenden pasar parte da súa residencia especializandose aquí. Tamén imos dar conta de que é e como funciona unha unidade de memoria ubicada na Coruña dende 2014: Lémbrate. Coñeceremos a obra de teatro 'Golfa' dirixida a escolares en Galicia e que aborda o tema do acoso nas redes e as relacións tóxicas. Como cada martes, intelixencia artificial con Laura Castro.
    1 hr
  • Convivir 06-11-2023
    Imos dar conta dunha campaña de Cruz Vermella coa que recoller xoguetes e que nenos e nenas teñan unha infancia máis doce. Tamén imos dar conta da boa convivencia nos centro educativos. Comezaremos falando da importancia da educación emocional para a xestión do benestar do alumnado. Tamén daremos conta dunha empresa en Ourense que axuda a establecer protocolos contra o acoso escolar. Isabel Neira trae a unha convidada que dará conta dun proxecto galego que ten o mercado da ropa de segunda man como motivación.
    1 hr
  • Convivir 02-11-2023
    Na vila coruñesa de Brión da comezo o seu festival Brion Inclué. Xa van pola sexta edición e dende a organización están convencidos de que a programación está cada ano máis asentada. Daremos conta da farmacia que acaba de ser premiada como Farmacia Galega Destacada. Día de consulta co doutor Prieto, que hoxe fala dun trastorno de índole sexual moi pouco coñecido pero que unhas mil persoas no mundo padecen.
    1 hr
  • Convivir 31-10-2023
    Comprobaremos como nunha pequena localidade de menos de cinco mil habitantes conviven con outros tantos pereregrinos no día a día. Agora chega novembro e os camiñantes descenden. Facemos balance da tempada alta con algún que outro negocio. Polo Samaín a nosa colaboradora Laura Castro achegarase ó mundo das redes sociais cando falecemos. Falaremos cunha modista boliviana e cunha cooperativista galega a ver o que teñen en común.
    1 hr
  • Convivir 30-10-2023
    Achegámonos a un programa de rehabilitación e reinserción de persoas con problemas coa adicción ás drogas. Falamos de Proxecto Home, que traballa en contra das drogrodependencias. Un estudo galego déixanos unha conclusión moi significativa: medindo unha das hormonas que temos pódese saber se ese paciente padece unha enfermidade psiquiátrica sexa depresión ou esquizofrenia. Conversamos con Isabel Neira, que nos achega á economía e ó emprendemento no noso territorio.
    1 hr

About Todos os podcast | Convivir

From the publisher's feed

Sociedade, inclusión e igualdade.